martes, 31 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O noso centro organizou varias actividades para conmemorar o Día das letras galegas e homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán.
O alumnado de 2º de Oratoria recitou poemas de autores galegos na Biblioteca. algúns deses alumnos forman parte do Club de Lectura. A continuación inclúo un vídeo cos rapaces e rapazas recitando os poemas.


sábado, 28 de mayo de 2022

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La dama del Alba. Alejandro Casona.


La dama del alba é unha obra melodramática que trata sobre a personificación da morte na figura dunha muller moi fermosa e misteriosa que irrompe no seno dunha familia para transformar a vida dos seus integrantes.

Novela grupo 1: O alumnado escolleu entre estes tres libros.

Novela grupo 2: La sirenita. Hans Christian Andersen.

Rodeada da beleza do palacio e o fondo mariño en que vive, e adorada por toda a súa familia, a pequena serea do famoso relato de Andersen sinte unha incontenible fascinación polas historias sobre os seres humanos que lle relata a súa avoa. Cando cumpre os 15 anos, ascende ansiosa á superficie do mar e namórase dun príncipe. Pero, para unirse a el deberá renunciar aos seus seres queridos e perder a súa fermosa voz. A pequena serea acepta gustosa eses sacrificios por amor, pero terá que aprender que o verdadeiro amor non é outra cousa que un acto de entrega e xenerosidade cara ao amado que non sempre atopa correspondencia.

Novela Ciencia Ficción: Cobiza. María Reimóndez.

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta».Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.

Literatura feminista: Historia de las mujeres. Carolina Capria e Mariella Martucci.
Hai 3 millóns de anos, os homes construiron as primeiras ferramentas de pedra para cazar.
Hai 2 millóns de anos, os homes camiñaban en posición complementa erecta e descibriran xa o lume.
Hai un millón de anos, os homes organizábanse en grupos pequenos e inventaban...
Vale, dacordo, pero, e as mulleres?
Onde estaban as mulleres mentras tanto?

Manga 1, Manga 2: Neste trimestre lerán 2 series.

Literatura 3º PMAR. Atranco no banco Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.