sábado, 26 de abril de 2014

Homenaxe a Gabriel García Márquez

Os membros do Club de Lectura do IES Pazo da Mercé queremos homenaxear ao escritor hispanoamericano Gabriel García Márquez co motivo do seu pasamento o pasado xoves 17 de abril. Neste enlace accededes á páxina do blog de literatura "La fragata de papel" onde atoparedes un vídeo sobre a súa traxectoria vital e literaria. Se queredes ler a súa biografía, coñecer os seus libros e atopar enlaces que vos levaran a outras páxinas sobre o autor, podedes clicar aquí.


miércoles, 23 de abril de 2014

Elena Poniatowska

A escritora Elena Poniatowska recibiu no día de hoxe o Premio Miguel de Cervantes 2013.

Esta imaxe representa o momento no que le o discurso de aceptación do premio. No seguinte enlace podedes ler o discurso íntegro centrado nos marxinados, nas mulleres e en América Latina. Se preferides escoitalo, aquí o podedes facer.

É importante destacar que é a cuarta muller en recibir este galardón, o máis importante das letras hispnoamericanas, concedido desde o ano 1977. As outras tres mulleres galardonadas foron: María Zambrano en 1989, Dulce María Loynaz en 1993 e Ana María Matute en 2011. Ademais destas catro mulleres, houbo 35 homes.

lunes, 14 de abril de 2014

Noite de voraces sombras

Os alumnos de 3º de ESO van ler o libro Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz.



O libro ten como protagonista a Sara, unha moza de dezaseis anos, e narra os acontecementos que durante unhas vacacións na casa da avoa lle axudarán a enfrontar a vida dun xeito distinto. No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible histora de amor e desamor que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Unha emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Na novela faise referencia a Illa de San Simón, xa que un dos personaxes estivo recluído no cárcere da illa durante a posguerra. 

 
Tamén Xulio Verne sentiuse fascinado pola illa na súa visita a ría de Vigo. Na súa honra erixiuse unha estatua que representa ao capitán Nemo e ao Nautilus.
 


martes, 8 de abril de 2014

Cando Verne amarrou en Vigo

Os alumnos de 1º e 2º de ESO están lendo o libro: Cando Verne amarrou en Vigo de Paco Climent.

O libro ten como protagonista a Pepe Valera, un rapaz que, coa axuda de don Wescenlao e Bruno, pretende protexer os restos dos galeones españois afundidos na ría de Vigo trala batalla de Rande en 1702, do espíritu de rapiña de compañías extanxeiras saqueadoras de tesouros. A novela está ambientada no último tercio do século XIX e nela atopamos personaxes famosos da época como Xulio Verne, que estivo de visita en Vigo nesa época, e Sanjurjo Badía, inventor dunha especie de submarino.
A continuación inxerto unhas imaxes do submarino de Sanjurjo Badía, que se atopa no museo do mar de Vigo.



 Xulio Verne estivo en Vigo en dúas ocasións, en 1878 e en 1884. Neste enlace tedes máis información. Ademais no capítulo XIV do libro de Vinte mil leguas de viaxe submarino, o narrador francés escribe que Nemo extrae a súa fortuna dos galeóns afundidos na batalla de Rande. No seguinte enlace podedes ler ese capítulo. A continuación inserto un fragmento:

"Das caixas e dos barrís escapábanse lingotes de ouro e prata, fervenzas de piastras e de xoias. O fondo estaba semantado deses tesouros. Cargados do precioso botín, os homes regresaban ao Nautilus, depositaban nel a súa carga e volvían emprender aquela inesgotable pesca de ouro e de prata".

Aquí tendes unha foto do monumento a Xulio Verne no Náutico.