martes, 29 de diciembre de 2020

PELÍCULA QUIERO COMERME TU PÁNCREAS

 O luns 21 de decembro, o alumnado do Club de Lectura de 1º e 3º de ESO asistiron a unha sesión de cine do anime xaponés: Quiero comerme tu páncreas, lectura no Club de Lectura de Manga.



CONCURSO MICRORRELATOS

Dous alumnos do Club de Lectura resultaron gañadores do Concurso de Microrrelatos contra a Violencia de Xénero organizado pola Biblioteca.

Antón de 1º ESO A do Club de Lectura de Teatro.

Lara de 2º BAC do Club de Lectura Feminista.




jueves, 26 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No Día Internacional Contra a Violencia de Xénero unha alumna do Club de Lectura Feminista posa co libro que estamos lendo:

El espejo roto de Emilia Pardo Bazán. 

O libro recolle relatos sobre a violencia de xénero.



domingo, 1 de noviembre de 2020

PARABÉNS PAZ E UXUE

 No Club de Lectura estamos moi contentos porque dúas das nosas alumnas resultaron gañadoras do Concurso de Relatos de Medo organizado pola Biblioteca.

Paz de 1º ESO B do Club de Lectura de Manga.

Uxue de 2º ESO B do Club de Lectura de Novela 2A.

Parabéns para as nosas lectoras!

viernes, 30 de octubre de 2020

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Clásicos de Nadal para representar con nenos. Mara Barral.
Versións teatrais de textos de Andersen, Dickens e Wilde para representar co alumnado do Club de Lectura.

Novela grupo 2A: Avións de papel. Xabier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Novela grupo 2B: Cuando Hitler robó el conejo rosa. Judith Kerr.
A chegada de Hitler ao poder vai cambiar a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandoar o seu país e deixar moitas cousas queridas como o seu coello de veludo. Con el tamén quedou a súa infancia.

Novela grupo 1: A lenda do rei lobo. Xavier Estévez.

Berto é un rapaz normal. Gústalle ler, xogar, andar en bici e ruar pola cidade correndo detrás do seu can Teo. Cando a súa clase vai visitar unha exposición de dinosauros ao Museo de Historia empeza para el unha gran aventura. O roubo dun óso de dinosauro levará a Berto a enfrontarse a grandes perigos, a coñecer novos amigos e a mesturarse nunha historia que comezou na Idade Media. 

Literatura feminista: El encaje roto. Emilia Pardo Bazán.

Aínda que a súa faceta máis coñecida é a de novelista, Emilia Pardo Bazán foi, entre outras cousas, una fecunda autora de contos, dos que publicou arredor de seiscentos cincuenta. Un dos temas con maior presencia na súa obra contista é o da violencia exercida polos homes contra as mujeres, asunto este que tamén aparece nalgunhas das súas novelas e en varios dos seus artigos. Esta antoloxía, editada e prologada por Cristina Patiño Eirín, profesora da Universidad de Santiago de Compostela, reúne trinta e cinco dos contos de Pardo Bazán que xiran en torno a este tema. 

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler das novidades que adquiriu a biblioteca.
Literatura 2º PMAR. La Odisea. Homero.
La Odisea é o relato das aventuras de Odiseo durante a súa viaxe de regreso a Ítaca, despois de conquistar Troya. Odiseo é o modelo de heroe errante que se enfrenta á adversidade e, con forza, astucia e algunha axuda dos deuses, supera as duras probas e situacións que lle separan dos seus seres queridos, a súa fiel esposa Penélope e o seu fillo Telémaco e tamén da súa patria.

Literatura 3º PMAR. Scott y Amundsen. La conquista del Polo Sur.
El británico Robert Scott e o noruego Roald Amundsen tiñan moi poucas cousas en común pero compartían un soño: ambos ambicionaban ser o primeiro home en pisar o polo sur. Con ese propósito, a finais de 1911 os dous aventureiros emprenderon unha temeraria carreira sobre rexións inexploradas da Antartida. Durante catro meses percorreron a pé preto de 3000 kilómetros, ascenderon montañas por perigosos glaciares e tiveron que soportar temperaturas de -50ºC. 

Literatura FPB1. Retrincos. Castelao.
Castelao escribiu Retrincos co coidado e agarimo dun mestre artesán. Contos nados de vivencias que deixaron pegada no autor, o seu carácter autobiográfico fainos máis próximos e verdadeiros. Anacos de vida feitos literatura, contados coa sensibilidade requintada da tradición popular.

Literatura FPB2Relatos. Varios autores.






martes, 27 de octubre de 2020

DATAS DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

 Publico as datas das reunións de novembro e decembro.

Os días que quedan libres, serán ocupados se hai que cambiar algunha das reunións debido a algún imprevisto.






domingo, 4 de octubre de 2020

CLUB DE LECTURA CÓMIC MANGA

O alumnado do Club de Lectura de Cómic Manga recibe os libros que vai ler neste trimestre. A idea é que cada un reciba un cómic diferente e logo os intercambien, de xeito que todos lean todos os volumes e despois decidan cales son os seus favoritos.


COMEZA O CLUB DE LECTURA 2020-21

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club comunicáronse coa coordinadora a través do correo electrónico para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cos grupos de PMAR e FPB despois do éxito dos cursos anteriores.

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, DÍA DO LIBRO

O alumnado do Club de Lectura colaborou nas celebracións organizadas pola Biblioteca como o Día das Letras Galegas e o Día do Libro.

