viernes, 14 de junio de 2013

O gran Gatsby Que facemos cos clásicos?

Cartel para la película El Gran Gatsby

Que facemos cos clásicos? Como os podemos aproximar ao público do s. XXI sen perder nada da súa excepcionalidade? Se pode adaptar un clásico  sen que se perda nin un ápice da súa calidade?

Unha resposta a temos na adaptación ao cine do clásico da literatura norteamericana "O gran Gatsby" de F. Scott Fitzgerald  que nos presenta o director da película Baz Luhrman.
Sen perder de vista a narración da obra orixinal, Luhrman apórtalle un toque actual a partires da interesantísima banda sonora, tal e como xa fixera con algunhas das súas anteriores películas (Romeo+Julieta, Moulin Rouge). Novela e a película ambientase nos felices anos vinte, nun Estados Unidos que  vive un momento de preponderancia política, de expansión económica que parece non ter límite, e por extensión, de frivolidade, e excitación sen límites. Os protagonistas pululan entre festa e festa, ata a extenuación. Lurhman utiliza sonido electrónico da mellor festa de ibiza.

Baz Luhrman, audaz e atrevido,  xa nos sorprendera ca adaptación de "Romeo e Xulieta" onde tamen aparecía Leonardo di Caprio como protagonista, ou en "Moulin Rouge".  Pero el, non é único que se atreve cos quebrantos históricos, Sofía Coppola introduciu na súa película "María Antoniette" música actual.

Aquí vos deixo algunhas das cancións da película Over the Love de Florence & The Machine 

E outra que pertence a unha das múltiples festas que celebra Gatsby cun ritmo electrónico moi suxerente e envolvente.

martes, 11 de junio de 2013

Menú de poesía. Juan Bonilla


Imos cun novo menú, esta vez dun poeta, novelista e traductor andaluz. Que vos preste!


EPITAFIO DEL ENAMORADO


Si alguien quiere escribir mi biografía
no hay nada más sencillo.
Dispone de dos fechas solamente:
la del dia en que te conocí
y la del que te fuiste.
Entre una y otra transcurrió mi vida.
Lo que ocurriera antes, lo olvidé.
Lo que suceda ya, carece de importancia.


JUAN BONILLA
El Belvedere
(2001)







(Jerez de la Frontera 1966) Estudou periodismo en Barcelona e colaborou en varios xornais e revistas, exercendo tamén a crítica literaria. Compaxina a súa labor de creación literaria (publicou por primeira vez en 1996), coa tradución, e é columnista e reporteiro do xornal El Mundo, ademais de director da revista Zut. No ano 2003, obtivo o Premio Biblioteca Breve.

É autor de poemas, relatos curtos, novelas e recompilacións de artigos xornalísticos.
Acaba de publicar a súa derradeira novela “Prohibido entrar sin pantalones” en Seix Barral, unha biografía novelada de Maikovsky.

sábado, 1 de junio de 2013

Imos ao cine



O club de lectura imos ao cine o luns 3 de Xuño pola tarde. A película elexida é "El gran Gatsby" baseada no libro do mesmo nome escrito por  F.Scott Fitzgerald. A emoción dos alumnos é moi grande, xa que a posibilidade de ir ao cine na comarca é nula.