sábado, 21 de marzo de 2020

CLUB DE NOVELA

O alumnado do Club de Lectura do segundo grupo de novela posa nunha divertida foto antes de que se suspendesen as clases. No Club de Lectura todos o pasan moi ben.

martes, 17 de marzo de 2020

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: O rei nu. Quico Cadaval e Cándido Pazó.

É unha obra de teatro baseada no conto "O traxe novo do emperador" de Hans Christian Andersen.
Nun país de conto vive un rei, que goberna xunto con varios ministros. É un rei vaidoso, que gusta de ir elegante e ben vestido, e un día convoca aos mellores modistos para que lle deseñen un novo traxe. Amósanlle moitísimos vestidos, pero un anano estafador e un rapaz apáñanse para enganalo e estafalo. Dinlle que lle van facer un traxe máxico, feito con ouro, que reflicte os raios do Sol, pero que só pode ser visto por quen estea capacitado para o seu cargo.
Porén, na realidade é que os trampulleiros van quedar co ouro, facendo que o rei desfile espido. Logo de vestilo marchan co saco do metal, pero finalmente, o anano cae desmaiado e Jack marcha co saco de ouro.

Os ministros e o rei non din que non ven o traxe para non quedar de parvos. O varredor do reino comeza a berrar "O rei vai nu!!!", pero os veciños fano calar, e rematan todos en roupa interior.

Novela, grupo 2: El fabuloso mundo de las letras. Jordi Sierra i Fabra.
Unha novela realista sobre como un neno descobre o gusto pola lectura e la literatura.
A Virgilio non lle gusta ler, e menos en público. Pero un día, non ten máis remedio que facelo, xa que vai un coñecido autor a súa escola. Quizais esta lectura e este encontro sexan o principio da súa nova vida.

Novela, grupo 1: El Conde de Montecristo. Alejandro Dumas.
A obra narra a historia de Edmundo Dantés, un mariñeiro que, víctima da traición e a inxusticia, convértese no conde de Montecristo, un misterioso personaxe cun único obxectivo: vengarse dos homes que lle arruinaron a vida.

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler dos que temos na nosa biblioteca.

Literatura feminista: Invisibles. Montse Fajardo Pérez
A obra pon o foco nas mulleres que sofren o maltrato, nas consecuencias que ten na súa descendencia e, sobre todo, nos maltratadores que están agochados entre nós.

Literatura 2º, 3º PMAR. Cores prohibidas. María Peralta Vidaurreta.
Saíra do meu país porque a miña filla era dunha cor prohibida en Senegal, e chegara a un lugar no que tanto a súa pel como a miña eran diferentes ás demaisl Só me quedaba confiara en que neste país non houbese cores prohibidas.

Trampa de lume. Núria Martí Constans
Trampa de lume está baseada na historia real do incendio da fábrica textil Triangle en Nova York en 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente a a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres traballadoras.

Literatura FPB1,2. Relatos de varios autores.