No segundo trimestre lemos os seguintes libros:
Teatro: Atranco no banco. Manuel Núñez Singala.
Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.
Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.
E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.
Novela grupo 2A: El sueño de Berlín. Ana Isabel Conejo y Javier Pelegrín.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpetu, pero tamén con descoñecemento, a animará a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar en Berlín a cabeza de Nefertiti. Por outro lado, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as rapazas da súa idade, mentras que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.Unha novela de superación persoal escrita con honestidade, que chegará ao corazón dos lectores.Novela grupo 2B: Avións de papel. Xabier Estévez.
Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el historias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos. Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.
Este libro reúne os contos maís fermosos e conmovedores do irlandés Óscar Wilde, escritor que soubo dotar a cada un dos seus relatos de profundos valores morais. Tal é o caso de "O Xigante egoísta", a terna historia dun xigante que descubre a felicidade cando por primeira vez.
Literatura feminista: Novelas ejemplares y amorosas. María de Zayas y Sotomayor.
Nesta obra a autora mostra unha defensa das mulleres e o seu obsesivo desexo de defendelas, de denunciar a opresión que sofren por parte dos homes e o trato que reciben.
Cómic Manga: Neste trimestre continuaremos lendo os cómics do primeiro trimestre.
Literatura 2º PMAR. Scott y Amundsen. La conquista del Polo Sur.
O británico Robert Scott e o noruego Roald Amundsen tiñan moi poucas cousas en común pero compartían un soño: ambos ambicionaban ser o primeiro home en pisar o polo sur. Con ese propósito, a finais de 1911 os dous aventureiros emprenderon unha temeraria carreira sobre rexións inexploradas da Antartida. Durante catro meses percorreron a pé preto de 3000 kilómetros, ascenderon montañas por perigosos glaciares e tiveron que soportar temperaturas de -50ºC.
O principiño. Antoine de Saint-Exupéry.
Fábula mítica e relato filosófico que interroga acerca da relación do ser humano co seu próximo e co mundo, O Principito concentra, con marabillosa simplicidad, a constante reflexión de Saint-Exupery sobre a amizade, o amor, a responsabilidade e o sentido da vida.
Literatura 3º PMAR. Rosa Parks. La lucha contra el racismo.
As veces, un pequeno xesto pode cambiar o mundo. Eso pasou no caso de Rosa Parks, unha humilde costureira negra que naceu no sur dos Estados Unidos en 1913. Rosa creceu nun ambiente hostil, no que ser negro constituía unha especie de pecado polo que había que pagar un prezo moi alto. As persoas de cor, no sur dos Estados Unidos, non podían estudar nos mesmos colexios cos brancos nin curarse nos mesmos hospitais nin beber nas mesmas fontes públicas. Nos autobuses, debían ceder o asento á sente de pel clara, e na rúa sufrían os ataques do Ku Klux Klan, que apaleaba aosnegros e incendiaba os seus fogares. desde nena, Rosa enxendrou un fondo sentimento de dor e indignación frente a discriminación racial. Un día de 1955, cando viaxaba no autobús, o conductor demandou que se levantara do seu asento porque debía ocupalo un branco. Inesperadamente, Rosa dixo "non", e con ese xesto mínimo reorientou a historia do seu país, pois o seu exemplo moveu á comunidade negra a reivindicar oa seus dereitos, tantas veces violados. Un novo momento histórico, máis humano e máis xusto, estaba a piques de comezar.
Literatura FPB2. El Camino. Miguel Delibes.
Literatura FPB1. 22 segundos. Eva Mejuto.
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este blog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. " Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. " 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.
Daniel el Mochuelo intúe aos seus once anos que o seu camiño está na aldea, xunto aos seus amigos, as súas xentes e os seus paxaros. Pero o seu pai quere que vaia á cidade a estudiar o Bacharelato. Na noite que precede á partida, Daniel, insomne, cun nó na gorxa, evocará as correrías cos seus amigos -Roque el Moñigo e Germán el Tiñoso- a través dos campos, descubrindo o ceo e a terra, e revivirá as andanzas da xente sinxela da aldea. A simpatía humana con que esa mirada infantil nos introduce na vila, facéndonos coñecer toda unha impresionante galería de tipos, e a forza con que, a través de rasgos frecuentemente caricaturescos, se nos presentan sempre netos e vivos, son os grandes acertos desta novela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario