domingo, 21 de octubre de 2018

CLUB DE LECTURA DE IGUALDADE DE XÉNERO

O martes 16 de outubro comezamos as sesións no grupo de Literatura de Igualdade de Xénero. Estamos lendo o libro "Morder la manzana" de Leticia Dolera, unha actiz e directora de cine comprometida coa defensa dos dereitos da muller.
Na primeira sesión comentamos o primeiro capítulo titulado "Una noche con amigas", onde relata a situación de temor que sentimos as mulleres cando saímos soas de noite pola rúa. O curioso é que as dúas rapazas do club, a pesar de que aínda son adolescentes, xa experimentaron ese temor nalgunha ocasión. Os rapaces que están connosco no club non pasaron por esa situación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario