domingo, 26 de mayo de 2013

Menú de poesía: Jacques Prévert

Un novo menú de poesía  presentamos hoxe da man de Jacques Prévert. Bon appetit!








Dejeuner du matin
Jacques Prévert (1900 - 1977)

Il a mis le cafe 
Dans la tasse 
Il a mis le lait 
Dans la tasse de cafe 
Il a mis le sucre 
Dans le cafe au lait 
Avec la petite cuiller 
Il a tourne 
Il a bu le cafe au lait 
Et il a repose la tasse 
Sans me parler 
Il a allume 
Une cigarette 
Il a fait des ronds 
Avec la fumee 
Il a mis les cendres 
Dans le cendrier 
Sans me parler 
Sans me regarder 
Il s'est leve 
Il a mis 
Son chapeau sur sa tete 
Il a mis 
Son manteau de pluie 
Parce qu'il pleuvait 
Et il est parti 
Sous la pluie 
Sans une parole 
Et moi j'ai pris 
Ma tete dans ma main 
Et j'ai pleure. 


Desayuno

Echó café
en la taza.
Echó leche
en la taza de café.
Echó azúcar
en el café con leche.
Con la cucharilla
lo revolvió.
Bebió el café con leche.
Dejó la taza
sin hablarme.
Encendió un cigarrillo.
Hizo anillos
de humo.
Volcó la ceniza
en el cenicero
sin hablarme.
Sin mirarme
se puso de pie.
Se puso el sombrero.
Se puso el impermeable
porque llovía.
se marchó
bajo la lluvia.
Sin decir palabra.
Sin mirarme.
Y me cubrí
la cara con las manos.
Y lloré.


A versión do poema aparece neste video:









              Jacques Prevert

(Neuilly-sur-Seine, 1900 - París, 1977) Poeta, dramaturgo, letrista e guionista francés de carácter rebelde, que frecuentou todos os xéneros como escritor, cineasta e artista en xeral.

Escribiu para teatro obras cortas, e cancións que serían interpretadas por famosos cantantes do momento. Tamén dedicouse ao cine, como guionista e director. A sua obra poética máis famosa titúlase palabras. cun estilo próximo ao linguaxe da rúa, reconstruiu a vida cotiá, invitando ao lector a fiarse do poder da palabra para obter a felicidade, tanto individual como colectiva. A sua obra enriqueciuse con multitude de poemas como Historias (1946), Espectáculo (1951), La lluvia y el buen tiempo (1955) que van evocando por temas o amor, a liberdade, o sono e a imaxinación, sempre dando testemuña do seu compromiso e compasión polos humildes e los desafortunados.


Aos poemas de Prevert púsoxelles música en moitas ocasións. Neste caso  a canción do videio é Les Feuilles Mortes  que foi composta por Kosma e interpretada por mútiples cantantes, neste caso, a versión ofrécena Yves Montand.


jueves, 23 de mayo de 2013

Poesía nas rúas: neorrabioso

Para aqueles que non lles gusta a poesía, para aqueles que pensan que as rimas non lles transmiten nada, para aqueles que non queren saber nada de ler, preséntovos a neorrabioso. Poeta urbano que se expresa nos muros das rúas de Madrid, con frases intelixentes, provocadoras, ironicas que buscan a reflexión sobre o acotío

Se queres saber máis, no enlace do seu blog  non só aparecen as fotos das súas pintadas,  senon tamén outros escritos máis convencionais.



                       

  



























miércoles, 22 de mayo de 2013

El juego de Ender (Orson Scott Card)




No ano 2070 os seres humanos están en guerra contra unha raza extraterrestre: os Insectores (non é moi difícil chegar á conclusión de por qué teñen este nome). Despois de fracasar nas súas primeiras invasións, estabécese unha alianza mundial para enfrentarse a esta ameaza –agárdase por unha nova invasión e a súa conseguinte guerra 60 anos despois da anterior- para o cal se crea a Flota Internacional, cuxos futuros integrantes son adestrados na Escola de Batalla, un internado onde son educados militarmente nas tácticas de guerra.



Ender Wiggin, un simple neno de seis anos, preséntase como a gran esperanza dos humanos para liderar as tropas fronte aos insectores, despois de que os seus dous irmáns fosen descartados, razón para a cal se permitiu o seu nacemento –está prohibido ter máis de dous fillos-; por esa razón será reclutado para incorporarse á Escola onde será adestrado de forma cruel, incluso sádica, e onde deberá aprender a sobrevivir enfrontándose ças difíciles probas de adestramento que o porán en contra de moitos dos seus compañeiros e lle farán sentir a dor da soedade, incomprensión e o medo que calquera nen pode sentir día a día.


El juego de Ender é unha mestura entre unha distopía clásica –a Terra está gobernada pola chamada Hexemonía que, xa podedes imaxinar que dista bastante dun goberno democrátcio-, unha novela de aprendizaxe, unha novela de internados/colexios baseada pola formación militar, e, sobre todo, ciencia ficción pura e dura narrada de xeito enormemente sinxelo e directo, protagonizada por un personaxe co que resulta doado empatizar ao que acompañamos no seu intenso proxecto de crecemento e maduración ata que chega á súa proba definitiva –o seu destino- nun mundo onde todos pretenden utilizalo a el e ao seu nome sen compaixón para os asuntos máis diversos.


Ender representa ao Mesías destinado a comandar as tropas terrestres fronte ao inimigo alieníxena, escollido alí onde os seus irmáns fallaron, e é súbitamente separado dos seus para iniciarse nun mundo de nenos que xogan a ser adultos e se comportan de xeito terrible porque soamente os máis fortes  poden sobrevivir... e Ender sobrevive.

A maior parte da historia ten lugar na Escola de Batalla, pero a acción non decae e a facilidade coa que a historia irá cubrindo tramos da formación de Ender te obrigará a pasar páxina tras páxina, de reto en reto ao que é sometido o protagonista porque de soportar e superar ese terrible periodo de formación dependerá o futuro da raza humana. Pero Orson Scott Card non presenta unicamente unha novela de acción, se así fose non estariamos a falar dun clásico moderno da narrativa de ciencia ficción, senon que a novela plantexa variados temas de carácter filosófico e político, sobre o control das masas, a  liberdade, ou a perda da mesma debido a un perigo externo e incontrolable, a dignidade ante o terror, a forza da intilexencia e a humanidade nun mundo deshumanizado.




Acompañan a Ender distintos persoanxes secundarios de enorme calado que, probablemente quedarán nas vosa memoria, os seus irmáns –Peter, cruel e brutal, que nos sorprende ás veces co descontrol dos seus sentimentos fronte a Valentine, doce e tenra que loita por manter a súa personalidade nunha situación que apenas pode entender-, os compañeiros da Escola, que fan da crueldade unha loita pola supervivencia e dos que sobresaen aqueles que saben ver a terrible situacióná na que se ven obrigados a convivir, mención especial para Dink, e as dúas grandes figuras adultas da obra, o coronel Hyrum Graff e Mazer Rackhan, unha lenda que capitaneou, e derrotou, ás tropas terrestres na última invasión dos insectores.

A novela foi escrita fai trinta anos, polo que, a situación política fai referencia á “Guerra fría”; constantes tensións entre o Pacto de Varsovia e unha Liga que acollería aos países occidentais liderados polos americanos (en referencia á OTAN), e atoparedes extraordinarias coincidencias entre o que o autor anticipou e a evolución científico-técnica real: as consolas coas que estudan e xogan os cadetes, a rede en cuxos foros fan públicas as súas opinións os irmáns de Ender...

Non lle dedes máis voltas. Animádevos e botarlle unha ollada, paga a pena facelo.



