lunes, 29 de abril de 2013

Polina (Bastien Vìvès)




A obra amósanos a vida dunha rapaza, Polina Oulinov, desde o seu ingreso nunha prestixiosa academia de danza, a súas relacións cos seus compañeiros e profesores, facendo fincapé na relación co esixente profesor Nikita Bojinski, e a súa progresión e triunfo que a levará a abandonar o país e, co tempo, a atoparse de novo co seu mestre e mentor.

Pouco sabemos da vida de Polina cando é admitida na academia; a súa nai ten nela un proxecto, non aparece a figura paterna que, co tempo, acaba sendo sustituida polo profesor Bojinski, ríxido e disciplinado -que non frío ou sen sentimentos- detrás dos seus lentes (o momento en que os retira é unha escena de especial fermosura) que acaba implicándose na evolución persoal e artística da súa discípula, apaixonada -bordeando unha implicación persoal que o autor amosa con enorme sutilidade-,proxectando a imaxe e a personalidade de Polina ata convertirse nese pai ao que hai que deixar a un lado -despois de varios anos na academia Bojinski, Polina a abandona buscando novas alternativas máis contemporáneas- para adentrarse por un camiño persoal no que sexan as propias decisións e os erros os que atopen o camiño axeitado. 



Non esperedes unha historia sobre a férrea disciplina das escolas de ballet clásico na Unión soviética, nin unha historia política ou social, tampouco unha reportaxe sobre o ballet e o sacrificio que conleva, senon que estamos ante unha historia de aprendizaxe e crecemento, unha historia de sentimentos, amizade, lealdade, respeto, a relación entre maestro e discípulo, as segundas oportunidades, a chegada á madurez que nos permite otra unha ollada cara atrás e analizar o noso camiño.




Entendo que aqueles que busquen un debuxo realista ou de corte animado, incluso os que non podan prescindir da cor, non se sintan atraídos polos trazos pouco definidos de Vivès, sen embargo, según avance a lectura, decatarédesvos de que son perfectamente axeitados para o que o seu autor pretende transmitir e soprenderédesvos admirando cada viñeta como se cada detalle, por mínimo que sexa, estivese exactamente representado. A vosa atención estará onde a historia o require, convetrtíndose nalgo máis que nun simple e, aparentemento doado, recurso gráfico.





Polina é unha obra contida, sutil, sobria na súa execución, sensible, pero á vez emocionante, na que queda reflectida de xeito extraordinario a importancia que posúe a comunicación non verbal e a grandeza deste xénero da banda deseñada que proporciona a posibilidade de que sexan as ilustracións as comuniquen todos eses silencios, olladas, posturas, xiros, deixando que sexa o corpo o que fale nunha historia pausada -que non tediosa- que avanza paseniña e melódicamente cara a madurez.



O Autor: Bastien Vivès (11-II-1984) es uno de los grandes autores que han surgido en los últimos años en Francia. Con só 25 anos, a súa obra O gusto do cloro foi premiada no festival de Angulema (o máis importante que se celebra en europa relacionado coa BD) e cada unha das súas novas obras supón todo un acontecimento que aúna tanto a lectores rendidos á súa xenialidade como a outros que non acaban de comprender a que ven tanto rebumbio. En España, ademais, de El gusto del cloro, temos En mis ojos ou Por el imperio (no que colabora con outros autores)


Por se alguén ten algunha curiosidade, existe unha bailarina rusa chamada Polina Semionova, nacida curiosamente no mesmo ano que Bastien Vívès. ¿Puido inspirarse nela, quizais, o autor ou se trata dunha simple coincidencia?




No hay comentarios:

Publicar un comentario