miércoles, 16 de junio de 2021

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: Urraca. Raquel Castro.
Doña Urraca viviu entre 1081 e 1126. Con tan só 8 anos o seu pai prométea en matrimonio con Raimundo de Borgoña, co que casa aos 12 anos, cando se fai muller. E con tan só 14 anos xa ten a súa primeira filla. Seu pai, o rei Afonso VI, non tivo ningún fillo lexítimo home a quen deixarlle o trono, polo que non lle queda máis remedio que outorgarlle a Urraca o goberno dos seus reinos. Así, á morte de seu pai, en 1109 convértese na primeira raíña de Galiza, León e Castela.

Novela grupo 2A: O último traballo do señor luna. César Mallorquí.
Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente.
El nombre del viento. Patrick Rothfuss.
A obra El nombre del viento é unha novela de aventuras, de historias dentro doutras historias, de misterio, de amistad, de amor, de maxia e de superación que deslumbra a todos os que a len.

Novela grupo 2B: El sueño de Berlín. Ana Isabel Conejo y Javier Pelegrín.

Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento,  a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.

Cómic Manga: Assassination Classroom. Yusei Matsui.

O goberno xaponés encarga unha importante misión aos alumnos da clase 3-E: deben destruír ao seu titor, unha poderosa criatura tentaculada que planea destruir o planeta o día da graduación. Para axudalos no seu cometido, o mesmo profesor Korosensei ensinaralles todo o necesario para acabar con el antes de que o fagan os crueis mercenarios que van chegando a aula.

Literatura 2º PMAR. Rosa Parks. La lucha contra el racismo.
As veces, un pequeno xesto pode cambiar o mundo. Eso pasou no caso de Rosa Parks, unha humilde costureira negra que naceu no sur dos Estados Unidos en 1913. Rosa creceu nun ambiente hostil, no que ser negro constituía unha especie de pecado polo que había que pagar un prezo moi alto. As persoas de cor, no sur dos Estados Unidos, non podían estudar nos mesmos colexios cos brancos nin curarse nos mesmos hospitais nin beber nas mesmas fontes públicas. Nos autobuses, debían ceder o asento á sente de pel clara, e na rúa sufrían os ataques do Ku Klux Klan, que apaleaba aosnegros e incendiaba os seus fogares. desde nena, Rosa enxendrou un fondo sentimento de dor e indignación frente a discriminación racial. Un día de 1955, cando viaxaba no autobús, o conductor demandou que se levantara do seu asento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo "non", e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu país, pois o seu exemplo moveu á comunidade negra a reivindicar oa seus dereitos, tantas veces violados. Un novo momento histórico, máis humano e máis xusto, estaba a piques de comezar.

Literatura 3º PMAR. Atranco no banco.Manuel Núñez Singala. 
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Literatura FPB1. Fariña. Nacho Carretero.
Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos «inofensivos» e «benefactores» capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo «kitsch» de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenómeno que arrasou o tecido social, económico e político de Galicia.«Fariña» inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día. Porque en contra da crenza mediática e popular, o narcotráfico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que aínda non rematou.

sábado, 22 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 20 de maio entregamos os premios do Concurso de Carteis convocado pola Biblioteca para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Unha das gañadoras foi Ariadna, do Club de Lectura de Manga.




miércoles, 12 de mayo de 2021

CENTENARIO DE EMILIA PARDO BAZÁN

O alumnado do Club de Lectura colaborou no Celebración do Centenario de Emilia Pardo Bazán.
O alumnado de 3º PMAR elaborou un cartel conmemorativo da escritora. 

Paz, do Club de Lectura de Manga axudou a colocar o cartel.
Paz, Ariadna, Antía e Antón len a biografía e as obras máis importantes de Emilia Pardo Bazán.

Antía, do Club de Lectura de Manga, foi a man inocente que sacou o nombre dos dous gañadores do sorteo do concurso convocado pola biblioteca.

Unha das gañadoras foi Ariadna do Club de Manga.




lunes, 10 de mayo de 2021

CONCURSO DE REDACCIÓN O PRINCIPIÑO

Un alumno do Club de Lectura de Teatro resultou gañador do concurso de redacción do Principiño.

 Parabéns!

domingo, 25 de abril de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO CLUB DE LECTURA

O venres 23 de abril o alumnado do Club de Lectura celebrou o Día do Libro cunha saída á feira do Libro organizada polo concello das Neves.

Na feira tres escritoras das Neves, Ponteares e Salvaterra firmaron exemplares dos seus libros.
Mar Míguez firmou exemplares do seu libro: Dama de Luna.


Hortensia Bautista firmou exemplares do seu libro: Bambán de vento.


Raquel Castro firmou exemplares do seu libro: Dormente.


Na feira había postos de libros de segunda man gratuítos. O alumnado buscou títulos do seu agrado e levaron moitos exemplares para gozar da lectura nas súas casas.



O alumnado estivo encantado de asistir á feira, que foi un agasallo do profesorado encargado do Club de Lectura para premiar o seu amor pola lectura.







sábado, 27 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe é o Día Mundial do Teatro e queremos celebralo dunha maneira moi especial.

Un alumno e unha alumna do Club de Lectura de Teatro escenifican unha escena do libro "Atranco no banco" de Manuel Núñez Singala. Son uns actores estupendos.



