jueves, 16 de enero de 2014

Os Megatoxos e o aprendiz de Druida

Os alumnos de 1º e 2º da ESO lerán neste trimestre o libro "os Megatoxos e o aprendiz de Druida" de Anxo Fariña, o primeiro libro dunha colección de moito éxito entre o público adolescente.

Nesta obra, os rapaces protagonistas vivirán unha aventura alucinante, unha viaxe no tempo na procura de respostas na época dos celtas.

Esperamos que os alumnos disfruten con este libro e continúen lendo os demais libros da colección.

Esta é a ligazón para que poidades acceder ao blog dos Megatoxos e facer comentarios aos que responderá Anxo Fariña. Clicade aquí.

Os alumnos de 3º de ESO lerán o libro "Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, que xa leron os alumnos de 1º ciclo no trimestre pasado. Debido ao éxito que tivo este libro entre os pequenos, os de 3º de ESO queren lelo, e, aproveitando que temos exemplares suficientes, satisfaremos a petición.

2 comentarios:

  1. ¡Me encanta este libro! Estoy impaciente porque salga uno nuevo.

    ResponderEliminar
  2. Ola, amigos.
    Se vos gustan os Megatoxos, xa podedes atopar nas librerías o novo libro: Os Megatoxos e o dragón de xade.

    http://megatoxos.blogspot.com.es/2014/09/os-megatoxos-e-o-dragon-de-xade.html

    Grazas por ler aos Megatoxos.
    Apertas, Anxo Fariña.

    ResponderEliminar