viernes, 14 de junio de 2013

O gran Gatsby Que facemos cos clásicos?

Cartel para la película El Gran Gatsby

Que facemos cos clásicos? Como os podemos aproximar ao público do s. XXI sen perder nada da súa excepcionalidade? Se pode adaptar un clásico  sen que se perda nin un ápice da súa calidade?

Unha resposta a temos na adaptación ao cine do clásico da literatura norteamericana "O gran Gatsby" de F. Scott Fitzgerald  que nos presenta o director da película Baz Luhrman.
Sen perder de vista a narración da obra orixinal, Luhrman apórtalle un toque actual a partires da interesantísima banda sonora, tal e como xa fixera con algunhas das súas anteriores películas (Romeo+Julieta, Moulin Rouge). Novela e a película ambientase nos felices anos vinte, nun Estados Unidos que  vive un momento de preponderancia política, de expansión económica que parece non ter límite, e por extensión, de frivolidade, e excitación sen límites. Os protagonistas pululan entre festa e festa, ata a extenuación. Lurhman utiliza sonido electrónico da mellor festa de ibiza.

Baz Luhrman, audaz e atrevido,  xa nos sorprendera ca adaptación de "Romeo e Xulieta" onde tamen aparecía Leonardo di Caprio como protagonista, ou en "Moulin Rouge".  Pero el, non é único que se atreve cos quebrantos históricos, Sofía Coppola introduciu na súa película "María Antoniette" música actual.

Aquí vos deixo algunhas das cancións da película Over the Love de Florence & The Machine 

E outra que pertence a unha das múltiples festas que celebra Gatsby cun ritmo electrónico moi suxerente e envolvente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario