domingo, 18 de mayo de 2014

Celebración do día das Letras Galegas 2014

O día 16 de maio, o noso instituto celebrou o día das Letras Galegas cun recitado de poemas de Xosé María Díaz Casrtro, o homenaxeado este ano.

Algúns alumnos do Club de Lectura participaron nesta actividade. 


A presentadora do acto foi Laura Gil, alumna de 2º de Bacharelato e membro do Club.


Na foto anterior, catro alumnos do Club de Lectura: Silvia, Lucía, Santiago e Aroa recitan xunto a outros dos seus compañeiros de 3º A un poema de Díaz Castro titulado "Coma un río"

Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos non está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:
que non é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!

E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…


Os alumnos de 3º B recitaron o poema "Coma brasas". Na foto aparece Verónica, membro do Club.

Poeta eu non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.


Eí están, coma brasa contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.


¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa do mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.


Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabaras lles darei para que se entendan…


Marta Marino, alumna de 4º A e membro do Club de Lectura, recita xunto a tres dos seus compañeiros o poema Penélope.

 Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

viernes, 9 de mayo de 2014

Mercedes Salisachs

A escritora barcelonesa Mercedes Salisachs faleceu onte aos 97 anos de idade. Neste enlace podedes coñecer a biografía e a obra desta prolífica escritora.

 
Algunhas das súas obras son:
 
Primera mañana, última mañana (1955) A súa primeira novela.
Con esta primeira novela, Mercedes Salisachs reflicte non só as dramáticas situacións dun personaxe abocado a un fututo que hoxe xa é presente, senón que tamén nos describe a dor calada e os erros que ás veces poden acentuar o sufrimento ata desintegrar a razón humana.


Una mujer llega al pueblo (1956) Premio Ciudad de Barcelona.
Mercedes Salisachs conta a historia do retorno á súa aldea dunha muller embarazada. Este libro foi censurado e non se publicaría ata o ano seguinte.

  
La estación de las hojas amarillas (1963)
Cun estilo lixeiro pero afondando nas reaccións humanas, a autora expón, con extraordinaria hablilidade, as esixencias e reaccións da idade outonal, representada por dúas irmás xemelgas cuxas características, aínda que aparentemente diverxentes, son idénticas no fondo.

 
Adagio confidencial (1973) Obra finalista do Premio Planeta.
O relato desenvolve o encontro casual entre un home e unha muller despois de vinte anos de separación. O diálogo que ambos os dous sosteñen non só os transporta ao pasado, senón que vai descubríndolles pouco a pouco facetas dun presente que tanto un como o outro consideraban distinto.


La gangrena (1975) Obra gañadora do Premio Planeta.
A novela narra a vida de Carlos Hondero dende a súa nenez nos anos de Ditadura ata os anos 70 en que acabou por converterse nun home rico e poderoso, pero tamén é a historia mesma de España. É a novela máis famosa da autora.


El último laberinto (2004) Gañadora do Premio de novela Fernando Lara.
É unha novela sobre a traizón e o perdón. Ao final do labirinto da inxustiza só nos queda escoller entre a vinganza ou o perdón. Jenaro é un profesor universitario capaz de amar por enriba dos prexuízos da súa época, e a quen a vida recompensou a súa xenerosidad. Non obstante, non está preparado para encaixar o golpe máis baixo, o que só poden inflixirnos aqueles nos cales máis confiamos: a traizón, que só retrospectivamente nos permite descubrir cales son os nosos aliados incondicionais.

 
Goodbye, España (2009) Pemio de novela histórica Alfonso X el Sabio. 
Esta novela retrata a vida da raíña Victoria Eugenia de Battenberg, esposa de Alfonso XIII.
 

El caudal de las noches vacías (2013) A súa última novela.
Esta é a novela máis emotiva da autora. Relata unha tráxica historia de amor entre dúas persoas pertencentes a mundos moi diferentes.O pai Guillermo, un mozo culto e de profunda vocación relixiosa, coñecerá a Lidia, unha nai divorciada de 40 anos que ten ao seu cargo un fillo adolescente.



jueves, 1 de mayo de 2014

¡Yotsuba!

A biblioteca mercou os doce números do manga ¡Yotsuba! do mangaka Kiyohiko Azuma.


No seguinte enlace podedes saber máis cousas deste divertido cómic que ten como protagonista a unha rapaza de cinco anos, ao seu pai e aos seus veciños, a familia Ayase, composta polos pais e tres irmás.

Cada libro consta de varias historias curtas moi divertidas, xa que Yotsuba é unha nena sociable e moi curiosa e acaba convertendo calquera cousa nunha aventura.

Vale a pena achegarse a biblioteca e ler este manga. Pasaredes un rato divertido.