miércoles, 22 de diciembre de 2021

FELICITACIÓN DE NADAL

O alumnado de FPB de Ofimática de Oficina 1º e 2º elaborou unhas postais de Nadal para felicitar as festas a todo o noso Instituto que foron expostas na entrada do Centro.

O alumnado empregou follas de calculo en Calc, pintando cela a cela cada unha individualmente, coma se fose pintar pixel a pixel ou tamén chamado coloquialmente "punto de cruz dixital". O alumnado tivo moita paciencia para realizar o traballo por iso todos recibiron un agasallo.



martes, 21 de diciembre de 2021

REUNIÓNS CLUB DE LECTURA

Acabamos o primeiro trimestre co alumnado do Club de Lectura. Publicamos fotos dalgunhas reunións celebradas nestes meses. 

Manga 1
Manga 2
Novela 1
Novela 2
Feminismo
Teatro



lunes, 13 de diciembre de 2021

MELLOR CLASE LECTORA PARA 3º PMAR

O alumnado de 3º ESO PMAR, que pertence ao Club de Lectura, recibiu un agasallo por ser a mellor clase lectora deste trimestre. Na foto posan co profesor do ámbito lingüístico y a súa titora. Falta unha alumna que recibirá o seu agasallo cando se incorpore ás aulas.





martes, 7 de diciembre de 2021

VISITA DE IRIA MISA

O xoves 2 de decembro a escritora Iria Misa visitou ao alumnado de 3º PMAR, que pertence ao Club de Lectura, para comentar con eles o seu libro Xa non estou aquí que leron na clase de ámbito socio lingüístico.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

O día 26 de novembro, o alumnado e profesorado do IES Pazo da Mercé das Neves acudiu a praza do concello para conmemorar con outros centros de ensino da vila o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Antes o alumnado do Club de Lectura feminista preparou esta efeméride na biblioteca buscando frases para confeccionar uns carteis reivindicativos.

Dúas rapazas do Club de Lectura feminista posan con dúas compañeiras cun dos carteis elaborado por elas.

Tres rapazas do Club de Lectura feminista posa con tres compañeiros con carteis reivindicativos da data que estamos a celebrar.

O alcalde das Neves le un manifesto contra a Violencia de Xénero diante do concello.