martes, 16 de abril de 2013

Novela Policíaca (III Obras de Agatha Christie)

Despois de citar a distintos autores e presentarvos aos seus/súas investigadores/as máis senlleiros, como non podía ser menos, temos que facer unha pequena listaxe con algunhas das súas obras máis coñecidas para que non dubidedes nin un segundo en lanzarvos a por eles. Aquí as tedes (que non quede por nós).

Agatha Christie

Dez Negriños. Dez persoas reciben  sendas cartas asinadas por un descoñecido que se fai chamar Mr. Owen nas que os invita a pasar uns días nunha mansión que ten nun illote, a illa do Negro, na costa de Devon. A primeira noite, despois de cear, unha voz acúsaos a todos eles, de ser culpables dun crime no seu pasado. O que nun principio semella unha desagradable broma deixa de selo cando un dos invitados morre afogado tal e como se explicaba nunha canción infantil pendurada da parede de cada unha das habitacións. 
A medida que pasan os días, os invitados van morrendo, asasinados de xeito sempre relacionado coa canción. Os supervivintes decátanse de que non hai ninguén máis na illa, polo que o asasino debe ser un deles. Pero quen?




Asasinato no Orient Express. Despois de resolver un caso, Hercule Poiriot volta a casa no Orient Express porque nesa época non adoita levar moita xente, pero esta vez non é así. Pola noite escoita un berro no compartimento veciño, pero non lle da moita importancia e durme ata a mañá seguinte. Esa noite, a neve impide que o tren siga o seu camiño. Á mañá seguinte, Poirot é informado de que o home que viaxaba no compartimento contiguo ao seu, Samuel Ratchett, foi asasinado brutalmente con doce coiteladas.




O Asasinato de Roger Ackroyd. Nunha pequena e tranquila vila inglesa, King´s Abbott, a señora Ferrars apareceu morta, víctima dunha sobredose de somníferos. Un ano antes o seu marido tamén falecera, oficialmente víctima dunha gastrite aguda, ainda que para Caroline Sheppard, irmá do doutor da vila, tratouse dun asasinato por envenenamento. Pouco despois aparece o cadáver de Roger Ackroyd, un acaudalado veciño da vila do que a señora Ferrars estaba namordada, cunha daga tunecina cravada nas costas. Caroline sospeita que existe algunha relación entre as tres mortes. Para axudala, na vila hai un novo veciño co curioso nome de Hercule...


Por último, que esté interesado en coñecer algo máis da autora -e ten unha vida máis que interesante- pode acudir a esta colección (non vos deixedes enganar pola nota de "Para maoires de 9 anos") nin polos debuxos de ton infantil que posúe, porque a información que ofrece é moi válida.




Me llamo... Agatha Christie, Ferran Alexandre e Carles Arbat. Editorial Parramón.




No hay comentarios:

Publicar un comentario