jueves, 25 de abril de 2013

Novela Policíaca (V Obras de Raymond Chandler)

Raymond Chandler

El largo adiós. "A primeira vez que posei os ollos sobre Terry Lennox, el estaba bébedo nun Rolls Royce Silver Wraith, fronte á terraza de The Dancers..."

Así comenza esta novela na que Philip Marlowe, unha noite na que Terry Lennox se presenta na súa casa, axuda a este enigmático personaxe a fuxir a México sen facer ningunha pregunta. Á mañá seguinte a policía preséntase en casa de Marlowe para anunciarlle o asasinato da muller de Lennox. Pouco despois entérase de que Lennox suicidouse, pero antes envioulle unha carta na que lle envía un raro billete... Nesa carta despídese e pídelle que tome unha copa na súa memoria. Cando volta a casa, a policía pídelle explicacións de xeito violento e acaba no cárcere.
Marlowe iniciará unha complexa invesigación chea de dificultades: será deitdo e golpeado pola policía, ameazado por un mafioso e recibe un "poco amigable consello" do pai da muller morta para que deixe de facer preguntas. Finalmente, coñecerá a unha muller: Eillee Wade... que lle pide que atope ao seu marido desaparecido...



La dama del lago. Derace Kingsley contrata a Philip Marlowe para atopar á súa mujer, Crystal. A derradeira notica que tivo dela foi un telegrama no que lle informa da súa próxima voda con Chris Lavery en El Paso. Cando Marlowe localiza a este home, el di non saber nada dela. Pouco despois Lavery aparece morto na súa casa y Marlowe atopa un arma que involucra a Crystal nese crime.

El título da obra fai referencia ao "lago do Pequeno Fauno", preto de San Bernardino, onde aparecerán novos persoanxes na trama; entre eles, Bill Chase, vixiante da propiedade a cambio dunha casa, que leva unha perna ortopédica, e a súa muller, Muriel, que tamén desapareceu deixando unha nota. Durante a visita de Marlowe atoparán no lago o cadáver dunha muller en descomposición...


A editorial RBA publicou recentemente un volume no que recopila todas as novelas protagonizadas por Philip Marlowe con revelador título de Todo Marlowe



A primeira aparición de Marlowe tivo lugar en "El sueño eterno", que deu lugar a unha famosísima película na que Humphry Bogart encarna a este detective (ao igual que fxera con Sam Spade) e na que comparte protagonista coa súa muller -foi a primeira película que rodaron xuntos despois de casar- Lauren Bacall. Aquí tedas unha presentación da mesma:



                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario