O alumnado do Club de Lectura de Literatura Feminista prepara o día da Muller Traballadora.
Primeiro colocan uns carteis con información sobre tres mulleres pioneiras en traballos tradicionalmente masculinos: Isabel Barreto, a primeira almiranta; María Luz Morales, a primeira directora dun xornal; Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra.
A información foi extraída do libro Pioneiras da escritora Anair Rodríguez unha obra co que podemos coñecer a algunhas mulleres galegas que abriron camiño para outras en diversos ámbitos considerados masculinos.

Tamén colocaron un cartel coas cifras sobre a realidade feminina no mercado laboral correspondentes ao ano 2017.
A exposición quedou moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario