domingo, 30 de septiembre de 2018

O CLUB DE LECTURA COMENZA A SÚA ANDAINA

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club reuníuse para escoller o seu xénero favorito. Este ano tivo moito éxito a novela de ciencia-ficción no alumnado novo de 1º de ESO. Houbo tamén, como en cursos anteriores, un grupo importante de lectores interesados no teatro e o cómic. Como novidade temos un grupo de novela de aventuras.