Despois de moito tempo falando desta posibilidade , finalmente no vindeiro mes de novembro estrearase a esperadísima versión cionematográfica desta novela, da que vos deixamos o trailer e unhas fotos (e sí, a sombra de Harry Potter é longa... como poderedes comprobar nas imaxes, nembargantes, lembrade que a obra de Orson Scott Card é do ano 1985)







Dirixido a aqueles que busquen un pouco de todo nunha novela; acción, aventuras, formación, intigas políticas, guerra contra alieníxenas, traizóns, filosofía... El juego de Ender é unha novela amena, intensa, que te gustará incluso se non es aficionado/a á ciencia ficción, xa que se ben aparecen naves ou artiluxios futuristas, incluso os extraterrestres -aquí inimigos invasores quedan relativamente en segundo plano- Que máis queres?  Incluso se te da algo de preguiza lanzarte a por ela, nin sequera é unha novela longa.

Se te gustou, e queres continuar coa ciencia ficción, podes probar con Crónicas Marcianas (de Ray Bradbury), Robocalipsis (de Daniel Wilson) ou Bóvedas de acero (de Isaac Asimov)






  

lunes, 20 de mayo de 2013

Frases de Fútbol (Miguel Gutiérrez)





Dicir que o fútbol son 22 mercenarios dándolle patadas a un balón é o mesmo que dicir que un violín é madeira e tripa e Hamlet, papel e tinta.
                                         J.B. Priestley (escritor)


Todos sabemos que, según Bill Shankly, “o fútbol non é cuestión de vida ou morte, senon algo moito máis importante”. Sen embargo, sabemos también por que o mítico adestrador do Liverpool se puxo tan trascendental? En que pensaba Valdano cando falou por primeira vez do “medo escénico”? Realmente cría Helenio Herrera que se xoga mellor con dez que con once? Onde está a orixen do enfrontamento entre Bilardo y Menotti? Que quixo dicir Maradona con “a pelota non se lixa”?

Este libro no é unha simple colleita de citas futbolísticas, senon un puñado de historias coa palabra como eixo. 


Coñecerás a George Best, a Brian Clough, os Busby Babes , Johan Cruyff... Saberás de onde procede o catenaccio, o fútbol total, a dicotomía Bilardo-Menotti, a famoso dito de "gañar sen baixar do autobús" porque José Mourinho é o "special one".... As frases máis contundentes, inxeniosas, ácedas ou hilarantes e incluso sonroxantes coas que, iso podemos asegurarcho, pasarás un rato máis que divertido.

Deixámoste aquí algunhas destas frases que xa pertencen á historia do fútbol:

!Así que este es ti, eh?, Xoguei tres veces contra ti e todo o que vira foi o teu cu". (Grahan Williams a George Best durante un partido)


George Best, "o quinto Beatle"


"En 1969 deixei as mulleres e a bebida, pero foron os peores 20 minutros da miña vida".(George Best)

"Se tes o balón, non fai falla defender porque só hai un balón". (Johan Cruyff)


Johan Cruyyf


"Se estás na area e non sabes que facer co balón, méteo na portería e despois xa discutiremos as opcións". (Bill Shankly, mítico adestrador do Liverpool)

"Non me gustaron as entradas que lles fixemos. Magoámoslles pero érguense". (Jimmy Murphy, seleccionador do País de Gales)


"Se me preguntan de que sirve xogar ben, eu preguntareilles de que sirve ser feliz". (Ángel Cappa, adestrador arxentino)


"Páganme por gañar, a beleza está no resultado". (Javier Clemente, adestrador)


"O traballo de adestrador é o único do mundo no que todos saben máis cá ti. Eu nunca lle diría a un fontaneiro, un avogado ou un xornalista como facer o seu traballo, pero o sábados todos eles saben máis cá min". (Joe Royle, adestrador)


"Preguntádelle a un dianteiro cal é o seu gol preferido. Todos responderán o mesmo: o vindeiro" (Ian Rush, dianteiro do Liverpool)


"Dime con que mediocentro andas e direite que equipo es" (Juanma Lillo, adestrador)


"Se Mourinho fose chocolate, lamberíase a sí mesmo" (Tommy Docherty, xornalista británico)



Con esta recomendación pretendemos deitar varios tópicos; o primeiro é que podemos leer sobre fútbol, aprender, disfrutar dunha obra escrita cun estilo sinxelo e coidado, preciso e documentado. Por outro lado, neste libro hai moito máis que Real Madrid, Barcelona e Champions, non é unha obra para a polémica e as discusións senon para emocionarse e descubrir aos grandes xenios do balón e dos banquiños, sorprendernos con historias marabillosas e incribles anécdotas.

Sí se pode ler sobre fútbol, sí o podemos facer nun centro educativo, sí se pode escribir sen mesura, con afán didáctico e sí deberiamos falar con propiedade e mesura sobre algo que, como dixo Kevin Keegan, é imposible de reemplazar porque non hai nada.


O Autor: Miguel Gutiérrez é actualmente redactor do diario dixital Sportyou.es. Deuse a coñecer cun magnífico blogue ”la libreta de Van Gaal” agora reconvertida en páxina web: http://www.lalibretadevangaal.com/ na que, facendo uso do sentido común, deixaba en evidencia as vergoñas dos medios de comunicación deportivos e dos xornalistas que, deixando a un lado a súa labor como informadores, se comportaban... imos deixalo en “de xeito inapropiado”.


Dirixido a todos aqueles que desexen coñecer aos grandes personaxes do fútbol moderno a partires as súas palabras e os seus actos. As grandes personalidades, os súas xestas -tamén as súas vergoñas- nunha obra amena, agradable que, sen dúbida, vai deixarvos con ganas de moito máis.


Se che gustou -e se te gusta o fútbol vaite gustar seguro-, podes probar con Palabra de entrenador (de Orfeo Suárez), Héroes de nuestro tiempo (de Santiago Segurola) ou o máis clásico El fútbol a sol y a sombra de Eduardo Galeano.





Non podemos rematar esta reseña sen remitirvos a unha interesante película, baseada nun libro do mesmo título, "The Damned United", nos que a partires da súa fichaxe polo Leeds United -o equipo máis importante de Inglaterra na época e o seu grande rival- se conta o inicio da incrible e espectacular carreira como adestrador de Brian Clough, bicampeón de Europa co Nottinghan Forest -equipo ao que colleu en segunda división, ascendeu e fixo campeón de todo- nos anos 1979 e 1980.




Ficha:
Título: Frases de fútbol
Autor: Miguel Gutiérrez
Editorial: Córner

domingo, 19 de mayo de 2013

Menú de poesía: Pilar Pallarés


Un venres máis, o noso cociñeiro da Poesía ofrece para os seus clientes un novo menú-poesía  de Pilar Pallarés. Cada vez somos máis os que saboreamos a lírica. 





Ameite tanto esta tarde, 
cando non estabas 
e estaba no ceo como un
atlas de ausencia,
esvarando nas horas.

Que estrano é todo isto,
este amor que se agolpa
e verte a súa furia por acima de unha,
sen piedade.

Non sei porque estes días en que te amo tanto
é tan fundo e tan duro e tan tristerio
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.

Esta tarde ameite como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.

Non sei que estranas aves aniñaron en min
para que así te ame,
Non sei que tortas roitas ou mans confabuladas
me trouxeron a tí
no sei por que camiños 
navegou o meu sangue para chegar a tí

Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos seus sucos
so sei que aquí me tés, a tí ofrecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre mín.

Non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza
puido facerme tanto dano.
Esta tarde ameite como nunca antes.





                                       


Pilar Pallarés naceu en Culleredo, o 29 de abril de 1957. Comezou a escribir en Vigo durante a súa adolescencia. Viviu en Compostela, Pontedeume e Lisboa. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas (Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa de palabra silenciada). Tras a publicación do seu primerio libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente recibiría o Premio Esquío de poesía (1983) e publicaría as obras Sétima soidade 1984,  e Livro das devoracións (1996). Ademáis, ten colaborado en varias revists con estudos de crítica literaria. Actualmente é profesora de Lingua Galega no IES Ramón Méndez Pidal da Coruña.


l

sábado, 18 de mayo de 2013

Manel: (Ler con música de fondo)



Manel é un grupo barcelonés de música pop que cantan en catalán . Probablemente escoltases falar deles nos últimos meses –ou quizais os escoitaches a eles-.. Os seus catro componentes coñecéronse no colexio, e a inicio da súa carreira podemos establecelo no ano 2007, cando quedaron finalistas nun premio de maquetas.




Pero non estamos a falar dun grupo minoritario, nin sequera o feito de cantar en catalán reduce o seu impacto –o cal amosa que non hai límites lingüísticos-, posto que o seu segundo disco “10 millas per veure una bona armadura (10 millas para ver unha boa armadura) chegou ao número un nas listas de toda España con máis de dez mil copis vendidas... Na primeira semana!..
.


Unha das grandes virtudes deste grupo, que vai máis alá da súa indiscutbile calidade musical son as súas letras, auténticas narracións que aportan un novo condicionante á parte meramente acústica. Non o dubides, déixate levar pola súa maxia.

Dirixido a todos os que buscades boa música máis alá das radiofórmulas establecidas, aos que tedes curiosidade por saber que é o que se fai noutras zonas de España. 

Se te gustou, se seguimos con pop en catalán, probade con Antonia Font, Pastora ou Els amics de les arts.

Por certo que o grupo barcelonés acaba de tirar o seu novo disco.



miércoles, 15 de mayo de 2013

O sentido dun final (Julian Barnes)



O argumento de O sentido dun final condúcenos por boa parte da vida do seu narrador e protagonista, Tony Webster, en dous bloques bastante definidos; un primeiro máis amplo que fai un rápido repaso pola súa vida desde a época escolar, onde ocorren unha serie de feitos que serán básicos para a comprensión da obra –a aparición do atractivo Adrian Finn e como modela as  personalidades de todo o seu grupo de amigos e altera a súa vida, a universidade, as ansias de éxito social e intelectual, as súas distintas relacións amorosas até o seu matrimonio, paternidade, divorcio e solitaria e ordinaria madurez desde a que relata a historia.

Tony Webster, chega a xubilación, intenta manterse ocupado en diversas actividades, parece que a vida xa non lle vai procurar máis sorpresas, cando recibe unha carta na que se lle comunica que a nai da súa primeira noiva déixalle como herdanza cincocentas  libras, unha cantidade prácticamente insignificante, e un sobre cun caderno no seu interior, o diario de Adrian –que non o fará pois Verónica, a súa antiga noiva e posterior parella do seu amigo non quere facerlle chegar-  o que obrigará a Tony a voltar ao pasado para analizar, punto por punto, aquela relación que deixou atrás fai tanto tempo e no que non tódolos feitos estaban pechados.

O sentido dun final poderían ser moitas cousas, un home que axusta contas co seu pasado, unha xuventude pretenciosa que se prometía intensa e exitosa e que acaba –como a meirande parte delas- sumida nunha pracenteira e tediosa monotonía, unha análise sobre o pasado e os remorsos, os feitos que non quixemos ou non soubemos pechar no seu momento para poder pasar páxina, un reconto das renuncias que a vida nos obrigou a facer coas nosas propias ancellos de mocidade, unha análise sobre o pasado e unha reconstrucción ideal –ou non- do mesmo e do que, pensamos. Preguntarnos canto do noso pasado, non é xa unha lembranza senon que o convertemos en ficción, ata que punto o tempo non transforma a nosa vida e recreamos un personaxe que se parece a nós e interéseanos identifcar con nós mesmos desde un punto de vista pouco  fiable, claro está.

