miércoles, 31 de mayo de 2023

VISITA PILAR ORTEGA

Onte visitou a nosa Biblioteca a escritora Pilar Ortega, autora do libro "O segredo de Al'eume". O alumnado do Club de Lectura de novela 1 leu esta obra no terceiro trimestre.

A autora, profesora de tecnoloxía dun instituto de Vigo, respondeu as preguntas dos nosos rapaces e rapazas e explicounos como compaxina a súas dúas vocacións, que a priori parecen tan dispares: a tecnoloxia e a escritura.

Ao final da sesión recibiu un agasallo pola súa asistencia.


sábado, 20 de mayo de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O martes 16 de maio conmemoramos no noso Centro o Día das Letras Galegas cun acto que comezou coa lectura da biografía do escritor Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano, por un alumno de 1º de ESO. 

Despois o alumnado, do Club de Lectura de Manga e Feminismo, de 3º de ESO leu varios poemas das 5 mulleres homenaxeadas no día das letras, reclamando máis presenza de escritoras galardoadas con este recoñecemento. Ademais o alumnado de 1º de ESO fixo uns carteis coa biografía e as obras máis destacadas destas escritoras e os sostiveron durante a celebración. Catro destas 5 rapazas pertencen ao Club de Lectura de Manga.
Por último 3 alumnas e un alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, pertencentes ao Club de Lectura de poesía e manga, interpretaron o himno galego. 

domingo, 14 de mayo de 2023

CHARLA COLOQUIO MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O xoves 11 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla co escritor Manuel Núñez Singala, gañador do premio dos clubs de lectura deste ano.


O alumnado do Club de Lectura de novela 2 leu, no terceiro trimestre, a obra Menú de enganos
O alumnado de 2º PMAR e FPB1 leron, no Club de Lectura, a obra de teatro Atranco no banco.

sábado, 13 de mayo de 2023

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: Antoloxía de textos teatrais. Varios autores.

Novela grupo 1: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

Novela grupo 2: Menú de enganos. Manuel Núñez Singala.

Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.

Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.

Este libro contén varios contos

Literatura feminista: O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz.
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. 

Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.

Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.


Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.

Poesía. Antoloxía de poemas de Pablo Neruda.
Veinte poemas de amor e unha canción desesperada é unha das máis célebres obras do poeta chileno Pablo Neruda. Publicado en xuño de 1924, o poemario lanzou a fama ao autor con apenas 19 anos e é unha das obras literarias máis importantes do século XX en español.

Literatura 2º PMAR. Atranco no banco.  de Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Literatura FPB1Lecturas de textos de varios autores.

miércoles, 10 de mayo de 2023

CARTA DE UNA DESCONOCIDA

O alumnado do Club de Lectura feminista realizaron unha actividade consistente no visionado da película "Carta de una desconocida" del director Max Ophuls con Louis Jourdan e Joan Fontaine como protagonistas.

Esta actividade consistía en comparar a película co libro de Stefan Zweig que leron no primeiro trimestre, comentar as diferencias entre o filme e o libro e destacar a calidade do cine clásico en blanco e negro, unha asignatura pendente da xuventude actual.

martes, 2 de mayo de 2023

DÍA DO ACOSO ESCOLAR

Hoxe celebramos o Día do acoso escolar. O alumnado do Club de Lectura de novela 2 leu o libro: O que sei do silencio que trata este tema tan importante. Na reunión de hoxe reflexionaron sobre o que supón calar cando presenciamos algún episodio de acoso escolar e a presión que sofren os testigos dese acoso por medo a perder o seu estatus frente ao grupo, por eso entendían o silencio da protagonista. Pero estaban de acordo que non estivo ben o que fixo e que debería ter denunciado os feitos.