domingo, 25 de febrero de 2018

TAM

Os alumnos e alumnas do Club de Lectura de Cómic do noso Instituto están de noraboa. Acaba de saír publicado o primeiro Manga en Galego. 

A autora é unha rapaza nova que se fai chamar "Anémona de Río", alumna do Garaxe Hermético, que é unha escola profesional de Banda Deseñada e Ilustración.
Tam conta a historia dunha rapaza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos alumnos estudantes. A partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo da moda entre os gustos da xuventude.
A autora presentou a súa obra na tenda de Comics "Banda Deseñada" de Vigo. Aquí vos deixo unhas fotos da xornada. Ademais firmou un exemplar para a nosa Biblioteca.



No hay comentarios:

Publicar un comentario