miércoles, 22 de diciembre de 2021

FELICITACIÓN DE NADAL

O alumnado de FPB de Ofimática de Oficina 1º e 2º elaborou unhas postais de Nadal para felicitar as festas a todo o noso Instituto que foron expostas na entrada do Centro.

O alumnado empregou follas de calculo en Calc, pintando cela a cela cada unha individualmente, coma se fose pintar pixel a pixel ou tamén chamado coloquialmente "punto de cruz dixital". O alumnado tivo moita paciencia para realizar o traballo por iso todos recibiron un agasallo.



martes, 21 de diciembre de 2021

REUNIÓNS CLUB DE LECTURA

Acabamos o primeiro trimestre co alumnado do Club de Lectura. Publicamos fotos dalgunhas reunións celebradas nestes meses. 

Manga 1
Manga 2
Novela 1
Novela 2
Feminismo
Teatro



lunes, 13 de diciembre de 2021

MELLOR CLASE LECTORA PARA 3º PMAR

O alumnado de 3º ESO PMAR, que pertence ao Club de Lectura, recibiu un agasallo por ser a mellor clase lectora deste trimestre. Na foto posan co profesor do ámbito lingüístico y a súa titora. Falta unha alumna que recibirá o seu agasallo cando se incorpore ás aulas.





martes, 7 de diciembre de 2021

VISITA DE IRIA MISA

O xoves 2 de decembro a escritora Iria Misa visitou ao alumnado de 3º PMAR, que pertence ao Club de Lectura, para comentar con eles o seu libro Xa non estou aquí que leron na clase de ámbito socio lingüístico.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2021

O día 26 de novembro, o alumnado e profesorado do IES Pazo da Mercé das Neves acudiu a praza do concello para conmemorar con outros centros de ensino da vila o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Antes o alumnado do Club de Lectura feminista preparou esta efeméride na biblioteca buscando frases para confeccionar uns carteis reivindicativos.

Dúas rapazas do Club de Lectura feminista posan con dúas compañeiras cun dos carteis elaborado por elas.

Tres rapazas do Club de Lectura feminista posa con tres compañeiros con carteis reivindicativos da data que estamos a celebrar.

O alcalde das Neves le un manifesto contra a Violencia de Xénero diante do concello.





martes, 23 de noviembre de 2021

LECTURAS PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La dama del Alba. Alejandro Casona.

La dama del alba é unha obra melodramática que trata sobre a personificación da morte na figura dunha muller moi fermosa e misteriosa que irrompe no seno dunha familia para transformar a vida dos seus integrantes.

Novela grupo 1: El fabuloso mundo de las letras. Jordi Sierra y Fabra.

Unha novela realista sobre como un neno descobre o gusto pola lectura e la literatura.
A Virgilio non lle gusta ler, e menos en público. Pero un día, non ten máis remedio que facelo, xa que vai un coñecido autor a súa escola. Quizais esta lectura e este encontro sexan o principio da súa nova vida.

Novela grupo 2: Mentira. Care Santos.

Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola ilusión de entrar en Medicina, pero últimamente o seu rendemiento académico está baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redoe, senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por sorpresa. Cosa poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre que todo é mentira; nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a verdadeira identidade da súa alma xemelga? Arrepentida polo abandono dos seus estudos,  confesallelo todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero, de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do rapaz co que compartiu as súa máis íntimas emocións. Vén do cárcere. Escribiuna un recluso e conta unha historia que lle vai conxelar o sangue.

Novela Ciencia Ficción: Fahrenheit 451. Ray Bradbury.


Fahrenheit 451 é unha novela distópica do escritor estadounidense Ray Bradbury, publicada en 1953 e considerada unha das súas mellores obras.​ A novela presenta unha sociedad estadounidense do futuro na que os libros están prohibidos e existen «bomberos» que queiman todos os que atopan.

Literatura feminista: Las chicas son de ciencias. Irene Cívico y Sergio Parra. El indulto. Emilia Pardo Bazán.

Con este libro descubrimos a 25 supercientíficas que cambiaron el mundo y demostraron que las chicas son de ciencias. Desde Agnodice, la primera médica conocida de la historia, hasta Rosalind Franklin, la química que descubrió la estructura del ADN, pasando por Vera Rubin, la astrónoma que vio lo que nadie veía, las mujeres han sido pioneras en ciencias desde el inicio de los tiempos. 

Neste libro de Emilia Pardo Bazán recopílanse algúns dos contos máis novedosos da autora galega. No "Indulto", confluyen o drama popular e a denuncia social; no "Talismán" e "Hijo del alma" recurren ao fantástico para cuestionar os límites do coñecemento racional; na "Ganadera" plasma con crudeza a barbarie nunha pequena comunidade costera. Todos os contos reflicten o riqísimo mundo literario e cultural da escritora.

Cómic Manga 1: Neste trimestre cada alumno escolleu un cómic manga dunha obra clásica da literatura universal.


Cómic Manga 2: Neste trimestre leremos 2 series.


Literatura 3º PMAR. Xa non estou aquí. Iria Misa.

Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.


miércoles, 17 de noviembre de 2021

GAÑADORAS DO CONCURSO QUE FARÍAS ANTES DE MORRER?

A biblioteca do noso centro convocou un concurso para celebrar o Samaín que consistía en que o alumnado debía explicar o que faría antes de morrer?
Dúas alumnas do Club de Lectura de Manga resultaron gañadoras do concurso.
Ariadna e Paz len diante da cámara ás súas propostas, que resultaron gañadoras.


lunes, 25 de octubre de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA

Onte celebramos o Día da Biblioteca. No noso Centro, o alumnado de 2º de ESO explica nun vídeo que é para eles a Biblioteca. Algúns dos alumnos e alumnas que participaron nel pertencen ao Club de Lectura.




viernes, 1 de octubre de 2021

DATAS DAS PRÓXIMAS REUNIÓNS

Publico as datas das reunións do primeiro trimestre.

Os días que quedan libres, serán ocupados se hai que cambiar algunha das reunións debido a algún imprevisto.




domingo, 19 de septiembre de 2021

COMEZA O CLUB DE LECTURA 2021-22

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club comunicáronse coa coordinadora para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, novela de ciencia ficción, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cun grupo de PMAR e os dous de FPB despois do éxito dos cursos anteriores.



domingo, 12 de septiembre de 2021

CLASIFICACIÓN CÓMIC MANGA

O alumnado do Club de Lectura de Cómic Manga leu no primeiro e no segundo trimestre do curso pasado varios cómics. Despois fixeron unha clasificación numérica comenzando polo seu favorito ata chegar ao que tivo menos éxito. O resultado foi o seguinte: