lunes, 11 de febrero de 2019

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre leremos os seguintes libros:
Literatura feminista: Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo de Chimamanda Ngozi Adichie.
"En lugar de ensinarlle a túa filla a agradar, ensínalle a ser sincera. E amable. E valente. Anímaa a decir o que pensa, a decir o que opina en realidade, a decir a verdade. Dille que, se algo a incomoda, se queixe, grite".

Novela de ciencia ficción:  Frankenstein o el moderno Prometeo de Mary Shelley
Frankenstein é unha das novelas de terror máis famosas de todos os tempos. Conta a historia de Víctor Frankenstein, un científico que logra infundir vida a un ser formado a partir de trozos de cadáveres. Sen medir as consecuencias dese acto, Víctor crea un monstruo. A criatura, que é rexeitada por el e por cantos se atopan no seu camiño, se rebela contra o seu creador e decide vingarse. O terror o invadirá todo...

Amenaza na Antártida de Ramón Caride.


Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear. Ameaza na Antártida é unha magnífica narración, cos ingredientes que caracterizan as mellores novelas e películas de aventuras.

Teatro: Urraca de Raquel Castro.


Cómic: La montaña mágica de Jiro Taniguchi.
"La montaña mágica" é unha fábula sobre a comuñón entre a natureza e a alma humana. Kenichi e a súa irmá, Sakiko, sofren na súa cándida inocencia as dificultades da vida. A prematura morte do pai e, agora, o ingreso no hospital da nai, debido a unha enfermidade grave, afondan no sentimento de abandono e impotencia que padece o apocado e sentimental Kenichi. Pero a aínda temorosa valentía que xermina no seu corazón e se nutre de pura y sincera bondade o levará a abrazar o misterio e a adentrarse no seno da montaña máxica para tratar de truncar a súa ata agora triste sorte. 

Literatura de aventuras (2ºPMAR): Las aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain.
"As aventuras de Tom Sawyer narra as andanzas deste famoso adolescente e do seu amigo, Huckleberry Finn, a beira do río Misisipí. A novela está inspirada nos recordos de infancia e da adolescencia do propio autor, plasmados con sinxeleza e cun grande sentido do humor. A obra conseguiu un grande éxito e Tom Sawyer convertiuse rapidamente nun dos personaxes máis importantes e queridos da literatura norteamericana.

Literatura para 3º PMAR, FPB1: Rural de Étienne Davodeau.
Esta é a historia dunha tranquila zona rural. Tras dez anos de traballo, unha parella convertiu unhas vellas ruinas nunha casa preciosa.
Un pouco máis lonxe, tres campesinos novos, convencidos de que outro tipo de agricultura é posible, apostan polo bio. É un lugar realmente fermoso e apacible... ata o día en que reciben a noticia: unha autopista vai pasar por alí.

Literatura para FPB2: Instruccións para tomar café de Manuel Núñez Singala.
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes.
Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro - dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.

domingo, 10 de febrero de 2019

LA CASA DE BERNARDA ALBA

O venres 1 de febreiro o alumnado de 4º de ESO e de 2º de BAC asistiu a unha representación teatral da obra de Federico García Lorca "La Casa de Bernarda Alba". 
Catro dos cinco compoñentes do Club de Lectura de Literatura Feminista posaron a saída do teatro con dous profesores.

A obra de García Lorca reflicte unha sociedade tradicional onde a muller está sometida. O alumnado está desexando que nos reunamos para comentar todo o que puideron ver no escenario.