viernes, 30 de octubre de 2020

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Clásicos de Nadal para representar con nenos. Mara Barral.
Versións teatrais de textos de Andersen, Dickens e Wilde para representar co alumnado do Club de Lectura.

Novela grupo 2A: Avións de papel. Xabier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Novela grupo 2B: Cuando Hitler robó el conejo rosa. Judith Kerr.
A chegada de Hitler ao poder vai cambiar a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandoar o seu país e deixar moitas cousas queridas como o seu coello de veludo. Con el tamén quedou a súa infancia.

Novela grupo 1: A lenda do rei lobo. Xavier Estévez.

Berto é un rapaz normal. Gústalle ler, xogar, andar en bici e ruar pola cidade correndo detrás do seu can Teo. Cando a súa clase vai visitar unha exposición de dinosauros ao Museo de Historia empeza para el unha gran aventura. O roubo dun óso de dinosauro levará a Berto a enfrontarse a grandes perigos, a coñecer novos amigos e a mesturarse nunha historia que comezou na Idade Media. 

Literatura feminista: El encaje roto. Emilia Pardo Bazán.

Aínda que a súa faceta máis coñecida é a de novelista, Emilia Pardo Bazán foi, entre outras cousas, una fecunda autora de contos, dos que publicou arredor de seiscentos cincuenta. Un dos temas con maior presencia na súa obra contista é o da violencia exercida polos homes contra as mujeres, asunto este que tamén aparece nalgunhas das súas novelas e en varios dos seus artigos. Esta antoloxía, editada e prologada por Cristina Patiño Eirín, profesora da Universidad de Santiago de Compostela, reúne trinta e cinco dos contos de Pardo Bazán que xiran en torno a este tema. 

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler das novidades que adquiriu a biblioteca.
Literatura 2º PMAR. La Odisea. Homero.
La Odisea é o relato das aventuras de Odiseo durante a súa viaxe de regreso a Ítaca, despois de conquistar Troya. Odiseo é o modelo de heroe errante que se enfrenta á adversidade e, con forza, astucia e algunha axuda dos deuses, supera as duras probas e situacións que lle separan dos seus seres queridos, a súa fiel esposa Penélope e o seu fillo Telémaco e tamén da súa patria.

Literatura 3º PMAR. Scott y Amundsen. La conquista del Polo Sur.
El británico Robert Scott e o noruego Roald Amundsen tiñan moi poucas cousas en común pero compartían un soño: ambos ambicionaban ser o primeiro home en pisar o polo sur. Con ese propósito, a finais de 1911 os dous aventureiros emprenderon unha temeraria carreira sobre rexións inexploradas da Antartida. Durante catro meses percorreron a pé preto de 3000 kilómetros, ascenderon montañas por perigosos glaciares e tiveron que soportar temperaturas de -50ºC. 

Literatura FPB1. Retrincos. Castelao.
Castelao escribiu Retrincos co coidado e agarimo dun mestre artesán. Contos nados de vivencias que deixaron pegada no autor, o seu carácter autobiográfico fainos máis próximos e verdadeiros. Anacos de vida feitos literatura, contados coa sensibilidade requintada da tradición popular.

Literatura FPB2Relatos. Varios autores.






martes, 27 de octubre de 2020

DATAS DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

 Publico as datas das reunións de novembro e decembro.

Os días que quedan libres, serán ocupados se hai que cambiar algunha das reunións debido a algún imprevisto.






domingo, 4 de octubre de 2020

CLUB DE LECTURA CÓMIC MANGA

O alumnado do Club de Lectura de Cómic Manga recibe os libros que vai ler neste trimestre. A idea é que cada un reciba un cómic diferente e logo os intercambien, de xeito que todos lean todos os volumes e despois decidan cales son os seus favoritos.


COMEZA O CLUB DE LECTURA 2020-21

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club comunicáronse coa coordinadora a través do correo electrónico para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cos grupos de PMAR e FPB despois do éxito dos cursos anteriores.