martes, 28 de febrero de 2017

UNHA ROSA, UN LIBRO

Adiantándonos ao dia de Sant Jordi, un dos alumnos do grupo de teatro, Alfonso Soto Iglesias, faille un precioso agasallo a Isabel, a nosa profesora de lingua galega e guía do grupo de teatro e narrativa.
Ole!!!!!

ROTEIRO LITERARIO EN CELANOVA

ANIVERSARIO NO CLUB

Os rapaces de 1º ESO celebraron o cumpleanos dun dos seus membros.
Moitas Felicidades!!!!!!😆








XUNTANZA DO GRUPO DE CÓMIC

O alumnado do grupo de cómic, con gran sentido do humor, posa xunto cos seus libros.







Ademáis de posar, comentamos e lemos situacións que nos máis nos gustan.




jueves, 9 de febrero de 2017

lunes, 6 de febrero de 2017

LECTURAS DO 2º TRIMESTRE

Neste 2º trimestre leremos os seguintes libros:

Novela negra: La verdad sobre el caso Harry Quebert.




La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, é unha novela de suspense a tres tempos -1975, 1998 y 2008- acerca do asasinato dunha moza de quince anos na pequena cidade de Aurora, en New Hampshire. Quén matou a Nola Kellergan é a grande incógnita a desvelar nesta incomparable historia policiaca da narrativa estranxeira.

Novela romántica: Quantic love.



É unha historia de amor que ten lugar entre Laila, unha moza sevillana que vén de rematar o instituto e vai ao CERN a traballar como camareira durante o verán, e Brian, un xoven científico que está desenvolvendo unhas misteriosas investigacións. Polo medio un montón de anécdotas incribles sobre os físicos e matemáticos máis relevantes dos últimos séculos e datos sorprendentes acerca da estrutura íntima da materia.


Novela romántica: Pepita Jiménez.



A obra cumbre de Juan Varela e unha das máis importantes da literatura española.
Luis de Vargas é un seminarista novo que regresa á súa casa para pasar as últimas vacacións antes da ordenación. Alí atopará a Pepita Jiménez, una moza viúva de gran beleza prometida do seu pai. Pronto o seminarista comprenderá que a súa paixón pola moza é máis forte que a súa vocación sacerdotal.



Cómic: Tres sombras.




Volve Ciryl Pedrosa cunha historia fantástica e tenra, unha fábula ambientada na época perdida na imaxinación do home cuns personaxes que buscan o seu destino e foxen da ameana que representanas tres sombras. Unha historia motivada pola desgraciada pérdida do fillo dun grande amigo.


Teatro:  o achado do castro.


Os alumnos de 1º e 2º da ESO continúan coa lectura desta obra de teatro.

Poesía: Penúltimas tendencias de Carlos Negro e Hai cu de O Leo .






jueves, 2 de febrero de 2017

REBECA

O alumnado de novela romántica de 2º de Bacharelato reuníuse para comentar o libro Rebeca de Dafne Du Maurier, lido no primeiro trimestre.


O libro tivo un grandísimo éxito. Algúns alumos buscaron a película de Alfred Hitchcock para vela.