Novela Policíaca: Poderíamos definir este subxénero
narrativo a partires de que o seu argumento amosa a resolución dun caso
policial, usando a razón e baseándose na investigación e na intelixencia do
policía ou detective encargado do mesmo.
¿Cal foi a primeira obra policíaca?
Aínda que poderiamos considerar un relato das mil e unha noites titulado "as tres mazás" como un antecedente do xénero, a primeira novela publicada foi a do escritor danés Steen Steensen Blicher, el rector de Veilbye (1829) pero, tradicionalmente, considérase ao relato de Edgar Allan Poe, Os crimes da rúa Morgue (1841) como el xerme inicial.
O protagonista deste relato, Auguste Dupin é un detective que utiliza a lóxica e o razoamento para chegar a unha conclusión final. Auguste Dupin protagonizaría tamén outros dous relatos de Poe, “A carta roubada” e “O misterio de Marie Rogêt”
O Personaxe canónico
Auguste Dupin serviu de modelo para o personaxe arquetípico do xénero, establecido polo escritor irlandés Arthur Conan Doyle, o famosísimo Sherlock Holmes, que basea as súas iinvestigacións, na observación, deducción e lóxica sen evitar a acción física cando é precisa.
Todavía no século XIX, debemos citar a outro autor máis que interesante, o inglés Wilkie Collins, autor de “A pedra lunar”, nome dun valiosísimo diamante procedente dunha deidade hindú que é roubada e na que, a partires das palabras de catro testigos/sospeitosos se nos presentan os feitos para que o sarxento Cuff, encargado da investigación, poida descubrir a verdade do ocorrido.
Establécense as bases do xénero policíaco
Poderiamos establecer dúas tendencias dentro do xénero policíaco clásico; unha primeira, a inglesa, baseada na resolución intelectual dun crime -non ten por que ser un asasinato, pode ser un roubo ou un secuestro ou calquera outro delito- por riba da acción, situada en contextos tranquilas -a campiña rural- ou de clases elevadas e que ten como principal autora -considerada a grande dama deste xénero- a Agatha Christie
Creadora de distintos personaxes xa míticos como:
Hercules Poirot; detective belga, de aspecto moi característica: baixiño, recheo, cun gran bigote e unha personalidade relativamente excéntrica, que chega a Inglaterra durante la Iª Guerra Mundial, e que utiliza métodos que van máis alá da observación e dos métodos tradicionais para resolver os casos máis complexos. Pese a ser o seu personaxe máis famoso, Agatha Christie decidiu matalo na obra O Pano, publicada un ano antes da morte da autora británica.
Miss Marple: una anciana solterona que vive en un pueblo rural, St. Mary Mead y que pese a su aspecto amable, frágil e inofensivo, oculta unas enormes dotes de observación e inteligencia que la hacen capaz de descubrir y resolver casos en los que la propia policía parece atascada.
A segunda escola sería a estadounidense, na que o crime forma parte do contexto social e moral, analizando a contorna onde ten lugar e as suas posibles causas, os mundos marxinais e violentos das clases menos favorecidas e o seu choque, se este se produce, cando se atopan e mesturan as clases sociais. Esta novela, considerada como a novela negra por antonomasia, mesturada co Hard Boiled -subxénero que nace nesta época-, ten coma autores máis importantes a:
Dashiell Hammet Creador do detective sen nome da Axencia Continental e do famosísimo
Sam Spade, que se convirte nunha das iconas do detective privado: ademais das dotes de observación e deducción propias dos detectives británicos, é un home duro, contundente, irónico, de gran olfato e afiada lingua que non dubida en utilizar a violencia para salvar a súa pel, en perigo en moitas ocasións.
Humphry Bogart como Sam Spade na mítica película O falcón maltés. |
Raymond Chandler, outro extraordinario autor -mellor se cabe que Hammett- que é o pai dun dos máis grandes "sabuxos" da historia da literatura (e o cine):
Philip Marlowe: que xunto a Sam Spade conforma o prototipo de detective duro, pero menos dado á violencia que o seu compañeiro, irónico (máis se cabe que este), de poucas palabras pero cínico e ácedo con cada unha das frases que pronuncia, cunha idea do honor e o deber moi particulares e capaz de enfrentarse a homes moi perigosos e mulleres que o son incluso máis.
Humphry Boggart sería tamén Marlowe nalgunhas das adapacións máis famosas das novelas de Chandler ao cinema. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario