lunes, 23 de enero de 2017

XUNTANZA DO GRUPO DE POESÍA

O alumnado de poesía de 3º de ESO reuníuse para comentar os seus poemas favoritos.





Anceio de Manuel María
Quixera poder escribir un poema sinxelo,
emocionado, puro e branco.

Un poema perfecto, ausente de ritmo,
case sen palabras.

Un poema leve e fino que conteña todas
as dimensiós imprecisas do meu ser.

¡Se puidera escribir un gran poema
-espírito, carne, lume- que pechara
as miñas tristezas, as propias bágoas!

Sei que nunca endexamais lograrei
un poema puro, puro, total e misterioso.

¡Se fora capaz de despir o meu espírito
nun máxico poema
feito só de amor, de luz e de nostalxia!

Advento (1954)


Limón de Miguel Hernández


    Oh limón amarillo,

patria de mi calentura.
Si te suelto
en el aire,
oh limón
amarillo,
me darás
un relámpago
en resumen.

Si te subo
a la punta
de mi índice,
oh limón
amarillo,
me darás
un chinito
coletudo,
y hasta toda
la China,
aunque desde
los ángeles
contemplada.

Si te hundo
mis dientes,
oh agrio
mi amigo,
me darás
un minuto
de mar.


jueves, 19 de enero de 2017

XUNTANZA CO ALUMNADO DO CLUB

Antes de finalizar o trimestre os membros do club reunímonos ó redor dos libros cunha pequena merenda.







miércoles, 4 de enero de 2017

CHOCOLATADA NAVIDEÑA

Este ano celebramos o Nadal cunha chocolatada. Os alumnos do club estiveron encantados porque ademais do chocolate tamén botaron algunhas partidas de varios xogos de mesa.