No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: La visita del inspector. J.B.Priestley.
Un inspector de policía preséntase no domicilio da familia Birling, interrompe a animada cea con que celebrar o compromiso matrimonial de Sheila e indaga a implicación dos comensais no suicidio dunha rapaza. A obra desenvolve unha trama que progresa como un mecanismo de reloxería na que o habilísimo manexo do suspense non consegue sufocar unha mensaxe de profundo calado moral: todos formamos parte do mesmo corpo social e somos responsables do que lles sucede aos demais.
Novela grupo 1: El año de la venganza. Antonia Meroño.
Despois dun ano desastroso, Valentina vese obrigada a cambiar de instituto. Ten unha nova oportunidade para enfrontarse aos seus complexos e medos. Todo parece ir ben: novos amigos, boas calificacións e acepta o divorcio dos seus pais. Ata que a sombra de dous secuestros aparecen na súa vida. Ela ten unha sospeita e pretende descobrir ao culpable.
Novela grupo 2: O que sei do silencio. Andrea Maceiras.
Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.
Literatura feminista: La sirenita. Hans Christian Andersen.
Rodeada da beleza do palacio e o fondo mariño en que vive, e adorada por toda a súa familia, a pequena serea do famoso relato de Andersen sinte unha incontenible fascinación polas historias sobre os seres humanos que lle relata a súa avoa. Cando cumpre os 15 anos, ascende ansiosa á superficie do mar e namórase dun príncipe. Pero, para unirse a el deberá renunciar aos seus seres queridos e perder a súa fermosa voz. A pequena serea acepta gustosa eses sacrificios por amor, pero terá que aprender que o verdadeiro amor non é outra cousa que un acto de entrega e xenerosidade cara ao amado que non sempre atopa correspondencia.
Manga 1: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 2: Neste trimestre lerán esta serie.
Manga 3: Neste trimestre lerán esta serie.
Poesía. Antoloxía de poemas de Pablo Neruda.
Veinte poemas de amor e unha canción desesperada é unha das máis célebres obras do poeta chileno Pablo Neruda. Publicado en xuño de 1924, o poemario lanzou a fama ao autor con apenas 19 anos e é unha das obras literarias máis importantes do século XX en español.
Literatura 2º PMAR. Cando petan na porta pola noite. Xabier P. Docampo.
Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...
Literatura FPB1. A vida diaria dos romanos. Pepe Carballude.
A vida diaria dos romanos é unha viaxe no tempo á Roma clásica para descubrirmos como vivían os seus habitantes. A través das páxinas deste libro, que percorre as distintas etapas da historia de Roma, asistimos ao nacemento dun neno ou nena, ao primeiro día de escola, aos seus enredos... Sabías que Roma foi fundada por un neno? Aquí cóntase como eran os xoguetes dos romanos, como se entretiña a rapazada, como vestían e como se bañaban, que comían, que deuses tiñan e como eran as súas casas. Tamén descubrimos as pegadas que os romanos deixaron en Galicia.
Literatura FPB2. Lecturas de textos de varios autores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario