lunes, 26 de diciembre de 2022

MELLOR CLASE LECTORA 1º TRIMESTRE

O alumnado de 2º ESO PMAR, que pertence ao Club de Lectura, recibiu un agasallo por ser a mellor clase lectora deste trimestre. Na foto posan na biblioteca. Faltan dúas alumnas que recibirán o seu agasallo cando se incorporen ás aulas.

PARABÉNS!

martes, 22 de noviembre de 2022

CLUB DE LECTURA DE NOVELA 2

O alumnado do Club de Lectura de novela 2 reúnese para comentar o libro: Cartas a Leonor de Rosa Huertas. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.




domingo, 13 de noviembre de 2022

SAMAÍN 2022

O alumnado de 2º PMAR, que pertence ao Club de Lectura, adorna a Biblioteca para o Samaín.

Na celebración do Samaín, alumnado do Club posa para a cámara cos seus disfraces.
O alumnado do ciclo de FPB2, que pertencen ao Club de Lectura, fixo unhas postais de Samaín en diversas linguas. As mellores resultaron preimadas.

CLUB DE LECTURA MANGA 3

O alumnado do Club de Lectura de Manga 3 reúnese para comentar os primeiros libros do Cómic que están lendo: A Silent Voice. 






jueves, 3 de noviembre de 2022

ALUMNADO FPB1

O alumnado de FPB1 posa para a foto. Este alumnado está incluído no Club de Lectura e as reunións celébranse os xoves a 5ª e 6ª hora na Biblioteca coa súa profesora de Comunicación e Ciencias Sociais. Acabaron de ler o libro: Atranco no banco de Manuel Núñez Singala e agora escolleron un libro cada un e nas próximas semana farán lectura libre. 



CLUB DE LECTURA FEMINISMO

O alumnado do Club de Lectura de Feminismo reúnese para recoller o libro que imos ler neste trimestre: Carta de una desconocida. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.



jueves, 27 de octubre de 2022

CLUB DE LECTURA TEATRO

O alumnado do Club de Lectura de Teatro reúnese para ler e interpretar a obra de teatro: La visita del inspector. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.



lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DA BIBLIOTECA

Ariadna, alumna de 3º ESO B, do Club de Lectura de Manga, foi unha das gañadoras do Concurso: Principios de Novela. Para máis información podedes entrar no seguinte enlace.
Noraboa!

viernes, 21 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS. CLUB DE LECTURA FEMINISTA.

No noso Centro o alumnado do Club de Lectura de Feminismo de 3º ESO B realizou unha representación disfrazados das protagonistas das súas novelas preferidas, falaron delas e das creadoras que as fixeron posibles. 

O alumnado traballou moitísimo na preparación desta actividade, prepararon os textos, buscaron os traxes, ensaiaron e gravaron o vídeo. Foron ás clases de 1º, 2º e 3º de ESO e realizaron a súa representación. Tiveron moito éxito.  

Aquí tedes un vídeo coa representación e un conxunto de fotos do evento.


As alumnas do Club de Lectura de Feminismo de 3º ESO A realizaron uns carteis coas súas escritoras favoritas, protagonistas da representación que levou a cabo o alumnado de 3º B.

miércoles, 19 de octubre de 2022

CLUB DE LECTURA MANGA 2

O alumnado do Club de Lectura de Manga 2 reúnese para comentar os primeiros libros do Cómic que están lendo: Metamorfosis BL. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.





CLUB DE LECTURA DE MANGA 1

O alumnado do Club de Lectura de Manga 1 reúnese para comentar os primeiros libros dos Cómics que están lendo: Yotsuba, Guardianes de la noche. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club. 








CLUB DE LECTURA DE POESÍA

No Club de Lectura de Poesía, o alumnado lerá poemas musicados de varios autores. A continuación deixamos dous exemplos.

Palabras para Julia de José Agustín Goytisolo.
Interpretación de Paco Ibáñez.

Cantiga: Eu velida non durmía. Versión de Amancio Prada.


martes, 18 de octubre de 2022

CLUB DE LECTURA DE NOVELA 1

O alumnado do Club de Lectura de novela 1 reúnese para comentar os primeiros capítulos do libro: Cómo robe la manzana más grande del mundo de Fernando Lalana. Posan para a foto acompañados da coordinadora do Club.
O alumnado está moi contento co libro escollido e ademais recibirán a visita do autor no mes de marzo.

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La visita del inspector. J.B.Priestley.
Un inspector de policía preséntase no domicilio da familia Birling, interrompe a animada cea con que celebrar o compromiso matrimonial de Sheila e indaga a implicación dos comensais no suicidio dunha rapaza. A obra desenvolve unha trama que progresa como un mecanismo de reloxería na que o habilísimo manexo do suspense non consegue sufocar unha mensaxe de profundo calado moral: todos formamos parte do mesmo corpo social e somos responsables do que lles sucede aos demais.

Novela grupo 1: Cómo robé la manzana más grande del mundo. Fernando Lalana.
Convalecente da epidemia de 1967, a miña familia envioume para recuperarme a Congedo, a vila da miña avoa Maravillas. Alí descobrín que unha estraña maldición estaba matando o val e que a culpa parecía se do señor Emilka, o tipo máis misterioso e sinistro que podades imaxinar. Iso si, tiña un coche moi bonito e lle encantaban as películas de Tarzán. 

Novela grupo 2: Cartas a Leonor. Rosa Huertas.
Lola ten quince anos, moitas ganas de comerse o mundo e poucas de aguantar á súa familia.
Pero a pandemia pon a súa vida do revés… Da noite para a mañá, a súa avoa trasládase a vivir á súa casa e Lola pasa moitas tardes con ela; ao principio, sen ganas. A avoa comezou a esquecer e non quere que o seu gran e secreta historia de amor caia no esquecemento. Por iso, cada día cóntalle a Lola os recordos da súa vida, para que con ela a súa historia continúe viva. E Lola descobre moitas cousas da súa avoa, como a súa fascinación por Campos de Castela, de Antonio Machado.

Literatura feminista: Más allá de Austen. Ana Cemborain Pérez e Cristina Blanco Vázquez.
Nunha sociedade marcada pola literatura exclusivamente masculina, un grupo de mulleres desafiou as normas escritas e marcou un novo horizone que se prolongou ata hoxe. Jane Austen foi só a primeira de moitas outras escritoras que hoxe se converteron en lendas. 
Este libro traza unha viaxe por todas aquelas que superaron esa sensibilidade romántica e plasmaron as súas preocupacións persoais en novelas memorables. A través de retratos acompañados de ilustracións simbólicas, descubrimos como o tormento de Mary Shelley, a sinceridade de Alcott ou a impotencia das irmás Brontë converteron a súa vida e a súa literatura nun legado inesquecible.
Dez vidas cheas de desgrazas, obstáculos e angustias que, grazas ao seu talento para escribir, se alzaron como grandes profesores de literatura.

Carta de una desconocida. Stefan Zweig.
Un afamado e mullereiro escritor non recoñece a caligrafía da carta que recibe unha mañá. Para a súa sorpresa, a remitente é unha muller desesperada disposta a declararlle antes de morrer o seu amor secreto, e case obsesivo, escondido durante moitos anos.
Manga 1: Neste trimestre lerán 2 series.

Manga 2: 
Neste trimestre lerán.
Manga 3: Neste trimestre leran.

Poesía. Antoloxía de poemas de varios autores.
O alumnado do Club de Lectura de poesía lerá varios poemas musicados de diversos autores. 
Literatura 2º PMAR. Os vellos non deben de namorarse. Castelao.
Os amores de anciáns e rapazas, un tema popular para unha farsa de gran influencia no teatro galego.
Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega agora esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao.
Literatura FPB1. Atranco no banco. Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.
Literatura FPB2. Cada alumno escolleu un libro diferente.