jueves, 29 de diciembre de 2016

LECTURAS 1º TRIMESTRE

Neste 1º trimestre lemos os seguintes libros:

Novela negra: La chica del tren.



Estabas no tren das 8.04? Viches algo sospeitoso? Rachel, si.

Rachel toma sempre o tren das 8.04 h. Cada mañá o mesmo: a mesmo paisaxe, as mesmas casas?  e a mesma parada no sinal vermello.

Son só uns segundos, pero que lle permíten observar a unha parella almorzando tranquilamente na súa terraza. Sente que os coñece e inventa uns nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida é perfecta, non como a súa. Pero un día ve algo. Acontece moi deprisa, pero é suficiente. E se Jess e Jason non son tan felices como ela cre? E se nada é o que parece?

Ti non  a coñeces. Ela a ti, si.

 E se che gusta o libro podes volver gozar da historia vendo a película da que te ofrecemos un adianto.



Novela romántica: El año de la venganza.




Tras un ano desastroso, Valentina é forzada a cambiar de escola. Ten unha nova oportunidade de confrontar os seus medos e complexos. Todo parece ir ben, novos amigos, boas notas, e mesmo aprende a manexar o divorcio dos seus pais. Ata que dous secuestros ocorren no seu contorno. Pero ela ten unha sospeita, e está disposta a descobrir ao culpable.


Novela romántica: Rebeca.


Os alumnos de 2º de Bacharelato leron este libro que xa o traballaron algúns alumnos de Bacharelato no ano 2014. Na entrada do 30 de marzo do 2014 tedes máis información sobre esta novela e a película baseada no libro.


Cómic: El invierno del dibujante.


Paco Roca investiga en El invierno del dibujante a saída dos autores estrela da editorial Bruguera para fundar, en tempos escuros, unha revista que lles fixera máis libres.


Teatro: O achado do castro.



O autor lévanos a Roma antiga, máis faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo menos espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inuaditas e, sobre todo, unha lectura engalioante.


Poesía: Antoloxía de poemas de Miguel Hernández e Manuel María.