martes, 26 de abril de 2016

LECTURAS PARA A 3ª AVALIACIÓN

Estamos no final! Nesta avaliación tócanos ler os seguintes libros:

Vestido de novia, Pierre Lamaitre.

vestido de novia-pierre lemaitre-9788466333627

Sophie Duguet non entende que lle sucede: perde obxectos, esquece situacións, é detida nun supermercado por pequenos roubos que non lembra ter cometido. E os cadáveres comezan a acumularse ao seu redor...
Non podemos desvelar nada máis deste thriller para así manter intacto o escalofriante pracer da lectura e a aditiva búsqueda da verdade por parte do lector.

O Hobbit, J. R. R. Tolkien

EL HOBBIT J.R.R. TOLKIEN

 Un grande clásico moderno e o preludio das vastas e poderosas mitoloxias de O Señor dos Aneis.Smaug parecía profundamente durmido cando Bilbo espiou unha vez máis desde a entrada. Pero finxía estar durmido! Estaba vixiando a entrada do túnel!... Sacado do seu cómodo burato-hobbit por Gandalf e unha banda de ananos, Bilbo atópase de súpeto no medio dunha conspiración que pretende apoderarse do tesouro de Smaug o Magnifico, un enorme e moi perigoso dragón.


Se vos gustou o libro podedes seguir gozando coas súas aventuras na película da que vos mostramos o tráiler.


 Inés de Castro, María Pilar Queralt del Hierrro.

INES DE CASTRO: LA LEYENDA DE LA MUJER QUE REINO DESPUES DE MUERT A MARIA PILAR QUERALT DEL HIERRO 

Para moitos historiadores, Inés de Castro foi unha muller hábil e intrigante, movida pola ambición e en cuxo entorno urdíronse intrigas políticas e intereses palaciano. Para poetas e dramaturgos, unha dama belísima que viviu unha das pasixóns máis arrebatadas da historia. Por todo iso, a súa figura segue rodeada de misterio e a súa lenda continúa fascinando a todos. María Pilar Queralt narra con viveza e axilidade a vida dunha muller que viviu con paixón a amizade, a fortuna e a desventura; a lenda dunha muller que reinou despois de morta. Para impedir que Inés de Castro subira ao trono, o pai do infante Pedro ordenou asasinala. Este feito orixinou unha guerra civil entre pai e fillo. Unha vez que Pedro foi Rei ordenou coroar á súa raíña despois de morta. A autora retrata a conmovedora historia dun amor que venceu á morte. Un libro apaixoante desde o principio ao final. Enlázanse de forma maxistral dúas épocas do pasado que nos mantenñen en vilo ata o desenlace. O relato enmárcase en pleno Século de Ouro, con personaxes como Lope de Vega. A obra máis coñecida e famosa de María Pilar de Queralt. 

 Sherlock Holmes. O perro de Baskerville, Arthur Conan Doyle.



Unha das máis populares aventuras do detective privado Sherlock Holmes. Nela, Holmes e Watson son chamados a investigar os estraños crímes aparentemente relacionados cunha antiga maldición que pesa sobre a familia dos Baskerville. O famoso detective verase envolto nun laberinto de antigas supersticións e escuras vinganzas, dentro do escenario ameazador dos páramos de Dartmoor (Inglaterra).