miércoles, 16 de junio de 2021

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

No terceiro trimestre lemos os seguintes libros:

Teatro: Urraca. Raquel Castro.
Doña Urraca viviu entre 1081 e 1126. Con tan só 8 anos o seu pai prométea en matrimonio con Raimundo de Borgoña, co que casa aos 12 anos, cando se fai muller. E con tan só 14 anos xa ten a súa primeira filla. Seu pai, o rei Afonso VI, non tivo ningún fillo lexítimo home a quen deixarlle o trono, polo que non lle queda máis remedio que outorgarlle a Urraca o goberno dos seus reinos. Así, á morte de seu pai, en 1109 convértese na primeira raíña de Galiza, León e Castela.

Novela grupo 2A: O último traballo do señor luna. César Mallorquí.
Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente.
El nombre del viento. Patrick Rothfuss.
A obra El nombre del viento é unha novela de aventuras, de historias dentro doutras historias, de misterio, de amistad, de amor, de maxia e de superación que deslumbra a todos os que a len.

Novela grupo 2B: El sueño de Berlín. Ana Isabel Conejo y Javier Pelegrín.

Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento,  a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.

Cómic Manga: Assassination Classroom. Yusei Matsui.

O goberno xaponés encarga unha importante misión aos alumnos da clase 3-E: deben destruír ao seu titor, unha poderosa criatura tentaculada que planea destruir o planeta o día da graduación. Para axudalos no seu cometido, o mesmo profesor Korosensei ensinaralles todo o necesario para acabar con el antes de que o fagan os crueis mercenarios que van chegando a aula.

Literatura 2º PMAR. Rosa Parks. La lucha contra el racismo.
As veces, un pequeno xesto pode cambiar o mundo. Eso pasou no caso de Rosa Parks, unha humilde costureira negra que naceu no sur dos Estados Unidos en 1913. Rosa creceu nun ambiente hostil, no que ser negro constituía unha especie de pecado polo que había que pagar un prezo moi alto. As persoas de cor, no sur dos Estados Unidos, non podían estudar nos mesmos colexios cos brancos nin curarse nos mesmos hospitais nin beber nas mesmas fontes públicas. Nos autobuses, debían ceder o asento á sente de pel clara, e na rúa sufrían os ataques do Ku Klux Klan, que apaleaba aosnegros e incendiaba os seus fogares. desde nena, Rosa enxendrou un fondo sentimento de dor e indignación frente a discriminación racial. Un día de 1955, cando viaxaba no autobús, o conductor demandou que se levantara do seu asento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo "non", e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu país, pois o seu exemplo moveu á comunidade negra a reivindicar oa seus dereitos, tantas veces violados. Un novo momento histórico, máis humano e máis xusto, estaba a piques de comezar.

Literatura 3º PMAR. Atranco no banco.Manuel Núñez Singala. 
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Literatura FPB1. Fariña. Nacho Carretero.
Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos «inofensivos» e «benefactores» capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, medraron na impunidade afianzada grazas ao desleixo (e mesmo complicidade) da clase política e das forzas de seguridade. A través de testemuños directos de capos, pilotos de planadoras, arrepentidos, xuíces, policías, xornalistas e nais de toxicómanos, Nacho Carretero retrata con detalle unha paisaxe criminal con frecuencia infravalorada. No imaxinario popular, ese costumismo «kitsch» de capos con zocos e reloxos de ouro ensombreceu o potencial destrutivo dun fenómeno que arrasou o tecido social, económico e político de Galicia.«Fariña» inclúe, ademais, un repaso inédito polos clans que seguen operando hoxe en día. Porque en contra da crenza mediática e popular, o narcotráfico segue vivo en Galicia. E non se debe esquecer o que aínda non rematou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario