domingo, 9 de octubre de 2016

CÓMIC MANGA

O Club de Lectura adquiriu a finais do curso pasado varias coleccións de Cómic Manga para os alumnos interesados no tema. 
A continuación podedes consultar esta relación de lecturas:

El autobús del amor. Maki Usami. 4 tomos.

El autobús del amor componse dun total de dezaseis historias protagonizadas por diferentes personaxes. Todas elas son historias diferentes, pero cun mesmo nexo común: o autobús como o escenario no que os personaxes viven os seus romances.



Monster Hunter Orange. Hiro Mashima. 4 tomos.

Shiki, o cazador que porta as espadas duales do vento, está decidido a seguir as ensinanzas de Gurelli, o seu maestro. A fermosa e letal cazador Irie acaba acompañándole na súa viaxe, unidos por un vínculo do pasado. Este cómic é a adaptación dun viedoxogo.


Marmalade Boy. Wataru Yoshizumi. 6 tomos.

Todo comeza cando os pais de Miki lle comunican que se van divorciar. Coñeceron outro matrimonio, o amor xurdiu entre eles e decidiron intercambiar as parellas. Van vivir todos xuntos nunha mesma cosa: as dúas novas parellas, Miki e o guapísimo fillo adolescente dos Matsura, Yü.



Random Walk. Wataru Yoshizumi. 3 tomos.

Yuka Kunimoto é unha rapaza de 15 anos que se muda ao piso contiguo ao habitado polo seu pai pois este casou por terceira vez e Yuka quere concederlle intimidade a el a a súa nova esposa. Seguindo os consellos do pai para ser no futuro unha muller moderna e atractiva, Yuka pretende atopar o gran amor da súa vida tendo varios mozos aínda que teña que contar con eles e sufrir. Apoiada polos seus amigos Touko, Hiro e Katsura, que tamén desexan atopar o amor, e os consellos do seu medio irmán Towa, Yuka propoñe cumprir o seu soño.





O CLUB DE LECTURA REÚNESE DE NOVO

Os alumnos veteranos do club de lectura volveron a reunirse e deron a benvida aos alumnos novos. Ademais escolleron o seu xénero favorito. Houbo un grupo importante de lectores que escolleron a poesía, aínda que predomina a novela romántica e de misterio. 



Na foto aparecen algúns dos alumnos do club. Outros son tímidos e non quixeron posar.
A foto foi realizada por Iván Nicolao.