martes, 27 de noviembre de 2018

EXPOSICIÓN DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista realizou unha exposición para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
En primeiro lugar, quiseron fotocopiar e expoñer o capítulo 7 do libro que están lendo no Club (Morder la manzana de Leticia Dolera) que trata sobre os Micromachismos.

En segundo lugar, expuseron as cifras relacionadas coa violencia de xénero como o número de mulleres e nenos asasinados desde o ano 2004 ata hoxe. Tamén as cifras do ano 2017.
En terceiro lugar, expuseron unha reportaxe de Beatriz García Manso titulada "Esto no es amor: cómo detectar el maltrato en una relación adolescente", gañadora dun premio periodístico. 
Por último, buscaron información sobre os gañadores do Premio Nobel da Paz: o xinecólogo congoleño Denis Mukwege e a activista yazidí Nadia Murad. Estas persoas foron galardoadas pola súa loita contra a violencia sexual.
Ademais colocaron unha exposición de libros e mensaxes feministas.




MES DA CIENCIA NO CLUB DE LECTURA

O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista quiseron contribuir a visualización dalgunhas mulleres científicas galegas preparando unha exposición con información de tres mulleres: Olimpia Valera, a primeira muller médica galega; Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional; Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional.

O alumnado colocando os carteis.
 A exposición rematada.
A información foi extraída do libro Pioneiras. Queremos agradecer á escritora Anair Rodríguez este marabilloso libro co que podemos coñecer a algunhas mulleres galegas que abriron camiño para outras en diversos ámbitos considerados masculinos. 

domingo, 11 de noviembre de 2018

LECTURAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre leremos os seguintes libros:

Literatura feminista: Morder la manzana de Leticia Dolera.

"Este é un dos libros esenciais que nacen da necesidade e da urxencia. Porque Leticia Dolera necesita contar por qué é feminista e por qué todas deberíamos selo. Un camiño vital no que se atopa con persoas inspiradoras, lecturas reveladoras, anécdotas ―das boas, das malas e das peores― vividas moi de cerca ou en primeira persona. Este libro é tamén a historia de mulleres valentes que marcaron o camiño e que co seu exemplo nos axuda a despertar as nosas conciencias e tamén a ensinar ás máis novas. Empezando por Eva, a primeira que mordeu a mazá, esta é unha historia sobre todas as mulleres. Porque Leticia Dolera nos invita a abrazar unha causa, que é a de todas as persoas que soñamos con unha sociedade xusta. Por moito  que nos haxan repetido que Eva pecou ao morder a mazá, nós sabemos que aquelo foi precisamente o que a fixo sabia. Entón qué?, apetécete unha? Unha obra de empoderamento feminista para todas as edades".

Novela de ciencia ficción:  Mutacións xenéticas de Fina Casalderrey

Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ó que nin sequera coñece. Estes resultarán ser trinta días de abraiantes descubrimentos, ata o extremo de que Hadrián será o protagonista na solución dun terrible problema, que está a piques de rematar coa liberdade humana que un louco pretendía controlar. 


Alto como una torre, ancho como el mar de Tonke Dragt.


Edu, que lleva toda su vida añorando los bosques, pues han desaparecido ya de la Tierra, decide convertirse en investigador planetario en Venus, donde aún pueden encontrarse algunos. Pero los humanos que viven allí se han protegido refugiándose bajo una cúpula segura, pues temen todo lo relacionado con la naturaleza, y tienen prohibida la entrada en los peligrosos bosques . Pero Edu se opone a esta prohibición: él quiere experimentar eso que, según estudian en los ordenadores, es tan peligroso. Con su lanzadera, decide aterrizar y salir a pasear por el Bosque. El peligro resultará muy diferente a lo que habría podido sospecha.

Teatro: Moito morro corporation, sociedade ilimitada de Carlos Labraña.


O mundo do circo sempre foi un chisco disparatado...
pero nestes días aínda máis! Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña imos acompañar uns personaxes de circo certamente espectaculares. Sen dúbida, "o maior espectáculo do mundo!!!"

Cómic: Pyongyang de Guy Delisle.
Pyongyang permitiranos descubrir como é a vida en Corea do Norte visto por un debuxante canadense que traballa como supervisor de caricaturas europeas feitas na capital norcoreana.


Literatura de aventuras: La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne.

"La vuelta al mundo en 80 días" narra as aventuras do cabaleiro inglés Phileas Fogg, que, acompañado do seu criado Picaporte, quere demostrar á sociedade da súa época (1872) que é posible recorrer a superficie da Terra en só 80 días. Durante a viaxe, non soamente teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos (accidentes xeolóxicos e xeográficos, dificultades culturais e de locomoción...), senón que teñen que lidiar cun inspector de policía que confunde a Phileas Fogg cun ladrón e tamén teñen que loitar contra o paso das horas.