viernes, 19 de diciembre de 2014

PARA MONTSE ...

Os/as alumn@s de 4º e 3º ESO fixeron un video para desexarlle a Montse, a súa profesora de Lingua Castelá e do Club de Lectura; un Bo Nadal!




Un bico grande de parte de tod@s!!!

martes, 9 de diciembre de 2014

CHOCOLATE CON LIBROS!!


Para finalizar o primeiro pase do noso Club... 
aquí estamos; acompañando as nosas experiencias lectoras cun bo chocolate!!



Vémonos na viendeira lectura!


jueves, 4 de diciembre de 2014

PELÍCULA; SI OU NON?

Despois de finalizar a lectura de "Bajo la Misma Estrella", estivemos debatendo a posibilidade de facer unha sesión de cinema dentro do Club para ver o filme baseado na novela. 

Aquí estamos, tentando poñernos dacordo...




martes, 2 de diciembre de 2014

THE END... para a Lenda do Cid Campeador

Para poñerlle punto e final á lenda do Cid Campeador; hoxe pola mañá estivemos comentando as ilustracións que aparecen no libro e relacionándoas cos acontecementos protagonizados polo noso heroe.





lunes, 1 de diciembre de 2014

FINALIZANDO DRAGAL!

Na reunión de hoxe fixemos unha lectura compartida das últimas páxinas de Dragal. Velaquí nos tedes...




Agora a por Dragal 2. A Metamorfose do Dragón!!

jueves, 27 de noviembre de 2014

PALMERAS EN LA NIEVE.




É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para principiar, xunto ao seu irmán Jacobo, a viaxe de ida cara unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, agárdao o seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e torra un dos mellores cacaos do mundo.
....
No ano 2003, Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade de quen desexa coñecer as súas orixes, mergúllase no ruinoso pasado que habitaron Kilian e Jacobo e descobre os fíos poeirentos dese segredo que finalmente será desentrañado. 

Así comeza o libro...



En decembro estréase a película baseada na novela, botádelle unha ollada ao trailer.




martes, 11 de noviembre de 2014

A Esmorga dá o salto ao Cinema

A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor convertida en patrimonio universal da literatura galega, chega á gran pantalla o vindeiro venres día 21 da man do director Ignacio Vilar

Aquí tedes o Trailer!



A estrea terá lugar no 
Festival de Cine Internacional de Ourense
OUFF

Preme na imaxe para obter máis información sobre o festival

Falando da Esmorga, non poderiamos deixar de lado o seu Roteiro.

Preme na imaxe para descargar o Roteiro





lunes, 6 de octubre de 2014

3, 2, 1 ... ACCIÓN!

Xa estamos aquí de novo, con moitas gañas de comezar a viaxe un ano máis!

A continuación presentámosvos os nosos compañeiros de aventuras:



PLENILUNIO (BACHARALETO)



A gran novela da madurez creadora de Antonio Muñoz Molina. Unha narración eléctrica, chea de tensión, de rabia e de tenrura.

Nunha cidade de provincias alguén cun rostro soluble nos demais rostros, esconde o enigma dun espantoso crimen. Arredor da busca, varios personaxe soñan durante un intre con dar un novo sentido ás súas vidas. Mentras tanto, na hora máxica de plenilunio, uns ollos espreitan nalgún lugar da cidade.

Botádelle un ollo ao trailer do filme baseado na novela...





BAJO LA MISMA ESTRELLA (4º ESO)

Presentámosvos a novela escollida para 4º da ESO:


Unha novela sobre a vida e a morte... 
Rirás, chorarás e quedaraste con gañas de máis.

E... do libro á película:




Agardamos as vosas opinións dentro do blogue!


LA LEYENDA DEL CID CAMPEADOR (3º ESO)


Así é o Cid Campeador...

Pola España do século XI, cabalga un cabaleiro de xesto serio que esperta admiración en todas partes. 

Chámanlle o Cid Campeador. O Cid é un heroe cargado de virtudes: astuto e mesurado, xeneroso na vitoria, sempre leal aos seus e fiel aos seus ideais.


Dende a adolescencia, leva a cabo un sinfín de fazañas: enfróntase sen temor aos inimigos máis poderos, vence a feros exércitos de miles de soldados, conquista vilas e cidades por decenas, e planta cara ao mismísimo rei para defender o que é inxusto. Desa maneira, deixa de ser un simple cabaleiro e convértese en algo máis: o Cid é un heroe, un mito vivo, unha auténtica lenda.



Atréveste con este libro? 

DRAGAL (1º E 2º ESO)

Unha obra que cautiva aos e ás adolescentes!

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida...



Picando na imaxe poderás acceder ao primeiro capítulo. 

OLGA E O DINOSAURIO (ACI)

Un libro moi divertido! Imos aló!
Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, habías asustarte seguro. 

Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descobrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente.

domingo, 18 de mayo de 2014

Celebración do día das Letras Galegas 2014

O día 16 de maio, o noso instituto celebrou o día das Letras Galegas cun recitado de poemas de Xosé María Díaz Casrtro, o homenaxeado este ano.

Algúns alumnos do Club de Lectura participaron nesta actividade. 


A presentadora do acto foi Laura Gil, alumna de 2º de Bacharelato e membro do Club.


Na foto anterior, catro alumnos do Club de Lectura: Silvia, Lucía, Santiago e Aroa recitan xunto a outros dos seus compañeiros de 3º A un poema de Díaz Castro titulado "Coma un río"

Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos non está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:
que non é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!

E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…


Os alumnos de 3º B recitaron o poema "Coma brasas". Na foto aparece Verónica, membro do Club.

Poeta eu non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.


Eí están, coma brasa contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.


¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa do mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.


Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabaras lles darei para que se entendan…


Marta Marino, alumna de 4º A e membro do Club de Lectura, recita xunto a tres dos seus compañeiros o poema Penélope.

 Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

viernes, 9 de mayo de 2014

Mercedes Salisachs

A escritora barcelonesa Mercedes Salisachs faleceu onte aos 97 anos de idade. Neste enlace podedes coñecer a biografía e a obra desta prolífica escritora.

 
Algunhas das súas obras son:
 
Primera mañana, última mañana (1955) A súa primeira novela.
Con esta primeira novela, Mercedes Salisachs reflicte non só as dramáticas situacións dun personaxe abocado a un fututo que hoxe xa é presente, senón que tamén nos describe a dor calada e os erros que ás veces poden acentuar o sufrimento ata desintegrar a razón humana.


Una mujer llega al pueblo (1956) Premio Ciudad de Barcelona.
Mercedes Salisachs conta a historia do retorno á súa aldea dunha muller embarazada. Este libro foi censurado e non se publicaría ata o ano seguinte.

  
La estación de las hojas amarillas (1963)
Cun estilo lixeiro pero afondando nas reaccións humanas, a autora expón, con extraordinaria hablilidade, as esixencias e reaccións da idade outonal, representada por dúas irmás xemelgas cuxas características, aínda que aparentemente diverxentes, son idénticas no fondo.

 
Adagio confidencial (1973) Obra finalista do Premio Planeta.
O relato desenvolve o encontro casual entre un home e unha muller despois de vinte anos de separación. O diálogo que ambos os dous sosteñen non só os transporta ao pasado, senón que vai descubríndolles pouco a pouco facetas dun presente que tanto un como o outro consideraban distinto.


La gangrena (1975) Obra gañadora do Premio Planeta.
A novela narra a vida de Carlos Hondero dende a súa nenez nos anos de Ditadura ata os anos 70 en que acabou por converterse nun home rico e poderoso, pero tamén é a historia mesma de España. É a novela máis famosa da autora.


El último laberinto (2004) Gañadora do Premio de novela Fernando Lara.
É unha novela sobre a traizón e o perdón. Ao final do labirinto da inxustiza só nos queda escoller entre a vinganza ou o perdón. Jenaro é un profesor universitario capaz de amar por enriba dos prexuízos da súa época, e a quen a vida recompensou a súa xenerosidad. Non obstante, non está preparado para encaixar o golpe máis baixo, o que só poden inflixirnos aqueles nos cales máis confiamos: a traizón, que só retrospectivamente nos permite descubrir cales son os nosos aliados incondicionais.

 
Goodbye, España (2009) Pemio de novela histórica Alfonso X el Sabio. 
Esta novela retrata a vida da raíña Victoria Eugenia de Battenberg, esposa de Alfonso XIII.
 

El caudal de las noches vacías (2013) A súa última novela.
Esta é a novela máis emotiva da autora. Relata unha tráxica historia de amor entre dúas persoas pertencentes a mundos moi diferentes.O pai Guillermo, un mozo culto e de profunda vocación relixiosa, coñecerá a Lidia, unha nai divorciada de 40 anos que ten ao seu cargo un fillo adolescente.



jueves, 1 de mayo de 2014

¡Yotsuba!

A biblioteca mercou os doce números do manga ¡Yotsuba! do mangaka Kiyohiko Azuma.


No seguinte enlace podedes saber máis cousas deste divertido cómic que ten como protagonista a unha rapaza de cinco anos, ao seu pai e aos seus veciños, a familia Ayase, composta polos pais e tres irmás.

Cada libro consta de varias historias curtas moi divertidas, xa que Yotsuba é unha nena sociable e moi curiosa e acaba convertendo calquera cousa nunha aventura.

Vale a pena achegarse a biblioteca e ler este manga. Pasaredes un rato divertido.


sábado, 26 de abril de 2014

Homenaxe a Gabriel García Márquez

Os membros do Club de Lectura do IES Pazo da Mercé queremos homenaxear ao escritor hispanoamericano Gabriel García Márquez co motivo do seu pasamento o pasado xoves 17 de abril. Neste enlace accededes á páxina do blog de literatura "La fragata de papel" onde atoparedes un vídeo sobre a súa traxectoria vital e literaria. Se queredes ler a súa biografía, coñecer os seus libros e atopar enlaces que vos levaran a outras páxinas sobre o autor, podedes clicar aquí.


miércoles, 23 de abril de 2014

Elena Poniatowska

A escritora Elena Poniatowska recibiu no día de hoxe o Premio Miguel de Cervantes 2013.

Esta imaxe representa o momento no que le o discurso de aceptación do premio. No seguinte enlace podedes ler o discurso íntegro centrado nos marxinados, nas mulleres e en América Latina. Se preferides escoitalo, aquí o podedes facer.

É importante destacar que é a cuarta muller en recibir este galardón, o máis importante das letras hispnoamericanas, concedido desde o ano 1977. As outras tres mulleres galardonadas foron: María Zambrano en 1989, Dulce María Loynaz en 1993 e Ana María Matute en 2011. Ademais destas catro mulleres, houbo 35 homes.

lunes, 14 de abril de 2014

Noite de voraces sombras

Os alumnos de 3º de ESO van ler o libro Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz.



O libro ten como protagonista a Sara, unha moza de dezaseis anos, e narra os acontecementos que durante unhas vacacións na casa da avoa lle axudarán a enfrontar a vida dun xeito distinto. No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible histora de amor e desamor que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Unha emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Na novela faise referencia a Illa de San Simón, xa que un dos personaxes estivo recluído no cárcere da illa durante a posguerra. 

 
Tamén Xulio Verne sentiuse fascinado pola illa na súa visita a ría de Vigo. Na súa honra erixiuse unha estatua que representa ao capitán Nemo e ao Nautilus.
 


martes, 8 de abril de 2014

Cando Verne amarrou en Vigo

Os alumnos de 1º e 2º de ESO están lendo o libro: Cando Verne amarrou en Vigo de Paco Climent.

O libro ten como protagonista a Pepe Valera, un rapaz que, coa axuda de don Wescenlao e Bruno, pretende protexer os restos dos galeones españois afundidos na ría de Vigo trala batalla de Rande en 1702, do espíritu de rapiña de compañías extanxeiras saqueadoras de tesouros. A novela está ambientada no último tercio do século XIX e nela atopamos personaxes famosos da época como Xulio Verne, que estivo de visita en Vigo nesa época, e Sanjurjo Badía, inventor dunha especie de submarino.
A continuación inxerto unhas imaxes do submarino de Sanjurjo Badía, que se atopa no museo do mar de Vigo.



 Xulio Verne estivo en Vigo en dúas ocasións, en 1878 e en 1884. Neste enlace tedes máis información. Ademais no capítulo XIV do libro de Vinte mil leguas de viaxe submarino, o narrador francés escribe que Nemo extrae a súa fortuna dos galeóns afundidos na batalla de Rande. No seguinte enlace podedes ler ese capítulo. A continuación inserto un fragmento:

"Das caixas e dos barrís escapábanse lingotes de ouro e prata, fervenzas de piastras e de xoias. O fondo estaba semantado deses tesouros. Cargados do precioso botín, os homes regresaban ao Nautilus, depositaban nel a súa carga e volvían emprender aquela inesgotable pesca de ouro e de prata".

Aquí tendes unha foto do monumento a Xulio Verne no Náutico.


domingo, 30 de marzo de 2014

Rebeca

Os alumnos de 1º de Bacharelato van a leer o libro da escritora británica Dafne du Maurier titulado Rebeca, publicado en 1938.

Maxim de Winter, viúvo recente, coñece en Montecarlo unha muller máis nova ca el coa que casa. Despois da lúa de mel, regresan á mansión dos Winter, Manderley. Pero a sombra de Rebeca, primeira muller de Maxim, e a presenza do ama de chaves da casa (a señora Danvers) non permite que o matrimonio sexa feliz.
O libro foi levado ao cine en 1940 polo famoso director Alfred Hitchcock
A película gañou dous Oscar, á mellor película e á mellor fotografía en branco e negro, e obtivo outras nove nominacións, incluíndo mellor director, mellor actriz principal, mellor actor principal e mellor actriz secundaria.
A actriz principal foi Joan Fontaine, recentemente falecida e irmá da famosa Olivia de Havilland, que ten na actualidade 97 anos. O actor principal foi Laurence Olivier

A continuación inserto un vídeo do principio da película.


No seguinte vídeo, a señora Danvers, ensina á protagonista a habitación de Rebeca, que está exactamente igual a como ela a deixou antes de morrer. 


Alfred Hitchcock tamén adaptou ao cine un relato de Dafne du Maurier, Os paxaros, no enlace podedes ler o conto completo. No relato os paxaros rebélanse, non se sabe moi ben por qué, contra o ser humano.
A película está protagonizada por Tippi Hedren e Rod Taylor. Tippi Hedren é a nai da coñecida actriz Melanie Griffith, esposa do actor español Antonio Banderas.

A continuación inclúo a caratula da película

A continuación poño un vídeo con escenas terroríficas do ataque dos paxaros.


sábado, 22 de marzo de 2014

Agasallo para os participantes do Club de Lectura

O mércores 19 de marzo os membros do Club de Lectura de 1º y 2º de ESO recibiron unha sorpresa na reunión. Foron obsequiados cun rotulador fluorescente. 

Aos alumnos gustoulles moito o agasallo, como podedes comprobar na foto que inserto a continuación.




Os alumnos de 3º de ESO tamén recibiron o obsequio na reunión do vernes 21 de marzo.

Desde o Blog do Club de Lectura queremos mandar un saúdo a Paula Lobato, unha alumna membro do Club que deixou o instituto para trasladarse ao Val de Arán coa súa familia. Desexamoslle moita sorte e que no se esqueza dos seus antigos compañeiros e profesores.


martes, 4 de marzo de 2014

Ana de las Tejas Verdes

Ana de las Tejas Verdes é unha colección de libros escritos pola canadense Lucy Maud Montgomery (Illa do Príncipe Eduardo, 30 de novembro de 1874 - Toronto, 24 de abril de 1942)

A colección consta de 7 libros, que están sendo reeditados. De momento publicáronse 2: "Ana la de Tejas Verdes" y "Ana la de Avonlea".


A historia está ambientada a principios do século XX na Illa do Príncipe Eduardo (Canadá). A protagonista, Ana, é unha nena orfa adoptada por erro por Matthew e Marilla Cuthvert, dous irmáns solteiróns que viven nunha granxa chamada Texas Verdes. Eles pretendían adoptar un rapaz que os axudase nas tarefas da granxa pero, cando coñecen a Ana, quedan prendados do seu bo corazón.

No ano 1985, estreouse unha serie de televisión baseada nos libros de Ana de las Tejas Verdes, protagonizada por Megan Follows
.


Aquí tedes o primeiro capítulo.

Tamén hai unha serie de debuxos animados xaponesa.


Se clicades aquí podedes obter máis información sobre a serie de debuxos animados.