martes, 23 de abril de 2013

O gran Gatsby (F. Scott Fitzgerald)


Aproveitando o inminente estreno da película, achegámosvos esta coñecida novela Francis Scott Fitzgerald, para que aqueles/as que vos atrevades, deades un salto sen rede no voso itinerario lector e tentedes introducirvos neste clasíco da literatura do século XX.

Non será un camiño doado, non esperedes acción trepidante nin intercambios, deixade que a trama vaia desenvolvéndose de xieto paseniño nas súas primeiras páxinas para que unha vez coñecedores do ambiente e dos personaxes que se moven no seu interior, descubramos os seus segredos, as súas motivacións, un fresco dunha época que, se tedes un chisco de ambición, vai resultar unha gran experiencia.


Para abrir boca, deixámosvos co trailer da película dirixida por Baz Lührman, o mesmo director de Romeo + Julieta ou de Moulin Rouge.







Situada nos felices anos 20, Nick Carraway, que é o narrador da obra, chega a Nova Iorque para facer fortuna e instálase en West Egg, unha zona residencial na que xunto coas vivendas máis modestas -como a súa- proliferan as grandes mansións. Os seus primeiros amigos alí son Tom e Daisy Buchanan, a súa curmá, e Jordan  Baker, muller pola que sinte unha gran atracción.

Un día Carraway recibe unha invitación para acudir a unha das habituais festas na casa do seu veciño, Jay Gatsby. Alí, o que Nick descubre vai moito máis alá do que imaxinara,,, Alí todo o mundo murmura sobre o anfitrión e a orixe da súa fortuna.... pero ninguén parece saber moi ben quen é esta persoa. Nick síntese entre sorprendido e halagado cando o mesmo Gatsby achégase a el e invítao a pasear con el no seu avión ao día seguinte.


Esta primeira parte da obra nos presenta un mundo suntuoso,  frívolo, de festas espectaculares e xente á última moda , pero o autor da un xiro no argumento e comezará a amosarnos os segredos máis persoais de Gatsby. Pouco a pouco, o argumento complícase cando fan aparición novos personaxes relacionados co pasado de Gatsby ata un final no que a acción e os segredos de cada un dos personaxes acadarán un camiño sen retorno.









No hay comentarios:

Publicar un comentario