Ao comezo do curso 2012-13, o club de lectura de 2º ciclo da ESO e Bacharelato limos este interesante libro. A pesar da inquedante trama, gozamos moitísimo ca súa lectura. Visualizamos a película, daquela, ainda sen estrear en España.
Nunha clase do primeiro curso, Mattia estudou que entre os
números primos existen algúns aínda máis especiais. Os matemáticos chámanlles
números primos xemelgos: son parellas de números primos que están xuntos ou,
para ser exactos, case xuntos, xa que entre eles media sempre un número par que
lles impide tocarse de verdade (estamos a falar de números como o 11 e o 13, o
17 e o 19, ou o 41 e o 43. Mattia pensaba que Alice e máis el eran así, dous
primos xemelgos, sós e perdidos, xuntos pero non o bastante para tocarse de
verdade.
Mattia e Alice son dous adolescentes que estudan no mesmo centro
e non se coñecen ata que ela se namora del a primeira vista. Os dous comparten
historias dramáticas da súa infancia que os marcarán para sempre. A súa relación
e breve pero intensa, e malia que o destino os separará sempre ocorre algo que
fará que volvan a atoparse.
"La soledad de los números primos" é unha novela cun comezo impactante, poderoso, dramático para os seus protagonistas, na que o autor describe de xeito máis que solvente a uns personaxes pouco comúns que se atopan nunhas situacións moitas veces estremas na que a vida non flúe senón que estoupa a borbollóns sen que parezan atopar un xeito de poñerlle freo.
As vidas de Mattia e Alice van a desenvolverse de xeito paralelo pero unido polo fío indivisible da dor que parece acompañalos ao longo da súa vida relatada cun estilo sinxelo, conciso, que te envolve na súa lectura, sobre todo nas súas primeiras páxinas, unha narración aparentemente lixeira pero que trata temas imprescindibles para entender a vida
Dirixido a: os
que estean dispostos a experimentar na súa pel a dolorosa historia duns
personaxes pouco comúns que que nos arrastran até unha situación
límite, aos que posúan un detector de sentimentos, aos que queiran
buscar nunha narración aparentemente sinxela unha tormenta inesgotable
de sensacións de difícil dixestión, aos que esteades dispostos a
soportar a crueldade cotiá.
Se te gustou, proba con El palacio de la luna (Paul Auster) ou Sukwan Island (David Vann)
O Autor: Paolo Giordano (Turín, 1982), é físico teórico e con esta novela publicada no ano 2008 foi unha das grandes sensacións literarias do seu país -gañou os premios literarios máis importantes que se entregan en Italia sendo o gañador máis novo da historia dos mesmos-
Por certo que acaba de saír do prelo a súa seguinte novela:
e unha entrevista co seu autor nun recomendable programa de tv.
E, obviamente, o enorme éxito que acadou a novela fixo que o mundo do cine puxera nela a súa atención
Fai algunhas semanas estreouse nos cines a adaptación desta novela nunha película estreada en Italia fai un par de anos da que vos deixamos aquí o seu trailer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario