sábado, 22 de febrero de 2014

Reunión do Club de Lectura - 1º, 2º de ESO


Os alumnos de 1º e 2º de ESO escollen novo libro, despois de rematar coa lectura de "Os Megatoxos". Debido a diferencia de nivel entre 1º e 2º, decidimos que os de 1º de ESO lean o libro "Rapazas" de Agustín Fernández Paz e os de 2º que escollan algún dos libros novos que mercamos para o club.



¿Que estraña misión trae a unha extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro. Seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada adolescencia.



Esta é a ligazón para que poidades acceder ao blog do autor, Agustín Fernández Paz. Clicade aquí


A continuación, inclúo dúas fotos da reunión.



 

miércoles, 19 de febrero de 2014

Últimas adquisicións

O Club de Lectura mercou novos libros para os alumnos. Algúns foron suxerencias do propio alumnado e outros escollidos polas profesoras que participan no Club.
A continuación inclúo a lista dos libros cun resumo e unha imaxe.

El mañana empieza hoy. Cecilia Ahern.


Tamara ten dezaseis anos, e é rica e caprichosa. Moi rica e moi caprichosa. Vive nunha mansión cos seus pais e o que máis lle gusta é ir de compras coas súas amigas. A súa vida toma un escuro xiro cando o seu pai, atordado polas débedas, decide suicidarse. Tamara e a súa nai, sen casa nin diñeiro, terán que mudarse a vivi r ao campo con Rosaleen e Arthur, uns primos un tanto especiais. A vida alí é tranquila, sinxela e saudable, tres cousas que Tamara odia profundamente. Pero o descubrimento dun caderno máxico, no que aparece escrito o que vai acontecer ao día seguinte, cambiará a Tamara para sempre. Nas súas páxinas encontrará que tras a aburrida aparencia da vida campestre, Rosaleen e Arthur esconden un terrible segredo que a levará a coñecer a verdade sobre ela mesma e a súa familia.

Un paseo para recordar. Nicholas Sparks. 


Cada mes de abril, cando o vento sopra dende o mar e se mestura co aroma das lilas, Landon Carter recorda o seu último ano no instituto Beaufort. Era 1958 e Landon xa tivera unha ou dúas noivas. Xuraba, mesmo que xa se namorara. E é entón cando Jamie Sullivan, a filla do pastor baptista do pobo, entra na súa vida. Jamie era unha rapaza calada, que sempre levaba a Biblia entre os seus libros para o colexio, e que parecía contenta vivindo nun mundo á parte do resto dos adolescentes: coidaba do seu pai viúvo, rescataba animais abandonados e era voluntaria no orfanato. Ningún rapaz lle pedira unha cita xamais. Non obstante, un xiro do destino fixo que Jamie se convertese na parella de Landon para o baile, o que cambiaría a vida do rapaz para sempre.

Persuasión. Jaen Austen. 


Última novela da autora, publicada póstumamente en 1818, Persuasión narra a historia dunha muller na súa madureza, unha muller sensible, paciente e menosprezada, que, anos despois de rexeitar, persuadida por un mal consello, ao home que amaba, ve como este reaparece na súa vida, rico e honorable pero aínda desleitado. Unha muller, en suma, que quizais por primeira vez na historia da novela debe loitar para que o amor lle conceda unha segunda oportunidade.

Sombras. Marta Rivera de la Cruz.


Valeria chega a Bline, unha pequena viliña nas montañas, disposta a comezar unha nova vida. O pobo parece idílico. Non obstante, Valeria pronto descobre que hai algo escuro nel. Ademais, dende a súa chegada, posúe unha estraña habilidade que lle revela, en forma de visións, segredos dos seus habitantes; e empeza a sentirse irremediablemente atraída por Víctor, un aposto compañeiro do instituto que tamén esconde unha historia...

En tiempo de prodigios. Marta Rivera de la Cruz.



Cecilia é a única persoa que visita a Silvio, o avó da súa mellor amiga. Silvio Rendón é un octoxenario que garda celosamente o misterio dunha vida de lenda que nunca quixo compartir con ninguén.
A través dunha caixa de fotografías, Silvio vai dando a coñecer a Cecilia a súa fascinante historia xunto a Zachary West, un singular norteamericano cuxa chegada a Ribanova cambiou o destino dos que o trataron. De man de West, Silvio descubrirá todo o horror desencadeado polo ascenso do nazismo en Alemaña e o drama dos xudeus trasladados aos guettos e deportados aos campos de concentración, pero tamén a sacrificar a propia vida en nome da amizade e dos ideais.
Cecilia, sumida nunha profunda crise persoal tras perder a súa nai e romper coa súa parella, encontrará en Silvio un amigo e un aliado para reconstruír a súa vida.


Tiempo de arena. Inma Chacón.


No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo, clama desesperadamente polos seus fillos. A tensión é enorme: ninguén dos presentes coñecía que a moza tivese tido descendencia. A súa nai nega as súas palabras, pero as súas tías non deixarán de preguntarse que hai de verdade nelas.
Comeza así unha apaixonante inmersión na historia das mulleres Camp de la Cruz, Mariana, Munda e Alejandra, herdeiras dun facendado español, e das súas irreconciliables diferenzas vitais na busca da felicidade. A masonería feminina, a loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século XIX e principios do XX son algúns dos temas que marcan este relato apaixonante que non deixará indiferente a ningún lector.

El jardín olvidado. Kate Morton.


En vésperas da Primeira Guerra Mundial, unha nena é abandonada nun barco con destino a Australia... Un século despois, a súa neta Cassandra descubrirá finalmente a verdade sobre a familia e resolverá o misterio da nena desaparecida. 
Unha fermosa historia a tres voces en tres tempos distintos que desemboca nun todo perfecto, impecable, onde as pezas encaixan e adquiren sentido. Unha novela herdeira da tradición literaria anglosaxona, con reminiscencias de todos os xéneros, que nos devolve pracer pola lectura que nos fixeron sentir os grandes clásicos.

Dime quién soy. Julia Navarro.



Unha apaixonante aventura protagonizada por uns personaxes inesquecibles cuxas vidas constrúen un magnífico retrato da historia do século XX. Dende os anos da Segunda República española ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, a novela de Julia Navarro reborda intriga, política, espionaxe, amor e traizón.

Las horas oscuras. Juan Francisco Fernández.


Contan os anciáns que hai moito, moito tempo, nos albores do fin do milenio, un forasteiro chegou ás neboentas terras de Irlanda cunha misteriosa misión. Din que ese home, un monxe atormentado e valoroso chamado Brian de Liébana, fuxía duns malvados cabaleiros de pel pálida e alma escura, cuxo nome ninguén ousa pronunciar en voz alta sen santiguarse.
Os máis vellos afirman que Brian e os seus compañeiros atrevéronse a reconstruír o mosteiro de San Columbano, antano escenario dunha cruel matanza. E aínda que algúns xuran que profanar esas ruínas supuxo o inicio de todas as desgracias, outros opinan que foi a presenza intramuros dunha fermosa muller celta o que desatou a ira de Deus.

 El corazón del océano. Elvira Menéndez. 



Para frear a mestizaxe entre as filas españolas que conquistan o Novo Mundo, a Coroa de Castela envía a América oitenta doncelas escollidas entre familias que viron minguada a súa riqueza pola crise do século XVI. Durante a travesía, terán que sortear ataques piratas, tormentas, a peste, o desencontro cos poboadores das novas terras... Só algunhas damas chegarán ata o seu destino, entre elas, Mencía de Calderón, personaxe histórico que dirixiu a expedición, e Ana de Rojas, unha rapaza culta e soñadora que romperá co corpiño relixioso e cultural da vella Europa.
Durante a viaxe, Ana coñece ao mozo Alonso, descendente dun heroe das revoltas galegas. A realidade do Novo Mundo poñerá a proba os sonos de ambos os dous personaxes e o seu afán de superación, transformando as súas vidas para sempre.
 

domingo, 16 de febrero de 2014

Reunións do Club de Lectura - 4º de ESO, 1º BACHARELATO

Os alumnos dos tres grupos de Club de Lectura que temos no noso instituto asisten ás reunións para comentar os libros que están a ler.
No grupo de 4º de ESO e BACHARELATO o libro elixido é "A evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly. Esta novela está tendo moito éxito entre as alumnas.Como vedes, neste grupo non temos rapaces.

A continuación engado unha foto da última reunión.

.