domingo, 25 de febrero de 2018

TAM

Os alumnos e alumnas do Club de Lectura de Cómic do noso Instituto están de noraboa. Acaba de saír publicado o primeiro Manga en Galego. 

A autora é unha rapaza nova que se fai chamar "Anémona de Río", alumna do Garaxe Hermético, que é unha escola profesional de Banda Deseñada e Ilustración.
Tam conta a historia dunha rapaza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos alumnos estudantes. A partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo da moda entre os gustos da xuventude.
A autora presentou a súa obra na tenda de Comics "Banda Deseñada" de Vigo. Aquí vos deixo unhas fotos da xornada. Ademais firmou un exemplar para a nosa Biblioteca.



DÍA DE ROSALÍA

O venres 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no noso Instituto. Para conmemorar esta efeméide efeméride, degustamos un delicioso caldo de gloria amenizado coa actuación de varios alumnos e alumnas que leron poemas da homenaxeada. Rematamos o acto cunha actuación musical do grupo espantaxabarís. Neste montaxe podedes ver fotos da festa
Neste día tan especial houbo caraveis para os mellores lectores.

AVISO DE PRÓXIMAS REUNIÓNS

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  OBRADOIRO DE CÓMIC
XOVES 1 DE MARZO
AULA DE PLÁSTICA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   CÓMIC
MÉRCORES  28 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA   POESÍA
VENRES 2 DE MARZO
BIBLIOTECA

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA  NOVELA ROMÁNTICA
XOVES 1 DE MARZO
AULA PT

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA TEATRO
LUNS 26 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA

miércoles, 14 de febrero de 2018

CELEBRANDO O ENTROIDO

Os alumnos do Club de Lectura celebran o Entroido con orellas e baile. Aos amantes da lectura tamén nos gusta a festa.










miércoles, 7 de febrero de 2018

ANIVERSARIO NO CLUB DE LECTURA

No club de lectura de teatro celebramos o aniversario dun dos integrantes. Na celebración houbo larpeiradas e baile. Comprobádeo nas fotos e no vídeo.







domingo, 4 de febrero de 2018

REUNIÓN DO GRUPO DE TEATRO

Os rapaces e rapazas do grupo de teatro pasanno moi ben coas obras de teatro escollidas de Gloria Fuertes.






DÍA DA PAZ 2018

O martes, 30 de xaneiro celebramos na Biblioteca do noso Centro o día da Paz cunha homenaxe a escritora Gloria Fuertes. Moitos alumnos do Club de Lectura participaron neste acto cultural.