viernes, 31 de mayo de 2019

SAÍDA A OURENSE

O luns 27 de maio o alumnado do Club de Lectura celebrou o final de curso cunha saída a Ourense. Foi unha xornada moi divertida e enriquecedora para todo o alumnado participante.
A saída consistiu nunha visita a casa do escritor galego Otero Pedrayo en Trasalba e na visita Ás termas de Outariz en Ourense. Aquí podedes ver unhas fotos.
Esperando o autobús.
Posando diante da casa de Otero Pedrayo en Trasalba.
 Esperando para entrar.
  
 Dentro da casa.
Dende o balcón a vista é marabillosa.
Saíndo da casa.
 Regresando ao autobús.
Despois de comer o alumnado gozou dun momento de relax nas Termas de Outariz.
Saíndo das Termas para regresar ás Neves.
Todos estiveron encantados coa excursión e pediron volver o próximo ano.

Antes da visita á casa de Otero Pedrayo en Trasalba, o alumnado do Club de Lectura cubriu un cuestionario con axuda de Internet sobre a vida e obra deste magnífico escritor.

sábado, 25 de mayo de 2019

CLUB DE LECTURA 2º PMAR

O alumnado de 2º de PMAR le o libro "Frankenstein" de Mary Shelley.
Están moi concentrados. O libro gústalles moito.


CLUB DE LECTURA DE NOVELA DE CIENCIA-FICCIÓN

O alumnado do Club de Lectura de Novela de Ciencia-Ficción posa cuns agasallos.
O primeiro grupo recibiu un bolígrafo cun koala.
O segundo grupo recibiu unha goma con forma de unicornio xa que están lendo "A balada dos unicornios".

LECTURAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

No terceiro trimestre leremos os seguintes libros:
Literatura feminista: Feminismo para principiantes de Nuria Valera.


Este libro é un apaixoante recorrido sobre a orixe do feminismo e a súa evolución ao londo da historia.

Novela de ciencia ficción:  A balada dos unicornios de Ledicia Costas.
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

Teatro: Estes zocos non son para min. Raquel Castro.

Cómic: Maus de Art Spiegelman.
En Maus Art Spiegelman narra a historia reala do seu pai, Vladek Spiegelman, xudeu polaco, durante a Segunda Guerra Mundial, así como as complicadas relacións entre pai e fillo durante o proceso de elaboración da historieta, xa en Estados Unidos, onde chegaron os pais de Art trala guerra.

Literatura de ficción (2ºPMAR): Frankenstein de Mary Shelley.
Frankenstein é unha das novelas de terror máis famosas de todos os tempos. Conta a historia de Víctor Frankenstein, un científico que logra infundir vida a un ser formado a partir de trozos de cadáveres. Sen medir as consecuencias dese acto, Víctor crea un monstruo. A criatura, que é rexeitada por el e por cantos se atopan no seu camiño, se rebela contra o seu creador e decide vingarse. O terror o invadirá todo...

Literatura para 3º PMAR, FPB1: O Achado do Castro de Manuel Núñez Singala.
O autor lévanos a Roma antiga, máis faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo menos espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inuaditas e, sobre todo, unha lectura engalioante.

Literatura para FPB2: Relatos Castelao.
O alumnado de FPB 2 leu diversos relatos de Castelao, extraídos de diferentes libros.

miércoles, 8 de mayo de 2019

TEATRO 3º PMAR

O alumnado de 3º PMAR escenifica a obra teatral O Achado do Castro no Club de Lectura. Son moi bos actores e o pasan estupendamente coa lectura.

martes, 23 de abril de 2019

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril celebramos o Día do Libro. O alumnado de PMAR do Club de Lectura gravou uns vídeos con fragmentos de "El Quijote". No seguinte enlace podedes comprobar como se realizou esa gravación.

Tamén aproveitamos este día para entregar os Premios do Concurso de Poesía. Nerea Álvarez alumna de 2º ESO A e integrante do Club de Lectura de Teatro foi unha das gañadoras. No seguinte enlace podedes ver como se desenvolveu a xornada e ler os poemas gañadores.
 

domingo, 10 de marzo de 2019

ENTREVISTA A CATRO PROFESORAS DO CENTRO

O alumnado do Club de Lectura Feminista entrevistou a catro profesoras do Centro para conmemorar o día da muller traballadora.

Entrevista a Marta Pivida Vázquez, profesora de matemáticas.

Que estudaches?

Matemáticas, licenciatura en matemáticas.

Tiveches algún outro traballo?

Non, ben, daba clases particulares antes de aprobar as oposicións.

Anos de docencia e número de centros?

Pois mira, empecei a dar clase para a Xunta no 2003, estamos a 2019... centros, pois centros pasei por uns cantos, non os teño contados.

Antes de empezar a traballar na Xunta tiñas feito clases particulares?

Si, traballaba nunha academia, e dicir, traballaba nunha academia e daba clases a universitarios.

Algunha vez te sentiches discriminada na carreira ou no traballo por ser muller?

Non, tiven moi bos compañeiros.

Cres que os alumnos actúan diferente ante un profesor ou unha profesora?

Eu creo que si. Creo que lle teñen máis respecto, non todos, pero algúns, ante un profesor que ante unha profesora. Se lle chama a atención un profesor calan antes que con respecto a unha profesora.

Cres que iso pode darse polo “instinto maternal” que se supón que temos as mulleres?

Non, eu creo que non. É certo que cando temos fillos, a ver, eu teño fillos, parece que, ó mellor, te abrandas máis, pero ben, como eu digo, eu como xa estou acostumada ós choros... Eu intento ser xusta.

Notas igualitaria a presenza masculina e feminina na carreira ou no traballo?

Mira, na carreira de matemáticas, cando eu estudei, basicamente eramos mulleres, “era” unha carreira de mulleres, agora non sei como está, pero cando eu estudei basicamente eramos mulleres, un tanto por cento moi elevado. Como noutras carreiras , ó mellor, hai máis presenza masculina en matemáticas eramos moitas mulleres.

E no traballo?

No traballo creo que está bastante equilibrado. Creo, non sei, tampouco me parei a pensalo.

Fóra da Xunta, nos traballos anteriores que tiveches? Na academia, por exemplo.

Na academia tamén eramos máis ou menos o mesmo número de profesores e profesoras.

Algunha vez notaches algún caso de diferenza salarial con algún compañeiro?

Na Xunta eu creo que temos todos o mesmo salario, só depende dos anos que levas, temos complementos. E no outro traballo, a ver, tampouco estiven traballando moito tempo pero eu o salario establecino co director da academia. Traballei tamén un curso ou menos dun curso nun centro privado pero tampouco me deu como para averigualo.

Ó traballar de forma independente, na academia, o salario estableciádelo vós?

Si, eu cando traballei na academia si, é dicir, eu pedín, eles ofrecéronme e eu dixen «acepto con isto» ou «non acepto con isto». Pero ben, estouche falando de hai moitos anos.


Entrevista a Nuria López Rodríguez, profesora de física e química.

–Que estudaches?

–Estudei química, licenciatura de química en Santiago de Compostela.

Tiveches algún outro traballo?

Realmente... máis que traballo fixen prácticas. Durante a carreira traballei nun laboratorio facendo prácticas durante o verán. Despois, unha vez que rematei a carreira, decidín xa facer o CAP, o Curso de Adaptación Pedagóxica, que era o curso que che pedían para ser profesor/a e dediqueime a preparar as oposición e enseguida as aprobei. Ou sexa que non tiven outro traballo.

Anos de docencia e número de centros?

Anos de docencia... creo que este é o doce, e dicir, levo doce anos dando clase e número de centros, pois... a ver, o meu primeiro centro foi Ribadavia, estiven en Allariz, en Maceda, n’O Rosal e aquí, cinco centros

Algunha vez te sentiches discriminada por ser muller na carreira ou no traballo?

No traballo non e na carreira tampouco. Nunca vivín esa discriminación porque tampouco me dediquei á investigación que ó mellor aí si que podía verse un pouco ese teito de cristal onde a muller investigadora, pois ben, sempre o ten un pouco máis difícil á hora de ter fillos e dedicar o seu tempo á investigación, pero como non me dediquei a iso creo que non podo opinar, en calquera caso nunca me sentín discriminada por ser muller.

Cres que o alumnado actúa diferente ante un profesor ou unha profesora?

A ver, creo, espero que non que non actúen de maneira distinta. Non sei o que pasa, iso quen nolo tería que contar sodes vós. Porque eu non sei como actuades cun profesor, xa que non estou dentro da aula. Vós notades diferenzas?

Notas igualitaria a presenza masculina e feminina na carreira ou no traballo?

Na miña carreira... si, a ver, habería o mesmo número de homes que de mulleres ou incluso, case podo dicir que había máis mulleres, pensando un pouco na miña promoción, e no traballo, xa ves que en educación, predominamos as mulleres. En case todos os centros nos que estiven sempre superamos bastante en número as mulleres ós homes nese caso, noutros sabemos que non, nos postos directivos, postos máis relevantes e tal, sabemos que, polas estatísticas, segue habendo unha diferenza importante. Pero no meu traballo é ó contrario, predominan máis as mulleres que os homes.

Cres que nas carreiras de ciencias predominan as mulleres?

Polas estatísticas tamén, polo que les, algo que sae na prensa ou na web, si vexo que hai carreiras nas que hai un maior número de alumnado feminino. Ó final ti tes que facer o que queiras facer non o que che diga a sociedade, o que che guste.

Algunha vez notaches un caso de diferenza salarial con algún compañeiro?

Tampouco. Nós no noso caso cobramos o mesmo sexamos homes ou mulleres, non hai diferenzas no salario. O importante é que es profesor, sexas home ou muller.


ENTREVISTA A CONCHI, PROFESORA DE BIOLOXÍA

-Que foi o que estudache?

Són licenzada en Bioloxía, e collín as materias (optativas) de bioloxía molecular e de botánica.

-Tiveches outros traballos?

Si, cando me licenciei estiven traballando nuncha academia durante uns 7 anos, dando clases
particulares de matemáticas, física e química

-Cantos anos de docencia levas e en cantos centros traballaches?

Os centros é imposible contalos, de docencia levo 19, pero é que estiven prácticamente cada ano
nun centro distinto, salvo algún ano que repetín centro ou que incluso traballei en varios.

-Nalgún momento te sentiches discriminada por ser muller na carreira ou no traballo?

No traballo non, pero na carreira, eu persoalmente, notaba que ás mulleres tíñannos un pouco coma
“as segundas”, os listos, os que valían, eran os homes. Pero non era algo extendido, ao mellor en
departamentos concretos. Porque o certo é que en bioloxía éramos a maioría mulleres.

-Notas igualitaria a presenza feminina e masculina na carreira e na docencia?

Eu tiven incluso máis profesoras mulleres ca homes, nas ciencias da saúde si que soíamos ser máis
mulleres. Pero por exemplo nas técnicas si que había unha diferenza moito máis notoria, a clara
maioría eran homes. Pero é iso, na facultade sempre se quixo maior presenza de homes facendo
doctorados, non a mulleres. Ás mulleres esixíaselles moito máis ca aos homes, dende logo.

-Algunha vez tiveches un caso de diferenza salarial con algún compañeiro?

Non, que eu saiba non, porque a nivel de funcionario non hai esa diferenza, imaxínome que a nivel
empresa privada probablemente si. É certo que ás veces hai determinados cargos que orientan só
para homes e que pode que si que produzan un nivel salarial.

-Para rematar, teis algunha anécdota de machismo no teu traballo que che deixara un pouco
descolocada?

Pois unha vez tiven un compañeiro, un profesor, que soltou unha barbaridade que me fixo
alonxarme totalmente. Dixo, textualmente, que el notaba que dende que as mulleres estaban na
docencia había menos disciplina nas aulas. Leveino fatal! Pareceume tan triste...

-A mín tamén mo parece; Moitas grazas polo teu tempo, Conchi!

ENTREVISTA A ANA BELÉN, PROFESORA DE LINGUA GALEGA

-Que estudaches?

Filoloxía galego-portuguesa.

-Outros traballos:

Sempre foi profesora, comezou dando clases particulares na súa casa ou nos domicilios das/os alumnas/os, pasou por academias e en 2005 (aprox.) empezou na educación pública, pasou por moitos centros, ata o día de hoxe.

-Anos de docencia e centros:

Como ben vimos na pregunta anterior, prácticamente tosa a súa vida, iso sí, en institutos públicos, dende 2005. Pasou por máis de 40 centros.

-Algunha vez senticheste discriminada por ser muller na carreira ou no traballo?

Na carreira, conta que non, de feito a maioría eran mulleres. No traballo, cas/os compañeiros non nota nada, pero si no alumnado. Sobretodo comentarios machistas en xeral. Conta que nun centro no que estivo, houbo un caso dunha relación tóxica onde o home (alumno do centro) exercía un control total na súa parella, (alumna tamén) pero casos así, bastantes.

-Notas igualitaria a presenza feminina que masculina na carreira ou no traballo?

Na carreira había máis presenza feminina pero polo que dice, nese sentido, na educación pública non hai estes problemas. A única discriminación que si notou é polo feito de ser profesora de galego e non de matemáticas, por exemplo, pois xa sabedes o que se di: "As carreiras de letras son para parvas/os"

-Algunha vez notaches algún caso de diferenza salarial cun home?

Non, nunca, como xa dixo, na educación pública, por sorte, xa non hai estes problemas.





8 DE MARZO, DIA DA MULLER TRABALLADORA

O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista prepara o día da Muller Traballadora. 
Primeiro colocan uns carteis con información sobre tres mulleres pioneiras en traballos tradicionalmente masculinos: Isabel Barreto, a primeira almiranta; María Luz Morales, a primeira directora dun xornal; Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra.
A información foi extraída do libro Pioneiras da escritora Anair Rodríguez unha obra co que podemos coñecer a algunhas mulleres galegas que abriron camiño para outras en diversos ámbitos considerados masculinos.
Tamén colocaron un cartel coas cifras sobre a realidade feminina no mercado laboral correspondentes ao ano 2017.
A exposición quedou moi ben.


martes, 5 de marzo de 2019

CELEBRANDO O ENTROIDO

O alumnado do Club de Lectura celebra o entroido cunha xuntanza para comer filloas, orellas e un biscoito riquísimo.
O alumnado disfrazouse para a ocasión. 
A profesora do Club de Lectura de Teatro posa cuns alumnos cos que se disfrazou para formar un grupo.   








lunes, 11 de febrero de 2019

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre leremos os seguintes libros:
Literatura feminista: Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo de Chimamanda Ngozi Adichie.
"En lugar de ensinarlle a túa filla a agradar, ensínalle a ser sincera. E amable. E valente. Anímaa a decir o que pensa, a decir o que opina en realidade, a decir a verdade. Dille que, se algo a incomoda, se queixe, grite".

Novela de ciencia ficción:  Frankenstein o el moderno Prometeo de Mary Shelley
Frankenstein é unha das novelas de terror máis famosas de todos os tempos. Conta a historia de Víctor Frankenstein, un científico que logra infundir vida a un ser formado a partir de trozos de cadáveres. Sen medir as consecuencias dese acto, Víctor crea un monstruo. A criatura, que é rexeitada por el e por cantos se atopan no seu camiño, se rebela contra o seu creador e decide vingarse. O terror o invadirá todo...

Amenaza na Antártida de Ramón Caride.


Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear. Ameaza na Antártida é unha magnífica narración, cos ingredientes que caracterizan as mellores novelas e películas de aventuras.

Teatro: Urraca de Raquel Castro.


Cómic: La montaña mágica de Jiro Taniguchi.
"La montaña mágica" é unha fábula sobre a comuñón entre a natureza e a alma humana. Kenichi e a súa irmá, Sakiko, sofren na súa cándida inocencia as dificultades da vida. A prematura morte do pai e, agora, o ingreso no hospital da nai, debido a unha enfermidade grave, afondan no sentimento de abandono e impotencia que padece o apocado e sentimental Kenichi. Pero a aínda temorosa valentía que xermina no seu corazón e se nutre de pura y sincera bondade o levará a abrazar o misterio e a adentrarse no seno da montaña máxica para tratar de truncar a súa ata agora triste sorte. 

Literatura de aventuras (2ºPMAR): Las aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain.
"As aventuras de Tom Sawyer narra as andanzas deste famoso adolescente e do seu amigo, Huckleberry Finn, a beira do río Misisipí. A novela está inspirada nos recordos de infancia e da adolescencia do propio autor, plasmados con sinxeleza e cun grande sentido do humor. A obra conseguiu un grande éxito e Tom Sawyer convertiuse rapidamente nun dos personaxes máis importantes e queridos da literatura norteamericana.

Literatura para 3º PMAR, FPB1: Rural de Étienne Davodeau.
Esta é a historia dunha tranquila zona rural. Tras dez anos de traballo, unha parella convertiu unhas vellas ruinas nunha casa preciosa.
Un pouco máis lonxe, tres campesinos novos, convencidos de que outro tipo de agricultura é posible, apostan polo bio. É un lugar realmente fermoso e apacible... ata o día en que reciben a noticia: unha autopista vai pasar por alí.

Literatura para FPB2: Instruccións para tomar café de Manuel Núñez Singala.
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes.
Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro - dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.

domingo, 10 de febrero de 2019

LA CASA DE BERNARDA ALBA

O venres 1 de febreiro o alumnado de 4º de ESO e de 2º de BAC asistiu a unha representación teatral da obra de Federico García Lorca "La Casa de Bernarda Alba". 
Catro dos cinco compoñentes do Club de Lectura de Literatura Feminista posaron a saída do teatro con dous profesores.

A obra de García Lorca reflicte unha sociedade tradicional onde a muller está sometida. O alumnado está desexando que nos reunamos para comentar todo o que puideron ver no escenario.  

miércoles, 30 de enero de 2019

CLUB DE LECTURA TEATRO

O Club de Lectura de Teatro reúnese para ler unha divertida obra de teatro.
Despois da lectura, chega a actuación dos actores. Ao alumnado encántalle participar, quen sabe se temos no grupo uns futuros actores ou actrices.

A RATIÑA ZOECIÑA

A ratiña Zoeciña é un libro escrito polo tío de dous alumnos de 1º de ESO que tivo a amabilidade de regalar un exemplar para a nosa biblioteca. Conta a historia dunha ratiña que quere escapar da súa casa e o pai ten medo de que o gato a coma.
O libro está escrito en varios idiomas (galego, inglés, castelán, euskera, catalán, portugués) Ademais é solidario, coas ganancias fárase un pozo en África.
Os sobriños do autor, que pertencen ao Club de Lectura de Ciencia-ficción e Obradoiro de Cómic, posan co libro do seu tío.