A novela presenta un evocador exercicio de memoria, a reconstrucción dun pasado  cunha análise desacomplexado, a veces autocrítico pero relativamente  condescendiente, a través das distintas etapas da vida, marabillosamente apuntalados con pinceladas culturais –lecturas, a música sobre todo que vai variando acompañando as épocas do protagonsta- certa flema e fina ironía  británica –a sua dramática visita á familia da sua primeira novia ou as reclamaciones ao seguro-, de tal xeito que non é complicado empatizar cun narrador que asume a súa vida anodina con resignación e pensa na morte e na escasa importancia que ten a súa presencia no mundo nestes momentos (os distintos momentos nos que deixa claro que o seu obxetivo é non padecer alzheimer e deixarlle á súa filla a herdanza cando todavía precise dos cartos é máis que reveladora, do sentido que ten o seu final).

Quizais nalgúns intres a novela plantexa situacións tópicas e personaxes máis ben planos; un final relativamente melodramático, é certo, ainda que tan contundente e revelador que probablemente  che deixe o suficientemente trasposto como para non reparar no efectismo ata moito tiempo despois, cuando o poso da obra se asente satisfactoriamente na tua mente, porque o argumento serve de partida para a reflexión sobre os temas básicos de calquera vida, dende esa xuventude que non se recrea de xeito bastante amplo por casualidade senon como punto de partida para asumir os fracasos e desercións do que nun momento dado se sumía como indubidable e prácticamente innegociable –o futuro, a vida laboral, o amor, o sexo, a propia amizade…- .

Julian Barnes
O sentido dun final é unha novela lixeira en apariencia, só en apariencia, porque presenta unha sucinta e incómoda análise –para que imos negalo- do que representa a vida; da vida que pretendemos acadar cando somos novos, da vida que queremos e nos parece estar levando, e da vida que cremos ter vivido. Contada  cunha fluidez a xeito de sorriso pouco confortable –tan habitual en moitos autores da literatura galega- e cunha prosa elegante que vai guiando ao lector de xeito apacible pero, dalgún xeito, deixa un regusto amargo nas nosas propias existencias.

Independentemente dos premio recibidos –o Man Booker, o premio máis prestixioso dentro das países da Commomwealth – estamos ante unha obra máis que suxerente que, en pouco máis de duascentas páxinas, nos dará temas de conversación para moito tempo.



Dirixido a aqueles que lles guste analizar as relacións interpersoais, a aqueles que se pregunten como as nosas accións no presente poden ter repercusións no futuro,  

Se che gustou este libro, proba con El mapa y el territorio de Houellebecq  ou con  Deshonra de Coetzze


 




lunes, 13 de mayo de 2013

Historia de la ciencia sin los trozos aburridos (Ian Crofton)




Cansado da lei de Ohm? Farto da estatística? Aburrido do número de Avogadro? A entropía sóate a entronque, as globulinas a globos pequenos? Se isto é así, entón non hai dúbida, precisas dunha dose de Ciencia sen as partes aburridas.

Esta cronoloxía de curiosidades científicas comprende multitude de teorías estrafalarias, experimentos inverosímiles, profesores tolos, charlatáns cuestionables, bromistas fedellos, expertos enganados, e unha serie inestimable de especulacións absurdas e sen fundamento.

Le todo acerca dos intentos dos soviéticos para crear un híbrido simio-humano... A convicción de sir John Herschel do valor nutritivo das serraduras... A investigación de Darwin sobre a musicalidade das miñocas... O distinguido médico inglés que se inxectou testículos de cobaias... O home que temía que a enerxía das mareas podería atraer á Lúa perigosamente  ata a Terra... O experimento que afirmaba demostrar que a alma pesa exactamente 21 gramos.

Éstes son algúns dos abraiantes relatos que atoparás entre as páxinas de Historia de la ciencia sin los trozos aburridos, desde os máis sublimes ata os absolutamente ridículos, con especial énfase nestes últimos.


Nesta obra farás un percorrido por un inesgotable número de anécdotas desde a Antiguidade ata ao día de hoxe, no que poderás descubrir a outra faceta da ciencia, a parte que non se amosa, a que está máis perto dos fracasos, dos despistes ou erros dos grandes xenios, da idea peregrina que non podemos entender como é posible que a alguén  se lle ocorrese facer algo semellante.

