O martes 16 de maio conmemoramos no noso Centro o Día das Letras Galegas cun acto que comezou coa lectura da biografía do escritor Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano, por un alumno de 1º de ESO.
Despois o alumnado, do Club de Lectura de Manga e Feminismo, de 3º de ESO leu varios poemas das 5 mulleres homenaxeadas no día das letras, reclamando máis presenza de escritoras galardoadas con este recoñecemento. Ademais o alumnado de 1º de ESO fixo uns carteis coa biografía e as obras máis destacadas destas escritoras e os sostiveron durante a celebración. Catro destas 5 rapazas pertencen ao Club de Lectura de Manga.
Por último 3 alumnas e un alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, pertencentes ao Club de Lectura de poesía e manga, interpretaron o himno galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario