domingo, 10 de diciembre de 2017

SAÍDA AO CINE

O alumnado do Club de Lectura asistiu o luns 4 de decembro a proxección da película Wonder.

 

Os rapaces desfrutaron moitísimo coa película e despois da proxección comentaron as diferencias co libro.  
      

REUNIÓN DO GRUPO DE CÓMIC

Os alumnos do Club de Lectura de Cómic leron neste trimestre Manga xaponés. Cada un levou una historia de Manga diferente. Na reunión comentan cos compañeiros o que lle pareceu a historia e recomenda ou non a súa lectura.  





AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 14 DE DECEMBRO
AULA DE PLÁSTICA

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES 13 DE DECEMBRO
BIBLIOTECA

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
XOVES 14 DE DECEMBRO
BIBLIOTECA

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  NOVELA ROMÁNTICA
MARTES 12 DE DECEMBRO
AULA PT

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA TEATRO
MARTES 12 DE DECEMBRO
BIBLIOTECA

viernes, 17 de noviembre de 2017

SAÍDA A VIGO

O mércores 15 de novembro visitamos o Museo do Mar de Vigo coa intención de contemplar o Pergamiño Vindel, un documento que contén as sete cantigas de Martin Codax e que está en moi bo estado de conservación. 
Foi moi emocionante para os rapaces e para as profesoras poder ver esta mostra da nosa lírica medieval. 



No seguinte enlace podedes ver máis fotos. Biblioteca Pazo de Mercé

PREPARACIÓN DA SAÍDA A VIGO

Os alumnos do Club de Lectura visitan Vigo para ver o Pergamiño Vindel. Antes da saída, Isabel, a profesora de galego, explícanos todo o relativo a este documento tan especial. También visionamos dous videos moi interesante sobre o tema.








REUNIÓN DO GRUPO DE POESÍA

Os integrantes do grupo de poesía reúnense para comentar os seus poemas favoritos.


Gisela, unha alumna de 4º ESO B, comenta dous poemas da obra "Masculino singular" de Carlos Negro.

Toy Story / Toy Story 2
Nestes dous poemas observase o sexismo que hai na sociedad simplemente dende a perspectiva dos xoguetes infantís.
Un boneco home conductor dun tractor, con pantalóns e bigote.
Unha boneca muller con saia rosa, lazos e flores.
Non cho di, pero a xente xa diría, o granxeiro para un neno e a boneca para unha nena.


miércoles, 15 de noviembre de 2017

AVISOS DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

As seguintes xuntanzas serán nas datas que se detallan a continuación:

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 23 DE NOVEMBRO
AULA DE PLÁSTICA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
VENRES 24 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA



REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 23 DE NOVEMBRO
AULA PT




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   
TEATRO
MARTES 21 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA

sábado, 4 de noviembre de 2017

OS INTEGRANTES DO CLUB REÚNENSE PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Os integrantes do Club de Lectura reúnense na biblioteca para celebrar o Samaín. Os alumnos degustaron unhas lambetadas terroríficas. As seguintes fotos demostran que as chuches tiveron moito éxito. Tamén o noso esqueleto desfrutou da festa. 









domingo, 29 de octubre de 2017

LECTURAS DO 1º TRIMESTRE

No primeiro trimestre leremos os seguintes libros:

Novela romántica: Por trece razones de Jay Asher


No puedes poner freno al futuro. Ni reescribir el pasado. La única forma de revelar los secretos es.... darle al «Play». Una caja, trece caras de casete, trece culpables y una víctima. Apenas han pasado dos semanas desde el suicido de Hanna, cuando Clay encuentra una misteriosa caja en la puerta de su casa. La caja contiene unos casetes que serán el comienzo de un perverso juego que involucrará a todos los responsables de la muerte de Hanna. Género de ficción juvenil.


Teatro:  As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares.


Velaquí unha das historias máis divertidas da literatura galega.

Unha historia para ler e para representar. Unha historia que se deixa estonar. Tan saborosa coma unha laranxa.

Cómic: Neste trimestre leremos cómic manga.


Os alumnos lerán cada un un título de cómic manga e despois faremos una posta en común. 

El autobús del amor. Maki Usami. 4 tomos.

El autobús del amor componse dun total de dezaseis historias protagonizadas por diferentes personaxes. Todas elas son historias diferentes, pero cun mesmo nexo común: o autobús como o escenario no que os personaxes viven os seus romances. 

Monster Hunter Orange. Hiro Mashima. 4 tomos.

Shiki, o cazador que porta as espadas duales do vento, está decidido a seguir as ensinanzas de Gurelli, o seu maestro. A fermosa e letal cazador Irie acaba acompañándole na súa viaxe, unidos por un vínculo do pasado. Este cómic é a adaptación dun viedoxogo. 
Yotsuba. Kiyohiko Azuma. 13 tomos.

Este cómic ten como protagonista a unha rapaza de cinco anos, ao sei pai e aos seus veciños, a familia Ayase, composta polos pais e tres irmás. Os libros constan de varias historias curtas moi divertidas.




Reloj de arena. Hinako Ashihara. 10 tomos.  

An Uekusa tiene 12 anos. Despois do divorcio dos seus pais, trasládase coa súa nai a vila dos seus avós, na prefectura de Shimane. Alí coñece aos que serán os seus mellores amigos: Daigo Kitamura e os irmáns Fuji e Tsukishima.



Wanted (One piece). Eiichiro Oda. 1 tomo.

GillBastar é o foraxido máis busacado da historia. Pola súa cabeza págase unha auténtica fortuna e resulta que agora está acosado por un fantasma. Este tomo é un recopilatorio de seis historietas publicado en Xapón no ano 1993.




Black Butler. Yana Yoboso. 25 tomos.

A aristrocrática familia Phantomhive posúe unha espléndida mansión e un próspero negocio, pero do que están máis orgullosos é do seu mordomo, un servente realmente... infernal.




Chopperman. Hirofumi Takei. 1 tomo. 

O encargado da enfermería do cole resulta ser... ¿¡medio humano, medio reno!? Un día o doutor Usodabada, no seu afán de conquistar o mundo, fai dano aos nenos que estudian na escola onde traballa Chopper, que se enfada e se converte en Chopperman, o defensor da xustiza que derrotará ao mal.



Rurouni Kenshin. Nobuhiro Watsuki. 28 tomos.

Na Kioto da tumultuosa época do fin do shogunato actuou un asesino do que todos decían que era o máis forte. O tempo pasa e, no ano 11 da Era Meiji (1878), ¿aparece nun torneo de artes marciais de Tokio o lexendario asesino Himura Battôsai?



Poesía: Neste trimestre leremos os seguintes libros de poemas.

Herido diario. Rayden David Martínez Álvarez


Cantares gallegos. Rosalía de Castro.


Carlos Negro. Masculino singular.



AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 9 DE NOVEMBRO
AULA DE PLÁSTICA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
VENRES 3 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 9 DE NOVEMBRO
AULA PT




REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   
TEATRO
MARTES 7 DE NOVEMBRO
BIBLIOTECA


OBRADOIRO DE CÓMIC

Os alumnos de obradoiro de cómic comezaron a súa actividade con moito entusiasmo. Nestas fotos podedes comprobalo:





martes, 24 de octubre de 2017

jueves, 19 de octubre de 2017

LER TEATRO NO XARDÍN


Os alumnos do Club de Lectura de Teatro reuníronse para ler a obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas debaixo dunha laranxeira.



miércoles, 18 de octubre de 2017

AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 26 DE OUTUBRO
AULA DE PLÁSTICA



REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES 25 DE OUTUBRO
BIBLIOTECA



REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
VENRES 27 DE OUTUBRO
BIBLIOTECA



REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   NOVELA ROMÁNTICA
MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO

AULA DE PT

lunes, 2 de octubre de 2017

O CLUB DE LECTURA REÚNESE DE NOVO

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do club reuníuse para escoller o seu xénero favorito. Houbo un grupo importante de lectores interesados no teatro e o cómic. A poesía e a novela tamén tiveron o seus adeptos.



miércoles, 6 de septiembre de 2017