Deixámoste aquí cunha serie de exemplos que poderás atopar e disfrutar nesta divertida obra:

Sabías que o inventor do estetoscopio tiñ vergoña para atreverse a achegar a súa orella ao peito dunha muller?

Que descubriu Arquímedes para saír espido polas rúas de Siracusa berrando¡Eureka!?



Sabías que unha serventa de Isaac Newton atopouno diante da cociña fitando un ovo que tiña nas mans mentres o seu reloxio fervía na perola?




Que pretendía Sanctorio de Padua á hora de pesar os seus propios excrementos?

Qué podía estar a probar o doutor Hildebrant cando lle pediu a un colega que lle queimase as pernas, lle acoitelase o muslo, premese os seus testículos ou lle brease nas canelas cun martelo?

Qué teñen que ver uns patiños de goma –ou, para ser exactos, algúns millóns- coas correntes oceánicas?


Non o dubides máis. Estas e outras historias son as que poderás atopar nesta entretida obra que provocará en ti o irreprimible desexo de ir espallando as distintas anécdotas vaias onde vaias.

Dirixido a aqueles/as que queiran pasar un rato moi divertido, e de paso aprender algo. Se es un apaixonado das ciencias disfrutarás como un anano, se as ciencias nin fu nin fa… de seguro que botarás unhas risas

Se te gustou podes probar con Aristóteles, Leonardo, Einstein & Cía. (de Ernest Peter Fisher), La sonrisa de Pitágoras (de Lamberto García del Cid) ou De Arquímedesa Einstein (Los 10 experimentos más bellos de la física) (de Manuel Lozano Leyva)



Ficha:
Título: Historia de la ciencia sin los trozos aburridos 
Autor: Ian Crofton
Editorial: Ariel.


domingo, 12 de mayo de 2013

Menú de poesía: Raymond Carver

O noso cociñeiro achega unha nova ración de poesía 




Miedo de ver una patrulla policial detenerse frente a la casa.
Miedo de quedarme dormido durante la noche.
Miedo de no poder dormir.
Miedo de que el pasado regrese.
Miedo de que el presente tome vuelo.
Miedo del teléfono que suena en el silencio de la noche muerta.
Miedo a las tormentas eléctricas.
Miedo de la mujer de servicio que tiene una cicatriz en la mejilla.
Miedo a los perros aunque me digan que no muerden.
¡Miedo a la ansiedad!
Miedo a tener que identificar el cuerpo de un amigo muerto.
Miedo de quedarme sin dinero.
Miedo de tener mucho, aunque sea difícil de creer.
Miedo a los perfiles psicológicos.
Miedo a llegar tarde y de llegar antes que cualquiera.
Miedo a ver la escritura de mis hijos en la cubierta de un sobre.
Miedo a verlos morir antes que yo, y me sienta culpable.
Miedo a tener que vivir con mi madre durante su vejez, y la mía.
Miedo a la confusión.
Miedo a que este día termine con una nota triste.
Miedo a despertarme y ver que te has ido.
Miedo a no amar y miedo a no amar demasiado.
Miedo a que lo que ame sea letal para aquellos que amo.
Miedo a la muerte.
Miedo a vivir demasiado tiempo.
Miedo a la muerte.
Ya dije eso.




Raymond Carver (1938-1988), escritor estadounidense. A súa vida foi un cúmulo de despropósitos: casou moi novo, foi dun emprego a outro, separouse da muller, caeu no alcoholismo. A súa vida da un ha viraxe cando casa ca súa segunda esposa, a  poetisa Tess Gallagher, que o axuda a desintoxicarse e manterse sobrio os dez últimos anos da súa vida. Na súa obra, tanto a súa poesía como os seus relatos cortos, aparecen os temas da soidade, o alcohol, a falta de cartos,o  desemprego, ... temas que coñecía bastante ben. É a súa narrativa breve o que lle da a fama, como "¿Quieres hacer el favor de callarte,  por favor?"ou "Catedral"