Quero agradecer ao alumnado do Club de Lectura a súa colaboración:
1º ESO A: Cristofer.
1º ESO B: Alessandra, Iris, Carla.
2º ESO A: Lucas, Xana, Brais
2º ESO B: Ahinoa Soto, Desiré, Lucía Alves.
1º FPB: Andrea.
1º BACH: Lara, Lucía Vidal.

jueves, 23 de abril de 2020

"EL FABULOSO MUNDO DE LAS LETRAS"

O alumnado do Club de Novela 2 leu o libro "El fabuloso mundo de las letras".
Algunhas alumnas enviaron comentarios sobre esta obra:

"Me gusta este libro, es muy real. Todos los niños deberían tener a alguien que los animara a leer, seguro que les encantarían todas las historias que puedes encontrar en los libros"
Alessandra. 1º ESO B.

"El fabuloso mundo de las letras es un libro que te engancha de principio a fin porque el protagonista vive muchas aventuras, no es un libro muy grande así que se puede leer fácilmente. Yo lo recomiendo".
Desiré. 2º ESO B.

Ahinoa Soto de 2º ESO B comparte con nós o resumo do libro para que teñamos gañas de lelo.

Virgilio odia leer. Un día todo cambia cuando en su colegio le anuncian que va a ir un autor a visitarlos y se ve obligado a leer un libro. Extrañamente le gusta tanto el libro como la charla con el autor y se pregunta si estaba equivocado respecto a los libros. Al terminar, este le recomienda que lea El Libro, que encontrará en la biblioteca más cercana. A Virgilio le suena raro, pero ante su sorpresa la bibliotecaria le indicó dónde está el libro situado en una habitación individual sin nada alrededor. Virgilio se mete literalmente en el libro titulado "El extraordinario mundo de las letras" y de la mano del alcalde de aquel extraño mundo, Virgilio conoce la magia de los libros y emprende un viaje a este singular lugar, descubriendo cosas maravillosas que hacen que por fin vea la belleza de la literatura.

sábado, 21 de marzo de 2020

CLUB DE NOVELA

O alumnado do Club de Lectura do segundo grupo de novela posa nunha divertida foto antes de que se suspendesen as clases. No Club de Lectura todos o pasan moi ben.

martes, 17 de marzo de 2020

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: O rei nu. Quico Cadaval e Cándido Pazó.

É unha obra de teatro baseada no conto "O traxe novo do emperador" de Hans Christian Andersen.
Nun país de conto vive un rei, que goberna xunto con varios ministros. É un rei vaidoso, que gusta de ir elegante e ben vestido, e un día convoca aos mellores modistos para que lle deseñen un novo traxe. Amósanlle moitísimos vestidos, pero un anano estafador e un rapaz apáñanse para enganalo e estafalo. Dinlle que lle van facer un traxe máxico, feito con ouro, que reflicte os raios do Sol, pero que só pode ser visto por quen estea capacitado para o seu cargo.
Porén, na realidade é que os trampulleiros van quedar co ouro, facendo que o rei desfile espido. Logo de vestilo marchan co saco do metal, pero finalmente, o anano cae desmaiado e Jack marcha co saco de ouro.

Os ministros e o rei non din que non ven o traxe para non quedar de parvos. O varredor do reino comeza a berrar "O rei vai nu!!!", pero os veciños fano calar, e rematan todos en roupa interior.

Novela, grupo 2: El fabuloso mundo de las letras. Jordi Sierra i Fabra.
Unha novela realista sobre como un neno descobre o gusto pola lectura e la literatura.
A Virgilio non lle gusta ler, e menos en público. Pero un día, non ten máis remedio que facelo, xa que vai un coñecido autor a súa escola. Quizais esta lectura e este encontro sexan o principio da súa nova vida.

Novela, grupo 1: El Conde de Montecristo. Alejandro Dumas.
A obra narra a historia de Edmundo Dantés, un mariñeiro que, víctima da traición e a inxusticia, convértese no conde de Montecristo, un misterioso personaxe cun único obxectivo: vengarse dos homes que lle arruinaron a vida.

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler dos que temos na nosa biblioteca.

Literatura feminista: Invisibles. Montse Fajardo Pérez
A obra pon o foco nas mulleres que sofren o maltrato, nas consecuencias que ten na súa descendencia e, sobre todo, nos maltratadores que están agochados entre nós.

Literatura 2º, 3º PMAR. Cores prohibidas. María Peralta Vidaurreta.
Saíra do meu país porque a miña filla era dunha cor prohibida en Senegal, e chegara a un lugar no que tanto a súa pel como a miña eran diferentes ás demaisl Só me quedaba confiara en que neste país non houbese cores prohibidas.

Trampa de lume. Núria Martí Constans
Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica textil Triangle en Nova York en 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente a a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres traballadoras.

Literatura FPB1,2. Relatos de varios autores.

martes, 25 de febrero de 2020

CELEBRANDO O ENTROIDO NO CLUB DE LECTURA

O venres 21 de febreiro o alumnado do Club de Lectura celebrou o entroido cunha xuntanza para comer filloas, orellas e dous biscoitos riquísimos.
 
 

domingo, 16 de febrero de 2020

ANIME NO CLUB DE LECTURA DE MANGA

O Club de lectura de Manga reúnese para ver un episodio da serie de Anime Yuru Camp.
Isaac, encargado de escoller a serie preséntaa aos seus compañeiros.
Na seguinte foto podemos ver un fotograma da serie.
O alumnado está moi atento ao visionado do anime.