sábado, 1 de marzo de 2014

Reunións do Club de Lectura - 3º de ESO

Os alumnos de 3º de ESO están a ler o libro "Donde los árboles cantan" de Laura Gallego. Esta novela xa a leron no club os de 1º e 2º de ESO. Estes alumnos falaron tan ben do libro que os de 3º quixeron lelo. Encántalles a novela. Laura Gallego sabe cómo enganchar aos adolescentes.

A continuación inclúo unhas fotos da última reunión.


sábado, 22 de febrero de 2014

Reunión do Club de Lectura - 1º, 2º de ESO


Os alumnos de 1º e 2º de ESO escollen novo libro, despois de rematar coa lectura de "Os Megatoxos". Debido a diferencia de nivel entre 1º e 2º, decidimos que os de 1º de ESO lean o libro "Rapazas" de Agustín Fernández Paz e os de 2º que escollan algún dos libros novos que mercamos para o club.



¿Que estraña misión trae a unha extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro. Seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista. Deste xeito, as páxinas de Rapazas achégannos un retrato plural desa etapa fronteiriza chamada adolescencia.



Esta é a ligazón para que poidades acceder ao blog do autor, Agustín Fernández Paz. Clicade aquí


A continuación, inclúo dúas fotos da reunión.



 

miércoles, 19 de febrero de 2014

Últimas adquisicións

O Club de Lectura mercou novos libros para os alumnos. Algúns foron suxerencias do propio alumnado e outros escollidos polas profesoras que participan no Club.
A continuación inclúo a lista dos libros cun resumo e unha imaxe.

El mañana empieza hoy. Cecilia Ahern.


Tamara ten dezaseis anos, e é rica e caprichosa. Moi rica e moi caprichosa. Vive nunha mansión cos seus pais e o que máis lle gusta é ir de compras coas súas amigas. A súa vida toma un escuro xiro cando o seu pai, atordado polas débedas, decide suicidarse. Tamara e a súa nai, sen casa nin diñeiro, terán que mudarse a vivi r ao campo con Rosaleen e Arthur, uns primos un tanto especiais. A vida alí é tranquila, sinxela e saudable, tres cousas que Tamara odia profundamente. Pero o descubrimento dun caderno máxico, no que aparece escrito o que vai acontecer ao día seguinte, cambiará a Tamara para sempre. Nas súas páxinas encontrará que tras a aburrida aparencia da vida campestre, Rosaleen e Arthur esconden un terrible segredo que a levará a coñecer a verdade sobre ela mesma e a súa familia.

Un paseo para recordar. Nicholas Sparks. 


Cada mes de abril, cando o vento sopra dende o mar e se mestura co aroma das lilas, Landon Carter recorda o seu último ano no instituto Beaufort. Era 1958 e Landon xa tivera unha ou dúas noivas. Xuraba, mesmo que xa se namorara. E é entón cando Jamie Sullivan, a filla do pastor baptista do pobo, entra na súa vida. Jamie era unha rapaza calada, que sempre levaba a Biblia entre os seus libros para o colexio, e que parecía contenta vivindo nun mundo á parte do resto dos adolescentes: coidaba do seu pai viúvo, rescataba animais abandonados e era voluntaria no orfanato. Ningún rapaz lle pedira unha cita xamais. Non obstante, un xiro do destino fixo que Jamie se convertese na parella de Landon para o baile, o que cambiaría a vida do rapaz para sempre.

Persuasión. Jaen Austen. 


Última novela da autora, publicada póstumamente en 1818, Persuasión narra a historia dunha muller na súa madureza, unha muller sensible, paciente e menosprezada, que, anos despois de rexeitar, persuadida por un mal consello, ao home que amaba, ve como este reaparece na súa vida, rico e honorable pero aínda desleitado. Unha muller, en suma, que quizais por primeira vez na historia da novela debe loitar para que o amor lle conceda unha segunda oportunidade.

Sombras. Marta Rivera de la Cruz.


Valeria chega a Bline, unha pequena viliña nas montañas, disposta a comezar unha nova vida. O pobo parece idílico. Non obstante, Valeria pronto descobre que hai algo escuro nel. Ademais, dende a súa chegada, posúe unha estraña habilidade que lle revela, en forma de visións, segredos dos seus habitantes; e empeza a sentirse irremediablemente atraída por Víctor, un aposto compañeiro do instituto que tamén esconde unha historia...

En tiempo de prodigios. Marta Rivera de la Cruz.



Cecilia é a única persoa que visita a Silvio, o avó da súa mellor amiga. Silvio Rendón é un octoxenario que garda celosamente o misterio dunha vida de lenda que nunca quixo compartir con ninguén.
A través dunha caixa de fotografías, Silvio vai dando a coñecer a Cecilia a súa fascinante historia xunto a Zachary West, un singular norteamericano cuxa chegada a Ribanova cambiou o destino dos que o trataron. De man de West, Silvio descubrirá todo o horror desencadeado polo ascenso do nazismo en Alemaña e o drama dos xudeus trasladados aos guettos e deportados aos campos de concentración, pero tamén a sacrificar a propia vida en nome da amizade e dos ideais.
Cecilia, sumida nunha profunda crise persoal tras perder a súa nai e romper coa súa parella, encontrará en Silvio un amigo e un aliado para reconstruír a súa vida.


Tiempo de arena. Inma Chacón.


No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo, clama desesperadamente polos seus fillos. A tensión é enorme: ninguén dos presentes coñecía que a moza tivese tido descendencia. A súa nai nega as súas palabras, pero as súas tías non deixarán de preguntarse que hai de verdade nelas.
Comeza así unha apaixonante inmersión na historia das mulleres Camp de la Cruz, Mariana, Munda e Alejandra, herdeiras dun facendado español, e das súas irreconciliables diferenzas vitais na busca da felicidade. A masonería feminina, a loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século XIX e principios do XX son algúns dos temas que marcan este relato apaixonante que non deixará indiferente a ningún lector.

El jardín olvidado. Kate Morton.


En vésperas da Primeira Guerra Mundial, unha nena é abandonada nun barco con destino a Australia... Un século despois, a súa neta Cassandra descubrirá finalmente a verdade sobre a familia e resolverá o misterio da nena desaparecida. 
Unha fermosa historia a tres voces en tres tempos distintos que desemboca nun todo perfecto, impecable, onde as pezas encaixan e adquiren sentido. Unha novela herdeira da tradición literaria anglosaxona, con reminiscencias de todos os xéneros, que nos devolve pracer pola lectura que nos fixeron sentir os grandes clásicos.

Dime quién soy. Julia Navarro.



Unha apaixonante aventura protagonizada por uns personaxes inesquecibles cuxas vidas constrúen un magnífico retrato da historia do século XX. Dende os anos da Segunda República española ata a caída do Muro de Berlín, pasando pola Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, a novela de Julia Navarro reborda intriga, política, espionaxe, amor e traizón.

Las horas oscuras. Juan Francisco Fernández.


Contan os anciáns que hai moito, moito tempo, nos albores do fin do milenio, un forasteiro chegou ás neboentas terras de Irlanda cunha misteriosa misión. Din que ese home, un monxe atormentado e valoroso chamado Brian de Liébana, fuxía duns malvados cabaleiros de pel pálida e alma escura, cuxo nome ninguén ousa pronunciar en voz alta sen santiguarse.
Os máis vellos afirman que Brian e os seus compañeiros atrevéronse a reconstruír o mosteiro de San Columbano, antano escenario dunha cruel matanza. E aínda que algúns xuran que profanar esas ruínas supuxo o inicio de todas as desgracias, outros opinan que foi a presenza intramuros dunha fermosa muller celta o que desatou a ira de Deus.

 El corazón del océano. Elvira Menéndez. 



Para frear a mestizaxe entre as filas españolas que conquistan o Novo Mundo, a Coroa de Castela envía a América oitenta doncelas escollidas entre familias que viron minguada a súa riqueza pola crise do século XVI. Durante a travesía, terán que sortear ataques piratas, tormentas, a peste, o desencontro cos poboadores das novas terras... Só algunhas damas chegarán ata o seu destino, entre elas, Mencía de Calderón, personaxe histórico que dirixiu a expedición, e Ana de Rojas, unha rapaza culta e soñadora que romperá co corpiño relixioso e cultural da vella Europa.
Durante a viaxe, Ana coñece ao mozo Alonso, descendente dun heroe das revoltas galegas. A realidade do Novo Mundo poñerá a proba os sonos de ambos os dous personaxes e o seu afán de superación, transformando as súas vidas para sempre.
 

domingo, 16 de febrero de 2014

Reunións do Club de Lectura - 4º de ESO, 1º BACHARELATO

Os alumnos dos tres grupos de Club de Lectura que temos no noso instituto asisten ás reunións para comentar os libros que están a ler.
No grupo de 4º de ESO e BACHARELATO o libro elixido é "A evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly. Esta novela está tendo moito éxito entre as alumnas.Como vedes, neste grupo non temos rapaces.

A continuación engado unha foto da última reunión.

.

miércoles, 29 de enero de 2014

Saída ao cine

Os alumnos do Club de Lectura do IES Pazo da Mercé foron ao cine a ver o filme A ladroa de libros. A experiencia resultou fantástica. Aos alumnos encantoulles a película, incluso algúns botaron algunha bágoa no final. Todos querían volver outro día a ver outra película.

Aquí vos deixo un par de fotos.



A continuación, escribo os comentarios dalgúns alumnos sobre a película:

Laura Marino Vaz (2º BACH.): La película "La ladrona de libros" me gustó mucho. Es una pelicula  muy emotiva y que representa lo mal que los nazis trataron a muchas personas y la represión durante esa época. Además presenta la amistad y la familia como algo primordial. Lo que no me gustó mucho es que se muriese tanta gente.
Esta es una película que recomiendo a todo el mundo.

Marta Marino Vaz (4º ESO): La película me pareció preciosa, muy realista y emocionante. La voz narradora le pone una "esencia" maravillosa! Es triste pero así eran los tiempos de Hitler en Alemania, millones de familias sufrían y perdían seres queridos.
Pensé que no me iba a gustar tanto porque no me atraen las películas de tiempos pasados pero, solo son prejuicios. Fue fantástica!!

Sheila Guille Bugarín (2º BACH.): "La ladrona de libros" muestra la única y auténtica imagen de la época nazi:cruel, sádica,inhumana, atroz. Entre los personajes destacaría a la protagonista, Liessel,que con coraje se enfrenta a la propia realidad que le tocó vivir, dechado de valentía y rebelión. También resalto a  Max y a Hans (padre adoptivo de la pequeña) que es un personaje muy afectivo y cariñoso, su paso en la historia marca emoción en el oyente, al igual que Rudy, locamente enamorado de Liessel.Su muerte es algo que excluiría de la película, o al menos la de Rudy, para darle consuelo al espectador, en vez de ser el final de la pelicula tan trágico.
 
 

sábado, 18 de enero de 2014

O CLub de Lectura vai ao Cine

Os alumnos e profesores pertencentes ao club de lectura imos ao cine o luns 20 de xaneiro pola tarde. A película elixida é "La ladrona de libros" baseada na novela de Markus Zusak publicada en 2005. Este libro foi lectura do Club o curso pasado polo que os alumnos están moi interesados en visionar o filme.

A continuación inserto o trailer da película


jueves, 16 de enero de 2014

Os Megatoxos e o aprendiz de Druida

Os alumnos de 1º e 2º da ESO lerán neste trimestre o libro "os Megatoxos e o aprendiz de Druida" de Anxo Fariña, o primeiro libro dunha colección de moito éxito entre o público adolescente.

Nesta obra, os rapaces protagonistas vivirán unha aventura alucinante, unha viaxe no tempo na procura de respostas na época dos celtas.

Esperamos que os alumnos disfruten con este libro e continúen lendo os demais libros da colección.

Esta é a ligazón para que poidades acceder ao blog dos Megatoxos e facer comentarios aos que responderá Anxo Fariña. Clicade aquí.

Os alumnos de 3º de ESO lerán o libro "Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, que xa leron os alumnos de 1º ciclo no trimestre pasado. Debido ao éxito que tivo este libro entre os pequenos, os de 3º de ESO queren lelo, e, aproveitando que temos exemplares suficientes, satisfaremos a petición.

miércoles, 15 de enero de 2014

La evolución de Calpurnia Tate



Os alumnos de 4º da ESO, 1º e 2º de BACHARELATO van ler neste 2º trimestre o libro "La evolución de Callpurnia Tate" de Jacqueline Kelly. 
O libro conta a historia de Calpurnia, a única filla dunha familia de sete irmáns de Texas, que, no último ano de século XIX, sente a necesidade de coñecer o mundo que lle rodea. En compañía do seu avó, aprenderá a observar e amar a natureza, en contra dos desexos da súa nai que prefire que coñeza todo o necesario para chegar a ser unha boa esposa e ama de casa.

sábado, 23 de noviembre de 2013

Donde los árboles cantan





Donde los árboles cantan é a lectura proposta para 1º e 2º de ESO.

Este libro conta a historia de Viana, a única filla do duque de Rocagrís que está prometida a Robian, un rapaz de Castelmar dende que eran cativos. Están namorado e casarán en primavera. Sen embargo, o destino non permitirá que esta voda se realice debido á ameaza dos bárbaros das estepas que provocará que Robian e o pai de Viana teñan que marchar á guerra. A Viana non lle queda máis remedio que esperar o regreso dos seus seres queridos e escoitar as lendas que se contan sobre o Grande Bosque, o  lugar onde as árboles canta.

En 3º e 4º da ESO imos ler Amor de Tango, un libro da escritora viguesa María Xose Queizán.





O libro Amor de tango de María Xosé Queizán ten como protagonista a Margot, unha muller que no ocaso da súa vida recorda á súa mocidade trascorrida noVigo dos anos 20 e 30 do pasado século. Grazas a Margot coñecemos a situación das mulleres neses convulsos anos, xa que esta é unha novela feminista que pretende ensinarnos a vida das mulleres de distinta condición, dende as traballadoras das fábricas de sardiñas ata aquelas pertencentes as clases sociais máis acomodadas.






martes, 29 de octubre de 2013

FÍSICA CUÁNTICA + AMOR = QUANTIC LOVE


É unha historia de amor que ten lugar entre Laila, unha moza sevillana que vén de rematar o instituto e vai ao CERN a traballar como camareira durante o verán, e Brian, un xoven científico que está desenvolvendo unhas misteriosas investigacións. Polo medio un montón de anécdotas incribles sobre os físicos e matemáticos máis relevantes dos últimos séculos e datos sorprendentes acerca da estrutura íntima da materia.

Vexamos o que nos di a autora (doutora en física cuántica) , Sonia Fernández Vidal, dende o CERN.

Por certo... sabes que é o CERN


Queres escoitar a banda sonora do libro? 
Dalle un click!!




 Comeza a lectura do primeiro capítulo premendo neste modelo atómico tan orixinal!!




BOA VIAXE LECTORAS E LECTORES!