domingo, 1 de octubre de 2023

28 DE SETEMBRO. INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA

O xoves 28 de setembro inauguramos o Club de Lectura coa participación de todo o alumnado que vai asistir aos distintos grupos que temos organizado. A partir da próxima semana comezamos as reunións. 


             Benvidos a todos!


miércoles, 13 de septiembre de 2023

CLUB DE LECTURA 2023-24

O club de lectura do IES Pazo da Mercé comezou  un novo curso escolar. O alumnado interesado en participar nas actividades do Club comunicáronse coa coordinadora para escoller o seu xénero favorito. Este ano organizamos os seguintes grupos: teatro, novela, poesía, cómic manga e literatura feminista. Continuamos cun grupo de PDC e os dous de FPB despois do éxito dos cursos anteriores.



domingo, 18 de junio de 2023

SAÍDA AO CINE

O venres 16 de xuño o alumnado do Club de Lectura asistiu a unha sesión matinal de cine. A película escollida foi: Spiderman. Cruzando el multiverso.


Pola tarde o alumnado visitou dúas tendas de cómic e unha librería para mercar algúns títulos do seu agrado.

miércoles, 31 de mayo de 2023

VISITA PILAR ORTEGA

Onte visitou a nosa Biblioteca a escritora Pilar Ortega, autora do libro "O segredo de Al'eume". O alumnado do Club de Lectura de novela 1 leu esta obra no terceiro trimestre.

A autora, profesora de tecnoloxía dun instituto de Vigo, respondeu as preguntas dos nosos rapaces e rapazas e explicounos como compaxina a súas dúas vocacións, que a priori parecen tan dispares: a tecnoloxia e a escritura.

Ao final da sesión recibiu un agasallo pola súa asistencia.


sábado, 20 de mayo de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O martes 16 de maio conmemoramos no noso Centro o Día das Letras Galegas cun acto que comezou coa lectura da biografía do escritor Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano, por un alumno de 1º de ESO. 

Despois o alumnado, do Club de Lectura de Manga e Feminismo, de 3º de ESO leu varios poemas das 5 mulleres homenaxeadas no día das letras, reclamando máis presenza de escritoras galardoadas con este recoñecemento. Ademais o alumnado de 1º de ESO fixo uns carteis coa biografía e as obras máis destacadas destas escritoras e os sostiveron durante a celebración. Catro destas 5 rapazas pertencen ao Club de Lectura de Manga.
Por último 3 alumnas e un alumno de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, pertencentes ao Club de Lectura de poesía e manga, interpretaron o himno galego. 

domingo, 14 de mayo de 2023

CHARLA COLOQUIO MANUEL NÚÑEZ SINGALA

O xoves 11 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla co escritor Manuel Núñez Singala, gañador do premio dos clubs de lectura deste ano.


O alumnado do Club de Lectura de novela 2 leu, no terceiro trimestre, a obra Menú de enganos
O alumnado de 2º PMAR e FPB1 leron, no Club de Lectura, a obra de teatro Atranco no banco.

sábado, 13 de mayo de 2023

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: Antoloxía de textos teatrais. Varios autores.

Novela grupo 1: O segredo de Al'eume. Pilar Ortega Pereiro.
Despois do accidente en bicicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao Mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

Novela grupo 2: Menú de enganos. Manuel Núñez Singala.

Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.

Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.

Este libro contén varios contos

Literatura feminista: O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz.
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. 

Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.

Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.


Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.

Poesía. Antoloxía de poemas de Pablo Neruda.
Veinte poemas de amor e unha canción desesperada é unha das máis célebres obras do poeta chileno Pablo Neruda. Publicado en xuño de 1924, o poemario lanzou a fama ao autor con apenas 19 anos e é unha das obras literarias máis importantes do século XX en español.

Literatura 2º PMAR. Atranco no banco.  de Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Literatura FPB1Lecturas de textos de varios autores.

miércoles, 10 de mayo de 2023

CARTA DE UNA DESCONOCIDA

O alumnado do Club de Lectura feminista realizaron unha actividade consistente no visionado da película "Carta de una desconocida" del director Max Ophuls con Louis Jourdan e Joan Fontaine como protagonistas.

