viernes, 17 de noviembre de 2017

SAÍDA A VIGO

O mércores 15 de novembro visitamos o Museo do Mar de Vigo coa intención de contemplar o Pergamiño Vindel, un documento que contén as sete cantigas de Martin Codax e que está en moi bo estado de conservación. 
Foi moi emocionante para os rapaces e para as profesoras poder ver esta mostra da nosa lírica medieval. 



No seguinte enlace podedes ver máis fotos. Biblioteca Pazo de Mercé

PREPARACIÓN DA SAÍDA A VIGO

Os alumnos do Club de Lectura visitan Vigo para ver o Pergamiño Vindel. Antes da saída, Isabel, a profesora de galego, explícanos todo o relativo a este documento tan especial. También visionamos dous videos moi interesante sobre o tema.








REUNIÓN DO GRUPO DE POESÍA

Os integrantes do grupo de poesía reúnense para comentar os seus poemas favoritos.


Gisela, unha alumna de 4º ESO B, comenta dous poemas da obra "Masculino singular" de Carlos Negro.

Toy Story / Toy Story 2
Nestes dous poemas observase o sexismo que hai na sociedad simplemente dende a perspectiva dos xoguetes infantís.
Un boneco home conductor dun tractor, con pantalóns e bigote.
Unha boneca muller con saia rosa, lazos e flores.
Non cho di, pero a xente xa diría, o granxeiro para un neno e a boneca para unha nena.


miércoles, 15 de noviembre de 2017

AVISOS DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

As seguintes xuntanzas serán nas datas que se detallan a continuación:

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 23 DE NOVEMBRO
AULA DE PLÁSTICA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
VENRES 24 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA



REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 23 DE NOVEMBRO
AULA PT




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   
TEATRO
MARTES 21 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA

sábado, 4 de noviembre de 2017

OS INTEGRANTES DO CLUB REÚNENSE PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Os integrantes do Club de Lectura reúnense na biblioteca para celebrar o Samaín. Os alumnos degustaron unhas lambetadas terroríficas. As seguintes fotos demostran que as chuches tiveron moito éxito. Tamén o noso esqueleto desfrutou da festa.