Mostrando entradas con la etiqueta Manga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manga. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de mayo de 2014

¡Yotsuba!

A biblioteca mercou os doce números do manga ¡Yotsuba! do mangaka Kiyohiko Azuma.


No seguinte enlace podedes saber máis cousas deste divertido cómic que ten como protagonista a unha rapaza de cinco anos, ao seu pai e aos seus veciños, a familia Ayase, composta polos pais e tres irmás.

Cada libro consta de varias historias curtas moi divertidas, xa que Yotsuba é unha nena sociable e moi curiosa e acaba convertendo calquera cousa nunha aventura.

Vale a pena achegarse a biblioteca e ler este manga. Pasaredes un rato divertido.


lunes, 18 de marzo de 2013

Reloj de Arena (Hinako Ashiara)




An Uekusa ten 12 anos. A raíz do divorcio dos seus pais, trasladase coa sua nai á vila dos seus abos, na prefectura de Shimane. Ao principio costalle acostumarse aol ambente dunha vila na que todos se coñecen e sente que lle falta intimidade. Sin embargo, pronto coñece aos que serán os seus mellores amigos: Daigo Kitamura e os irmáns Fuji e Shiika Tsukishima e, con eles, pouco a pouco vai encontrando o seu lugar. Pero pronto a sua felicidade verase truncada por un grave incidente.. Ese é o comezo dunha historia que conecta presente, pasado e futuro….

Reloj de arena é un manga realista, con personaxes cotiás con sentimentos e vivencias doadamente identificables que chegan ata o corazón. 
Ao longo dos 10 tomos que ten a serie (bastante curta para o que é habitual) seguiremos a vida de An desde que ten 12 anos ata os 26 e con ela aprenderemos o que significa medrar, madurar, aprender, amar, sufrir, disfrutar a vida e da xente que nos fai felices.

Na nosa biblioteca temos tamén o segundo tomo:



e o terceiro...



Dirixido a: aqueles/as que busquen unha historia romántica, realista, con certo ton agridoce e... estén dispostos/as a deixar caer algunha bágoa.

Se te gustou, proba agora con Emma (Kaoru Mori) e, dentro da Banda Deseñada europea, La prórroga (Jean Pierre Gibrat)

Para saber máis:

Esta é a autora: Hinako Ashihara


Ademais, existe unha película que adapta o manga:



Aquí tes algunhas imaxes da mesma:









A que apetece facerse con el? Pois non o dubides, de ti depende se queres saber como acaba esta fermosa historia de amor.