No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Antoloxía de textos teatrais. Varios autores.
Novela grupo 1: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?
Novela grupo 2: Menú de enganos. Manuel Núñez Singala.
Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.
Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.
Este libro contén varios contos
Literatura feminista: O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz.
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar.
Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.
Poesía. Antoloxía de poemas de Pablo Neruda.
Veinte poemas de amor e unha canción desesperada é unha das máis célebres obras do poeta chileno Pablo Neruda. Publicado en xuño de 1924, o poemario lanzou a fama ao autor con apenas 19 anos e é unha das obras literarias máis importantes do século XX en español.
Literatura 2º PMAR. Atranco no banco. de Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.
Literatura FPB1. Lecturas de textos de varios autores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario