domingo, 21 de octubre de 2018

CLUB DE LECTURA DE IGUALDADE DE XÉNERO

O martes 16 de outubro comezamos as sesións no grupo de Literatura de Igualdade de Xénero. Estamos lendo o libro "Morder la manzana" de Leticia Dolera, unha actiz e directora de cine comprometida coa defensa dos dereitos da muller.
Na primeira sesión comentamos o primeiro capítulo titulado "Una noche con amigas", onde relata a situación de temor que sentimos as mulleres cando saímos soas de noite pola rúa. O curioso é que as dúas rapazas do club, a pesar de que aínda son adolescentes, xa experimentaron ese temor nalgunha ocasión. Os rapaces que están connosco no club non pasaron por esa situación. 

lunes, 15 de octubre de 2018

AVISO DAS PRIMEIRAS REUNIÓNS

O alumnado do Club de Lectura reúnese por primeira vez neste curso. Os horarios das reunións son os seguintes:

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
MÉRCORES 17 DE OUTUBRO
AULA DE PLÁSTICA

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE CÓMIC
MARTES 16 DE OUTUBRO
BIBLIOTECA

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NOVELA DE CIENCIA FICCIÓN 1   
MÉRCORES 17 DE OUTUBRO
AULA DE PT

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA NOVELA DE CIENCIA FICCIÓN 2
VENRES 19 DE OUTUBRO
AULA DE CICLOS

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE TEATRO 1
LUNS 22 DE OUTUBRO
AULA 2º ESO A

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE TEATRO 2
MARTES 16 DE OUTUBRO
AULA 2º ESO A

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE LITERATURA FEMINISTA
MARTES 16 DE OUTUBRO
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ


A partir destas datas as reunións celebraranse cada 15 días.