martes, 21 de febrero de 2023

RECITAL POÉTICO

O xoves 16 de febreiro celebramos un Concurso Recital Poético na aula de música.


Comezamos o Certame cunha peza musical de Luar na Lubre chamada "Son do ar" interpretada polo alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º de BACH. Catro dos cinco alumnos que participaron eran do Club de Lectura de Poesía.

Despois desta actuación musical comezamos o certame adicado a Rosalía de Castro e Manuel María, onde os gañadores foron seleccionados para participar no concurso da Casa de Manuel María "Rosalía sempre viva", que se celebrará en Lugo no mes de marzo. Algúns dos participantes son membros do Club de Lectura.

Os gañadores foron Álvaro de 1º da ESO A, Enma de 3° da ESO B e Sara de 1° da ESO B. Enma pertence ao Cub de Lectura de Manga.


   PARABENS!