martes, 31 de diciembre de 2019

CHARLA DE MARÍA SOLAR

O pasado luns 16 de decembro, o alumnado do Club de Lectura de novela participou nunha charla da escritora María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola".
A charla tivo lugar no IES Luís Seoane da cidade de Pontevedra e acudiron 5 centros de ensino.
Esta actividade foi organizada polas Escolas UNESCO, o Club de Lectura e o departamento de Lingua Galega para homenaxear a figura da coruñesa Isabel zendal considerada a primeira enfermeira da historia en misión.

domingo, 15 de diciembre de 2019

O CLUB DE LECTURA DE MANGA RECIBE POSTAIS DE NADAL

O alumnado do Club de Lectura de Manga, recibe unhas postais de Nadal dos rapaces e rapazas de infantil do CEIP Igrexa-Chapela, como agradecemento polos vídeos de lectura de contos que os nosos alumnos e alumnas gravaron para eles.

O noso alumnado agradeceu o agasallo cun vídeo.

lunes, 9 de diciembre de 2019

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Teatro para contistas. Heidi Kühn-Bode.
Como podemos incorporar as obras de teatro nas clases? Heidi Kühn-Bode expón seis obras de teatro de fácil interpretación nas aulas, animando a todos os mestres e mestras a realizar unha actividade diferente e atractiva, que permitirá aos nenos e nenas soñar, á vez que adquiren organización e independencia.

Novela, grupo 2: El misterio de la calle de las Glicinas. Núria Pradas.
Á saída do traballo, Marc acode a súa cita con Elena, a su moza. Unha rapaza de melena negra crúzase no seu camiño. Marc síguea e nunca chega ao seu destino… A policía abre unha investigación para esclarecer a desaparición de Marc, pero o seu irmán e Elena non poden quedarse de brazos cruzados. Coa axuda de Delia acabarán descubrindo unha turbia intriga.

Os nenos da varíola. María Solar.
No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade.

Novela, grupo 1: Capitán araña. Rafael Lema.
Chámome Roi. Nacín no ancoradoiro de Sabadelle, a poucas millas do cabo Vilán. O meu pai, que foi combater a América, contoume tantas historias que me botou no peito a febre da navegación. así vivín ata que un malfadado día, Arripai, o pirata máis sanguinario e terrible dos mares, atacou a nosa costa. Desembarcou en Fisterra, onde saqueou e desfixo o fortín con grande matanza de homes e mulleres. Cómo non ía eu devecer polo mar, por enrolarme nun navío para acadar un aro na orella e atravesar os océanos?

Cómic Manga: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga para ler dos que temos na nosa biblioteca.
Literatura feminista: Neste trimestre lemos artigos de revistas e periódicos relativos ao tema da igualdade entre homes e mulleres.
Literatura 2º, 3º PMAR. La Odisea de Homero.

La Odisea é o relato das aventuras de Odiseo durante a súa viaxe de regreso a Ítaca, despois de conquistar Troya. Odiseo é o modelo de heroe errante que se enfrenta á adversidade e, con forza, astucia e algunha axuda dos deuses, supera as duras probas e situacións que lle separan dos seus seres queridos, a súa fiel esposa Penélope e o seu fillo Telémaco e tamén da súa patria.

Literatura FPB1,2. Relatos de varios autores.





CLUB DE LECTURA DE CÓMIC

O alumnado do Club de Lectura de Cómic reuníuse hoxe non para falar dos seus mangas favoritos, senón para decorar a Biblioteca. Quedou preciosa.


CLUB DE LECTURA DE TEATRO

O alumnado do Club de Lectura de Teatro desfruta moito coa lectura dramatizada dun texto teatral. 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE NOVELA

Tres rapaces do Club de Lectura de Novela 1 posan co libro que leron neste trimestre.
Aquí posan nunha das reunións onde houbo uns petiscos para amenizar a charla.
O alumnado do Club de Lectura de Novela 2 tamén tiveron a súa particular festa mestres comentaban un dos dous libros que leron neste trimestre.