Esta actividade consistía en comparar a película co libro de Stefan Zweig que leron no primeiro trimestre, comentar as diferencias entre o filme e o libro e destacar a calidade do cine clásico en blanco e negro, unha asignatura pendente da xuventude actual.

martes, 2 de mayo de 2023

DÍA DO ACOSO ESCOLAR

Hoxe celebramos o Día do acoso escolar. O alumnado do Club de Lectura de novela 2 leu o libro: O que sei do silencio que trata este tema tan importante. Na reunión de hoxe reflexionaron sobre o que supón calar cando presenciamos algún episodio de acoso escolar e a presión que sofren os testigos dese acoso por medo a perder o seu estatus frente ao grupo, por eso entendían o silencio da protagonista. Pero estaban de acordo que non estivo ben o que fixo e que debería ter denunciado os feitos.

martes, 25 de abril de 2023

VISITA AO CENTRO DE DÍA

O alumnado de 3º ESO B do Club de Lectura de Manga e Feminismo visitou o centro de Día das Neves para ler poemas e contar contos. Os rapaces e rapazas compartiron momentos emotivos cos maiores e prometeron volver outro día. Moitas grazas a este marabilloso alumnado que temos no noso Instituto e as responsables do Centro de Día.


lunes, 24 de abril de 2023

CONCURSO DE DEBUXO CALENDARIO LITERARIO

O mércores 19 de abril celebramos no noso Centro o Día do Libro coa entrega de premios do concurso de debuxo artístico para elaborar un calendario literario. Todos os gañadores son alumnos e alumnas do Club de Lectura.

viernes, 7 de abril de 2023

ESOPÍAS DA IGUALDADE

Este ano o departamento de matemáticas convocou un concurso para que o alumnado elaborara "Esopías da igualdade". A Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 141 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

Unha das gañadoras pertence ao Club de Lectura de Manga.

sábado, 11 de marzo de 2023

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

 No segundo trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: La visita del inspector. J.B.Priestley.

Un inspector de policía preséntase no domicilio da familia Birling, interrompe a animada cea con que celebrar o compromiso matrimonial de Sheila e indaga a implicación dos comensais no suicidio dunha rapaza. A obra desenvolve unha trama que progresa como un mecanismo de reloxería na que o habilísimo manexo do suspense non consegue sufocar unha mensaxe de profundo calado moral: todos formamos parte do mesmo corpo social e somos responsables do que lles sucede aos demais.

Novela grupo 1: El año de la venganza. Antonia Meroño.

Despois dun ano desastroso, Valentina vese obrigada a cambiar de instituto. Ten unha nova oportunidade para enfrontarse aos seus complexos e medos. Todo parece ir ben: novos amigos, boas calificacións e acepta o divorcio dos seus pais. Ata que a sombra de dous secuestros aparecen na súa vida. Ela ten unha sospeita e pretende descobrir ao culpable.

Novela grupo 2: O que sei do silencio. Andrea Maceiras.

Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.

Literatura feminista: La sirenita. Hans Christian Andersen.

Rodeada da beleza do palacio e o fondo mariño en que vive, e adorada por toda a súa familia, a pequena serea do famoso relato de Andersen sinte unha incontenible fascinación polas historias sobre os seres humanos que lle relata a súa avoa. Cando cumpre os 15 anos, ascende ansiosa á superficie do mar e namórase dun príncipe. Pero, para unirse a el deberá renunciar aos seus seres queridos e perder a súa fermosa voz. A pequena serea acepta gustosa eses sacrificios por amor, pero terá que aprender que o verdadeiro amor non é outra cousa que un acto de entrega e xenerosidade cara ao amado que non sempre atopa correspondencia.

Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.

Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.

Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.

Poesía. Antoloxía de poemas de Pablo Neruda.
Veinte poemas de amor e unha canción desesperada é unha das máis célebres obras do poeta chileno Pablo Neruda. Publicado en xuño de 1924, o poemario lanzou a fama ao autor con apenas 19 anos e é unha das obras literarias máis importantes do século XX en español.

Literatura 2º PMAR. Cando petan na porta pola noite. Xabier P. Docampo.

Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

Literatura FPB1A vida diaria dos romanos. Pepe Carballude.
A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes. A través das páxinas deste libro, que percorre as distintas etapas da historia de Roma, asistimos ao nacemento dun neno ou nena, ao primeiro día de escola, aos seus enredos... Sabías que Roma foi fundada por un neno? Aquí cóntase como eran os xoguetes dos romanos, como se entretiña a rapazada, como vestían e como se bañaban, que comían, que deuses tiñan e como eran as súas casas. Tamén descubrimos as pegadas que os romanos deixaron en Galicia.

Literatura FPB2. Lecturas de textos de varios autores.


FERNANDO LALANA. CLUB DE LECTURA NOVELA 1

O xoves 9 de marzo recibimos a visita do escritor zaragozano Fernando Lalana para comentar o libro "Como robé la manzana más grande del mundo" que leu o alumnado do Club de Lectura de Novela 1. O escritor quedou encantado co noso alumnado xa que fixeron moitas preguntas e, ao acabar a charla, firmou exemplares do seu libro.