domingo, 11 de marzo de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano, no noso instituto celebramos o día da Muller Traballadora con diferentes actos. Algúns alumnos do Club de Lectura participaron nas celebracións: Gisela de 4º de ESO presentou a actuación das Punkireteiras o luns 5 de marzo, Esther Yanira de 2º de PMAR foi unha das gañadoras do concurso de redacción convocado pola biblioteca para conmemorar este día. No seguinte enlace tedes máis información sobre estas actividades.




AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

Antes de marchar de vacacións de Semana Santa celebraremos reunións no Club de Lectura.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 15 DE MARZO
AULA DE PLÁSTICA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES  14 DE MARZO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
VENRES 16 DE MARZO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 15 DE MARZO
AULA PT
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA TEATRO
LUNS 12 DE MARZO
BIBLIOTECA