SAÍDA CLUB DE LECTURA

O alumnado do Club de Lectura saíu do instituto para facer unha ruta de sendeirismo o xoves pola mañá. Pasáronno fenomenal e esperan repetir a experiencia antes de que finalice o curso. 



sábado, 20 de marzo de 2021

CLUB DE LECTURA DE TEATRO

O grupo de Club de Lectura de Teatro continúa coa dramatización da obra: Atranco no banco de Manuel Núñez Singala. É un libro moi divertido e ao alumnado encántalle. 
Os actores son tan bos que ata teñen público que asiste a representación todos os xoves.



martes, 16 de marzo de 2021

CLUB DE LECTURA DE NOVELA

Un dos grupos do Club de Lectura de Novela reúnese no monte que rodea o noso Instituto nun bonito día soleado para comentar o libro que están lendo: Avións de papel de Xavier Estévez.








jueves, 11 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O alumnado do Club de lectura feminista e de primeiro da ESO recitan poemas de escritoras galegas para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

Poemas do libro Elexías de luz de María Victoria Moreno; Contatrás de Paula Carballeira; Códice Calixtino de Luz Pozo Garza; Os hemisferios de María de Cebreiro.


domingo, 7 de marzo de 2021

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

 No segundo trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: Atranco no banco. Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.


Novela grupo 2A: El sueño de Berlín. Ana Isabel Conejo y Javier Pelegrín.

Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento,  a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.

Novela grupo 2B: Avións de papel. Xabier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Novela grupo 1: O xigante egoísta e outros contos. Óscar Wilde.
Este libro reúne os contos maís fermosos e conmovedores do irlandés Óscar Wilde, escritor que soubo dotar a cada un dos seus relatos de profundos valores morais. Tal é o caso de "O Xigante egoísta", a terna historia dun xigante que descubre a felicidade cando por primeira vez.

Literatura feminista: Novelas ejemplares y amorosas. María de Zayas y Sotomayor. 
Nesta obra a autora mostra unha defensa das mulleres e o seu obsesivo desexo de defendelas, de denunciar a opresión que sofren por parte dos homes e o trato que reciben.

Cómic Manga: Neste trimestre continuaremos lendo os cómics do primeiro trimestre.

Literatura 2º PMAR. Scott y Amundsen. La conquista del Polo Sur.
O británico Robert Scott e o noruego Roald Amundsen tiñan moi poucas cousas en común pero compartían un soño: ambos ambicionaban ser o primeiro home en pisar o polo sur. Con ese propósito, a finais de 1911 os dous aventureiros emprenderon unha temeraria carreira sobre rexións inexploradas da Antartida. Durante catro meses percorreron a pé preto de 3000 kilómetros, ascenderon montañas por perigosos glaciares e tiveron que soportar temperaturas de -50ºC. 

O principiño. Antoine de Saint-Exupéry.

Fábula mítica e relato filosófico que interroga acerca da relación do ser humano co seu próximo e co mundo, O Principito concentra, con marabillosa simplicidad, a constante reflexión de Saint-Exupery sobre a amizade, o amor, a responsabilidade e o sentido da vida.

Literatura 3º PMAR. Rosa Parks. La lucha contra el racismo.
As veces, un pequeno xesto pode cambiar o mundo. Eso pasou no caso de Rosa Parks, unha humilde costureira negra que naceu no sur dos Estados Unidos en 1913. Rosa creceu nun ambiente hostil, no que ser negro constituía unha especie de pecado polo que había que pagar un prezo moi alto. As persoas de cor, no sur dos Estados Unidos, non podían estudar nos mesmos colexios cos brancos nin curarse nos mesmos hospitais nin beber nas mesmas fontes públicas. Nos autobuses, debían ceder o asento á sente de pel clara, e na rúa sufrían os ataques do Ku Klux Klan, que apaleaba aosnegros e incendiaba os seus fogares. desde nena, Rosa enxendrou un fondo sentimento de dor e indignación frente a discriminación racial. Un día de 1955, cando viaxaba no autobús, o conductor demandou que se levantara do seu asento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo "non", e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu país, pois o seu exemplo moveu á comunidade negra a reivindicar oa seus dereitos, tantas veces violados. Un novo momento histórico, máis humano e máis xusto, estaba a piques de comezar.

Literatura FPB122 segundos. Eva Mejuto.
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este blog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. " Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. " 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.

Literatura FPB2. El Camino. Miguel Delibes.

Daniel el Mochuelo intúe aos seus once anos que o seu camiño está na aldea, xunto aos seus amigos, as súas xentes e os seus paxaros. Pero o seu pai quere que vaia á cidade a estudiar o Bacharelato. Na noite que precede á partida, Daniel, insomne, cun nó na gorxa, evocará as correrías cos seus amigos -Roque el Moñigo e Germán el Tiñoso- a través dos campos, descubrindo o ceo e a terra, e revivirá as andanzas da xente sinxela da aldea. A simpatía humana con que esa mirada infantil nos introduce na vila, facéndonos coñecer toda unha impresionante galería de tipos, e a forza con que, a través de rasgos frecuentemente caricaturescos, se nos presentan sempre netos e vivos, son os grandes acertos desta novela.